Xose Perez Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXose Perez Ballesteros

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 30 de xuno de 1833 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 30 de outubro de 1918 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio de S. Amaro  
Cargos
Tesoureiro da RAG.
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Formacion profesional Dereito, Filosofia e Letras
Educacion Universidade de Santiago
Actividade
Ocupacion escritor , autor Editar o valor em Wikidata
Empregador El Folk-Lore Gallego
Real Academia Galega
Membro de
Lingua Lingua galega e lingua castela Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 5874 BUSC: perez-ballesteros-jose-1833-1918

Xose Perez Ballesteros , nado en Santiago de Compostela o 30 de xuno de 1833 e finado na Coruna o 30 de outubro de 1918 , foi un escritor en lingua galega e lingua castela , e investigador do folclore galego do rexurdimento , que participou no labor cultural do provincialismo e do rexionalismo , un dos corenta fundadores e primeiro tesoureiro da Real Academia Galega , considerado como un dos precursores . A sua obra mais destacada foi a edicion, en tres tomos, do Cancionero popular gallego (1885-1886).

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Cursou as carreiras de Dereito e Filosofia e Letras na Universidade de Santiago de Compostela , acabando por doutorarse na primeira delas en 1859 , cunha tese sobre o concilio de Trento , que presentou na Universidade Central madrilena.

En 1862 participou na colectanea poetica do Album de la Caridad , cunha soa obra "Un sono", que databa de 1853 .

En 1865 aprobou por oposicion a catedra de Loxica , Psicoloxia e Etica , que exerceu no Instituto de bacharelato da Coruna . En 1878 pasou a ostentar o cargo de director de dito centro de estudos, no que permaneceu ate a sua xubilacion . Nese mesmo ano de 1878, publica o seu primeiro libro de poesias: Versos en dialecto gallego .

Ao ser fundada a sociedade El Folk-Lore Gallego na cidade herculina, o 25 de febreiro de 1884 , que presidiu Emilia Pardo Bazan , Perez Ballesteros ingresou nela como vogal da xunta directiva. [ 1 ] Nese mesmo ano dedicaria a dita asociacion a primeira escolma de entidade sobre a cantiga galega, o Cancionero popular gallego , publicado nos dous anos seguintes.

Nos anos sucesivos, desde un punto de vista creativo, publicou so outro libro poetico, Foguetes ( 1888 ), e, de resto, composicions soltas, que apareceron en diversos xornais e revistas, como Almanaque Gallego , El Heraldo Gallego de Ourense , La Ilustracion Gallega y Asturiana , Galicia Humoristica , Galicia. Revista Regional , O Galiciano , Revista de Galicia ou Revista Gallega da Coruna, en A Monteira de Lugo etc. [ 1 ] Colaborou con catro poemas na edicion poliglota de Lo Gayter del Llobregat (1888-89) de Joaquim Rubio i Ors , [ 2 ] na que participaron outros cinco escritores galegos. Publicou tamen alguns artigos de temas linguisticos e literarios.

Ballesteros foi un dos asiduos dos faladoiros da corunesa Cova Celtica , a animada e erudita trastenda galeguista de entre seculos, radicada na libraria de Uxio Carre Aldao . En 1905 , Perez Ballesteros formou parte da comision con representantes de toda Galiza, que segundo encomenda de Manuel Curros Enriquez desde Cuba , deberia encargarse de organizar a Academia Galega ; Ballesteros, xunto con Manuel Murguia , era o representante da provincia da Coruna . Pouco tempo despois, Perez Ballesteros foi un dos corenta membros fundadores da Real Academia Galega, da que foi o seu primeiro tesoureiro.

Obra [ editar | editar a fonte ]

Album de la Caridad . Juegos Florales de La Coruna en 1861 . [ 3 ]

Creacion literaria [ editar | editar a fonte ]

  • Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces . [ 4 ] Madrid. P. Calleja y Compania, Editores. 1878, con prologo de Juan Antonio Saco y Arce .
  • Foguetes . [ 5 ] A Coruna. Andres Martinez Salazar Editor. 1888.

Investigacion [ editar | editar a fonte ]

Artigos diversos [ editar | editar a fonte ]

  • Un descubrimiento zoologico del Sr. Lopez Seoane , na revista La Ilustracion Gallega y Asturiana , nº 9, 28-III-1881.
  • Cuestion gramatical: conto , na revista Galicia , nº 5. A Coruna. 1888.
  • Indicaciones acerca de la Prosodia y Ortografia gallegas , na revista Galicia , nº 8. A Coruna. 1888.

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]