William Herschel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Herschel
Biografia
Nacemento (de) Friedrich Wilhelm Herschel Editar o valor em Wikidata
15 de novembro de 1738
Hannover (Sacro Imperio Romano Xermanico) Editar o valor em Wikidata
Morte 25 de agosto de 1822 (83 anos)
Slough , Berkshire
Lugar de sepultura Church of St Laurence, Upton-cum-Chalvey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da Royal Astronomical Society (pt) Traducir
1821 ? 1823 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Observatory House (en) Traducir (1786?)
Old Windsor (pt) Traducir (1785?1786)
Datchet (pt) Traducir (1782?1785)
Bath (1766?1782)
Inglaterra (1757?) Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade alema,posteriormente britanica
Relixion Luteranismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Conecido por descubridor do planeta Urano
Actividade
Campo de traballo astronomia e musica
Ocupacion astronomo (1774?) , musico (1753?1781) , oboista (pt) Traducir , compositor , fisico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Profesores Nevil Maskelyne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alumnos John Herschel e Caroline Lucretia Herschel Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Conflito Guerra dos Sete Anos Editar o valor em Wikidata
Instrumento Organo , oboe e violin Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Conxuxe Mary Baldwin (1788?)
Fillos John Herschel Editar o valor em Wikidata
Pais Isaac Herschel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Anna Ilse Moritzen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Alexander Herschel (en) Traducir e Caroline Lucretia Herschel Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 07c4274b-e217-4652-b50f-eb398c3fc9d4 Discogs: 2954095 IMSLP: Category:Herschel,_William WikiTree: Herschel-9 Find a Grave: 7071 Editar o valor em Wikidata

Friedrich Wilhelm Herschel , nado en Hannover o 15 de novembro de 1738 e finado en Slough ( Berkshire ) o 25 de agosto de 1822 , foi un astronomo aleman , descubridor do planeta Urano e doutros numerosos obxectos celestes.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Friedrich W. Herschel naceu do matrimonio formado polo musico militar Issak Herschel e Anna Ilse Moritzen. Influido polos seus pais, Friedrich estudou musica e converteuse nun competente interprete de oboe , unindose ao seu pai e ao seu irman Jacob na banda do Rexemento de Gardas de Infantaria.

En 1757 participou na Batalla de Hastenbeck entre Francia e Hannover durante a guerra dos Sete Anos , e os mais de 5.000 mortos que presenciou causaronlle unha fonda impresion, que o levou a afastarse do seu pais natal e asentar co seu irman en Inglaterra . Jacob decidiu regresar a Hannover despois de dous anos, pero Friedrich Wilhelm (ao cal os ingleses chamaban agora "William", nome que o acompanaria para sempre) preferiu quedar.

De mozo Herschel profundou en Inglaterra os seus estudos musicais: converteuse en profesor primeiro, en organista en Halifax ( 1765 ) e ao ano seguinte era xa director de orquestra en Bath .

En 1772 a sua irma Caroline foi vivir con el en Bath. Foi enton cando ocorreu o episodio que cambiaria a vida de William: o 10 de maio de 1773 mercou un libro ( Astronomia de Ferguson) e enamorouse para sempre da ciencia dos ceos.

Observacion e construcion [ editar | editar a fonte ]

Herschel comezou dende o principio a calcular, desenar e construir os seus propios telescopios . Menos dun ano despois de mercar o libro de Ferguson, Herschel calculaba e pulia xa os mais perfectos e poderosos espellos de todo o mundo, porque comprendeu enseguida que o futuro dependia dos telescopios reflectores e non dos refractores.

Mentres construia os instrumentos observaba os ceos. En febreiro de 1774 observou a nebulosa de Orion, descuberta en 1610 . O 13 de marzo de 1781 Herschel observou un obxecto non rexistrado, que a primeira vista parecia un cometa. Estudandoo con coidado conseguiu determinar que en realidade se trataba dun novo planeta.

Urano [ editar | editar a fonte ]

Herschel descubrira o obxecto probando o seu telescopio reflector de seis polgadas, que acababa de construir. Apuntarao cara a constelacion de Xemini e observara unha estrela que non se suponia que estivese ali. A potencia do seu instrumento, parecia posuir un disco planetario (de ai a confusion cun cometa ). Brillaba cunha cor amarela e desprazabase lentamente.

Observandoo noite tras noite, Herschel chegou a conclusion de que descubrira o setimo planeta do Sistema Solar . Pediu a outros astronomos que confirmasen o seu diagnostico, e todos estiveron de acordo con el: existia un novo planeta situado ao dobre da distancia de Saturno .

A cuestion do nome [ editar | editar a fonte ]

Poner nome a un obxecto astronomico e privilexio do seu descubridor e Herschel bautizou o planeta co curioso nome de Georgius Sidus ("Planexa Xurxo"), nunha estrana homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido que acababa de perder todas as suas posesions en America do Norte pola independencia estadounidense de 1776 .

