한국   대만   중국   일본 
Xose de Calasanz - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xose de Calasanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXose de Calasanz

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (es) Jose de Calasanz y Gaston Editar o valor em Wikidata
11 de setembro de 1556 Editar o valor em Wikidata
Peralta de la Sal (Reino de Aragon) Editar o valor em Wikidata
Morte 25 de agosto de 1648 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura San Pantaleo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Superior Xeral da Orde dos Pobres Clerigos Regulares da Nai de Deus dos Colexios Pios
1622 ? 1646
← sen valor ? Juan Garcia del Castillo  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino de Aragon Editar o valor em Wikidata
Relixion Catolico romano Editar o valor em Wikidata
Educacion Studium Generale de Lleida (en) Traducir
Studium Generale de Valencia (en) Traducir
Universidade de Alcala (historica) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion sacerdote catolico , fundador de orde ou congregacion , teologo , pedagogo , clerigo regular Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela , lingua latina , Grego antigo e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosa Escolapios (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 25 de agosto Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1036344
La ultima comunion de San Jose de Calasanz , de Goya .

Xose de Calasanz , nado en Peralta de la Sal o 31 de xullo de 1557 e morto en Roma o 25 de agosto de 1648 , foi un pedagogo, relixioso e santo aragones que fundou escolas destinadas a educacion de nenos marxinados.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo dos infanzons Pedro de Calasanz e Maria Gaston, foi o setimo e derradeiro dos seus fillos. Estudou Dereito , Filosofia e Teoloxia nas universidades de Lleida , Valencia e Alcala de Henares . Coa oposicion do seu pai, ordeonuse sacerdote en 1583 e desempenou responsabilidades administrativas na diocese de Albarracin, Lleida e a La Seu d'Urgell . En 1592, trasladouse a Roma para medrar na carreira eclesiastica sendo preceptor dos sobrinos do cardeal Marco Antonio Colonna, pero ali descubriu a dura realidade social do Trastevere . Impactado, abandonou as suas ambicions e adicou os seus esforzos a educacion dos nenos que ali vivian na marxinacion, na fame e na pobreza.

A sua primeira escola abriuna na parroquia de Santa Dorotea de Trastevere, que funcionou de xeito innovador como unha escola publica e gratuita. Despois trasladouse a San Pantaleon. Desta iniciativa nacerian as conecidas como Escolas Pias e a Orde de Clerigos Regulares Pobres ou pais escolapios. Xose de Calasanz ensaiou novos metodos pedagoxicos para o estimulo e perfeccionamento na formacion dos rapaces. Traduciu textos as linguas vernaculas acabando co monopolio do latin no ensino. Preocupouse tamen pola formacion fisica e a hixiene dos seus pupilos.

O seu interese pola ciencia propiciou a sua amizade con Galileo , vencello que non se truncou cando este foi condenado pola Igrexa. Cando en 1637 Galileo perdeu a vista, envioulle como secretario ao escolapio Clemente Settimi. Tamen tivo unha estreita relacion co poeta e filosofo Tommaso Campanela que defendia unha sociedade comunista e se afastaba do pensamento escolastico, polo que foi apreixado e condenado pola Santo Oficio .

As frecuentes inundacions polas crecidas do Tiber e as nulas condicions hixienicas facian aumentar a peste e outras doenzas nos suburbios. Ali tamen realizou unha obra de coidado e atencion de enfermos para o que contou con colaboradores como Camilo de Lelis (San Camilo), que dirixia un grupo de voluntarios que exponian a sua vida ao contaxio por mor de alimentar e sandar aos apestados.

A orde espallouse por Europa occidental e acollia tamen a nenos de familias xudias e protestantes, encontrando oposicion nas clases acomodadas e sectores da xerarquia eclesiastica. Determinadas acusacions acabaron coa sua destitucion. Foi apreixado e interrogado pola Inquisicion que o meteu na cadea. Substituino o seu acusador o padre Stefano Cherubini que tina estreitas relacions no Vaticano , pero a sua congregacion acabou sendo disolta na practica polo papa Inocencio X .

Despois da sua morte rehabilitariase a sua figura. O papa Alexandre VII volveu a autorizar as escolas pias. Foi canonizado por Clemente XIII .

Hoxe existen escolas pias en Asia, Africa e America. Pio XII proclamouno patron das escolas cristians, o que se conmemora o 27 de novembro. A sua festa celebrase o 25 de agosto .