Alfonso Armada Comyn
, nado en
Madrid
o
12 de febreiro
de
1920
e finado na mesma cidade o
1 de decembro
de
2013
,
[
1
]
foi un
ex militar
espanol
, que alcanzou notoriedade pola sua participacion no intento de
golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981
. Ostentaba o titulo de
marques de Santa Cruz de Rivadulla
.
Fillo de Luis Gonzaga de Armada y de los Rios Enriquez, VII
Marques de Santa Cruz de Rivadulla
, Xeneral de Artillaria, e Maria del Rosario Comyn y Allendesalazar, filla dos
condes de Albiz
,
[
2
]
aos 16 anos alistouse no exercito.
Durante a
guerra civil
, na que combateu no
bando nacional
, na arma de artillaria, foi destinado as frontes de
Madrid
,
Andalucia
,
Guadalajara
,
Teruel
e
Valencia
.
Durante a
Segunda guerra mundial
combateu coa
Division Azul
no sitio de
Leningrado
, onde coincidiu con
Jaime Milans del Bosch
.
[
1
]
En
1945
, como comandante, foi instrutor en varias escolas
militares
. Foi profesor do futuro rei
Juan Carlos
, convertendose nun dos seus mellores amigos e conselleiros. Chegou a ser membro do Estado Maior Central.
Outro dos seus labores foi como secretario xeral da Casa do Rei, posto que ocupou durante 17 anos. Poren, os seus enfrontamentos co presidente do Goberno,
Adolfo Suarez
, e do feito de que enviara cartas con selo da Casa Real pedindo o voto para
Alianza Popular
nas eleccions de 1977, fixeron que fose relevado.
[
3
]
Da secretaria do monarca pasou a ser profesor principal da Escola Superior do Exercito e, despois, gobernador militar de
Lleida
. Pouco antes do golpe de Estado do
23 de febreiro
de
1981
, o dia 12 do mesmo mes e ano, Armada asumiu o cargo de segundo xefe do Estado Maior do Exercito.
Esta traxectoria viuse truncada o 23-F, ao ser un dos principais participantes do intento de
golpe de Estado
. Segundo os plans dos golpistas, sobre Armada deberia recaer a presidencia do goberno que dirixiria o pais se o intento de golpe non fracasara. Ainda que non con total seguridade, crese que el era o
"elefante branco"
que esperaban os golpistas no
Congreso dos Deputados
.
[
1
]
[
4
]
Descubriuse que estaba implicado cando se ofreceu ao Xefe do Estado Maior do Exercito, o
xeneral Gabeiras
, para ir en persoa ao Congreso a proponer a
Tejero
unha saida: o seu ofrecemento para presidir un goberno civico-militar con presenza de lideres politicos. Tejero negouse rotundamente a que entrasen politicos civis ou comunistas no goberno e ai empezou o fin do golpe.
O
22 de abril
de
1983
, o
Tribunal Supremo
impuxolle unha condena de 30 anos de carcere e perda de emprego, cumprindo a sua pena na prision de Alcala Meco. O
24 de decembro
de
1988
, o Goberno indultouno alegando razons de saude e que o reo acataba a
Constitucion Espanola
.
Logo da sua saida de prision viviu entre o seu domicilio de Madrid e o seu
pazo
de
Santa Cruz de Ribadulla
, no concello de
Vedra
.
Actores que interpretaron a sua persoa
[
editar
|
editar a fonte
]
- Busquets, Julio; Miguel A. Aguilar e Ignacio Puche (1981):
El golpe. Anatomia y claves del asalto al Congreso
. Barcelona: Editorial Ariel.
ISBN 84 344 2493 2
.
- Carcedo, Diego (2001):
23-F: Los cabos sueltos
. Barcelona: Temas de Hoy.
ISBN 978-84-8460-083-1
.
- Fernandez Lopez, Javier (2003):
Miltares contra el Estado
. Madrid: Taurus, 2003.
ISBN 84-306-0495-2
.
- Oneto, Jose (2011):
23-F: 30 anos despues.
Barcelona: Ediciones B.
ISBN 978-84-666-4812-7
.
- Palacios, Jesus (2001):
El golpe de CESID
. Barcelona: Planeta.
ISBN 978-84-08-03821-4
.
- Prieto, Joaquin e Jose Luis Barberia (1999):
El enigma del elefante. Una invetigacion sobre el 23-F
. Madrid: El Pais /Agular
ISBN 978-84-03-59153-0
- Urbano, Pilar (1982):
Con la venia... yo indague el 23-F.
Barcelona: Editorial Argos Vergara.
ISBN 84-7178-434-3