O "Planeta Xurxo" seguiu chamandose asi ata ben entrado o seculo XIX , a pesar da oposicion do astronomo Johann Elert Bode , que insistia en que Herschel debia continuar coa tradicion mitoloxica. Se os nomes dos planetas contiguos eran Marte , Xupiter e Saturno , o que acababa de chegar debia bautizarse como Urano. Bode xustificaba o seu punto de vista en que se debia continuar a secuencia xenealoxica: neto, pai e avo. O bisavo (pai de Saturno) era Urano, que axeitadamente personificaba o ceo estrelado.

E curioso que Bode insistise tanto en facer cambiar o nome de Urano por un contemplado nas convencions, xa que el mesmo acostumaba a bautizar os seus descubrimentos con nomes moito mais extravagantes que "Xurxo". Asi, chamou a certas constelacions "O Gato", "O Aparato Quimico", "Globo Aerostatico" e "Oficina Tipografica". O caso extremo produciuse ao bautizar como Bode unha constelacion co nome de "As Honras de Federico" en honra ao emperador de Alemana . O astronomo frances Lalande propuxo, pola sua parte, bautizar o planeta como "Herschel", ainda que a idea que perdurou foi a de Bode.

Ainda que en 1827 o nome de Urano xa era moi usual en Inglaterra , ata 1850 o Almanaque Nautico britanico seguiu chamando ao planeta "Xurxo" na suas efemerides astronomicas. Finalmente o astronomo John Adams (que erroneamente se atribuiria o descubrimento de Neptuno ) conseguiu convencer os editores do Almanaque para que o cambiasen polo nome actual.

Observacions anteriores de Neptuno [ editar | editar a fonte ]

Como se da o feito de que, baixo certas condicions, Urano e visible a simple vista, e moi probable que fose divisado xa na Prehistoria ou na Antiguidade , circunstancia que non quedou rexistrada. Galileo observouno en 1612 durante unha conxuncion con Xupiter , anotandoo como un satelite galileano deste ultimo. Tamen o Astronomo Real Sir John Flamsteed catalogou en 1690 a Neptuno como unha estrela na constelacion de Tauro a que chamou 34 Tauri. Alguns anos mais tarde, o frances Le Monier observou a Urano durante oito noites completas, pero nunca acertou a notar o seu movemento planetario. Outros dezaoito astronomos tamen anotaron o planeta nos seus catalogos, pero sempre confundindoo cunha estrela fixa. Estas observacions serviron ao longo do seculo XX para determinar mellor a orbita de Neptuno .

Os obxectos de espazo profundo [ editar | editar a fonte ]

O rei Xurxo premiou a Herschel polo seu descubrimento de Urano nomeandoo membro da Real Sociedade de Ciencias. Grazas ao salario que este nomeamento lle procuraba, o astronomo puido abandonar definitivamente a musica como medio de vida e dedicarse exclusivamente a astronomia. Efectuaba mais e mellores observacions (sempre asistido pola sua irma Caroline, a que transmitira o seu interese pola astronomia), e comezou a construir instrumentos cada vez mais potentes e evolucionados.

En 1782 xa ostentaba o titulo de Astronomo Real da Corte, cando un amigo que conecera na Real Sociedade, William Watson , lle regalou un Catalogo de Messier , que estimulou o interese de Herschel polas nebulosas e os cumulos , chamados en conxunto "obxectos de espazo profundo". No mes de agosto de 1782 , Herschel comezou a investigar os obxectos descritos no libro cos seus telescopios, mais poderosos que os que o propio Charles Messier , autor do catalogo, usou. Para setembro, convencerase de que o libro so contina unha infima parte dos obxectos de espazo profundo existentes na realidade, polo que decidiu dedicarse a unha minuciosa, extensa e sistematica busca en todas as partes do ceo visible dende o seu observatorio.

O proceso comezou o 23 de outubro de 1783 , coa axuda de Caroline e utilizando o seu refractor de 157 aumentos e campo de 15´ e 4" de arco. Cinco dias mais tarde fixo o seu primeiro descubrimento: NGC 7184 , unha pequena galaxia na [[ constelacion de Acuario , de magnitude 11,2. No seu propio catalogo chamoulle "H II.1". A este descubrimento seguiron outros, a unha velocidade tal que so pode atribuirse a calidade dos seus instrumentos: nun ano e medio descubriu 1.000 novos obxectos de espazo profundo, que publicou nunha lista no seu propio catalogo de 1786 . En 1789 descubrira xa outros 1.000, e 500 mais en 1802 . Tempo despois agregou outros 14. Asi, nun lapso de menos de duas decadas, Herschel descubriu 2.514 novos obxectos de espazo profundo, entre os que se contan cumulos globulares , nebulosas e galaxias .