Dolors Aleu Riera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDolors Aleu Riera

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (ca) Dolors Aleu i Riera Editar o valor em Wikidata
7 de abril de 1857 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 19 de febreiro de 1913 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Barcelona, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion medica Editar o valor em Wikidata
Empregador Academia per a la Il·lustracio de la Dona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua catala e lingua castela Editar o valor em Wikidata

Dolors Aleu Riera , nada en Barcelona o 7 de abril de 1857 e finada na mesma cidade o 18 de febreiro de 1913 , foi unha medica espanola, a primeira muller licenciada en Medicina e Cirurxia de Espana, en 1882, e a segunda en obter o titulo de doutora. [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ]

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Dolores Aleu no seu despacho.

Filla unica da familia Aleu e Riera, comezou os estudos de Medicina na Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona, en setembro de 1874 [ 4 ] , finalizandoos en 1879 . Non puido facer o exame de licenciatura ata tres anos despois, cando lle concederon o permiso para presentarse, o 4 de abril de 1882, examinandose o 19 de xuno dese mesmo ano e obtendo o aprobado con nota de excelente.

Doutorouse en Madrid o 8 de outubro de 1882 , catro dias despois de que o fixera Martina Castells Ballespi (1852-1884). Titulou a sua tese de doutoramento como " De la necesidad de encaminar por nueva senda la educacion higienico-moral de la mujer ". [ 2 ] Posteriormente se especializou en Xinecoloxia e Pediatria .

Dolors Aleu foi a unica que exerceu a sua profesion das tres primeiras mulleres que estudaron medicina en Espana, e as tres catalas. Tivo consulta aberta en Barcelona durante 25 anos. Non foi asi con Martina Castells, que morreu antes de poder exercer, nin con Elena Maseras (1853-1905), que se dedicou o ensino.

Durante o seu exercicio profesional foi tamen profesora de hixiene domestica na Academia para a Ilustracion da Muller, en Barcelona.

Portada da sua tese.

Tamen escribiu alguns textos de caracter divulgativo, dirixidos a mellorar a calidade de vida das mulleres, especialmente no eido da maternidade , como " Consellos a unha nai sobre o rexime, limpeza, vestidos, sono, exercicio e entretemento dos meninos ". Nos seus escritos criticaba, entre outros aspectos, as obrigas que as normas morais e esteticas da epoca imponian as mulleres sobre a forma de vestir: " A peza de roupa que mais dano causa no corpo da muller e o corse . Levase moi apertado, para aumentar a delgadez do corpo. ¡Como se o delgado fose equivalente do fermoso! ". Recollia tamen a confesion dalgunha das suas pacientes, que levaban anos enfermas sen acudir o medico, de que deixarian pasar mais anos se non tivesen ocasion de consultarse cunha muller.

Casou en 1883 con Camilo Cuyas Marti, axente de bolsa barcelones, e tivo dous fillos, Juan e Camilo.

Morreu o 18 de febreiro de 1913, a idade de 56 anos.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "La primera medica espanola" . La Vanguardia (en castelan ) . 2018-04-01 . Consultado o 2021-09-12 .  
  2. 2,0 2,1 Aleu i Riera, Dolors (1882-10-16). "De la necesidad de encaminar por nueva senda la educacion higienico-moral de la mujer" . Universitat de Barcelona.  
  3. "Aleu Riera, Dolors ≪ Web de cientifics catalans" . Web de cientifics catalans (en castelan ) . Consultado o 2021-09-12 .  
  4. As mulleres foron autorizadas a realizar estudos universitarios en 1872.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]