한국   대만   중국   일본 
Xenocidio asirio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xenocidio asirio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O xenocidio asirio (tamen conecido como Saifo , en siriaco : ???? ???? ?????? ou siriaco : ???? ) refirese ao exterminio masivo da poboacion de etnia asiria do Imperio Otoman durante a primeira guerra mundial , en paralelo co xenocidio armenio e co xenocidio grego . [ 1 ] [ 2 ]

A poboacion civil asiria da alta Mesopotamia (a rexion de Tur Abdin , as provincias de Hakkari , Van e Siirt da Turquia actual, e a rexion de Urmia no noroeste de Iran ) foi forzosamente desprazada e masacrada polo exercito otoman musulman e por outras milicias aliadas musulmas ( kurdas , chechenas e circasianas ) entre 1914 e 1920 , e sufriu ainda mais ataques por parte de diversas milicias arabes . [ 1 ]

As estimacions sobre o numero total de mortes varian. Baseandose en detalladas estatisticas dos fieis das diferentes Igrexas posteriores o xenocidio, David Gaunt acepta o numero de 275.000 mortes do Tratado de Lausana e estima que o numero total teria sido de 300.000 por mor de que non se tiveran en conta un numero indeterminado de areas de maioria asiria, constituindo a cifra total a eliminacion da metade do pobo asirio . [ 3 ]

O xenocidio asirio tivo lugar no mesmo contexto que os xenocidios armenio e grego . [ 4 ] Nestes eventos, preto de tres millons de cristians siriacos , armenios e gregos foron asasinados polo rexime dos Mozos Turcos . [ 1 ] Ao ter lugar o xenocidio dos asirios no contexto do mais difundido xenocidio armenio, os estudos tratandoo de xeito separado son escasos, coa excepcion dos traballos de David Gaunt e Hannibal Travis. [ 2 ]

En 2007, a International Association of Genocide Scholars ( IAGS , Asociacion Internacional de Academicos dos Xenocidios ) acadou o consenso de que "a campana otoma contra as minorias cristias do Imperio entre 1914 e 1923 constituiu un xenocidio contra armenios, asirios, e gregos ponticos e anatolios. [ 5 ] A IAGS fixo referencia aos traballos de Gaunt e Travis ao aprobar esta resolucion. [ 6 ] Gregory Stanton, presidente do IAGS entre 2007 e 2008 e fundador de Genocide Watch , apoiou a "repudia polos principais academicos dos xenocidios do mundo da negacion por noventa anos do goberno turco dos xenocidios do Imperio Otoman contra as suas poboacions cristias, incluindo aos asirios, gregos e armenios." [ 7 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 Travis, Hannibal (2010). Carolina Academic Press, ed. Genocide in the Middle East: The Ottoman Empire, Iraq, and Sudan . Durham, NC. pp. 237?277, 293?294.   .
  2. 2,0 2,1 Khosoreva, Anahit (2007). "The Assyrian Genocide in the Ottoman Empire and Adjacent Territories". En Transaction Publishers. The Armenian Genocide: Cultural and Ethical Legacies . New Brunswick, NJ. pp. 267?274. ISBN   1-4128-0619-4 .   .
  3. David Gaunt, "The Assyrian Genocide of 1915" , Assyrian Genocide Research Center , 2009
  4. Schaller , Dominik J. ; Zimmerer , Jurgen (2013). Routledge, ed. Late Ottoman Genocides: The Dissolution of the Ottoman Empire and Young Turkish population and extermination policies . ISBN   9781317990451 .  
  5. Genocide Scholars Association Officially Recognizes Assyrian Greek Genocides. 16 December 2007. Retrieved 2010-02-02 Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine ..
  6. Notes on Genocides of Christian Populations of the Ottoman Empire
  7. [1]