Victor F. Freixanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictor F. Freixanes

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (es) Victor Fernandez Freixanes Editar o valor em Wikidata
24 de agosto de 1951
Pontevedra, Espana Editar o valor em Wikidata
14º Presidente da Real Academia Galega
2017 ?
←  Xesus Alonso Montero Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion Presidente da Real Academia Galega
Membro de
Xenero artistico Narrativa
Lingua Lingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de xuno de 2018 manifesto ≪Renovar el pacte constitucional≫ (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe Maria Dolores Cabrera Iglesias
Fillos Denis Fernandez Cabrera Editar o valor em Wikidata
Irmans Xose Freixanes Editar o valor em Wikidata
Premios
Modesto R. Figueiredo en 1978
Blanco Amor en 1982

Facebook: victor.f.freixanes Bitraga: 142 AELG: 232 Dialnet: 13994 Editar o valor em Wikidata

Victor Fernandez Freixanes [ 1 ] , mais conecido como Victor Freixanes ou Victor F. Freixanes , nado o 24 de agosto de 1951 [ 2 ] [ 3 ] en Pontevedra , [ 4 ] e un xornalista, editor e escritor galego. E irman do pintor Xose Freixanes . En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega . [ 5 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Formacion e escrita [ editar | editar a fonte ]

Freixanes en 2009.
Victor Freixanes e Juan Manuel Lema Rodicio , senllos presidentes da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Ciencias en 2023 .

Fillo de Victor Fernandez Barcia. Licenciado en filoloxia romanica en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela . Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo . Desde enton iniciou un intenso labor xornalistico en prensa, radio e television. En 1976 saiu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos , un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido . Ganou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas . Con O triangulo inscrito na circunferencia ( 1982 ) ganou o premio Blanco Amor . O enxoval da noiva ( 1988 ) e A cidade dos cesares ( 1993 ) son outras duas novelas salientables de Freixanes.

Actividades [ editar | editar a fonte ]

Catedratico de Lingua e Literatura Galega (1ª promocion de 1981), exerceu a docencia en secundaria e despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Comunicacion da Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor e conferenciante invitado en varias universidades estranxeiras: The Graduate Schooland University Center de Nova York , Forham University de NY, Universidade de Tamaulipas (Mexico) etc., e relator de seminarios arredor da edicion en feiras internacionais ( Buenos Aires ). [ 6 ]

Colaborador habitual de medios de comunicacion como La Voz de Galicia , tamen presentou na Television de Galicia o programa dedicado aos libros e a literatura A Trabe de Ouro (1986-1987). Foi cofundador de Teima (1976), redactor entre 1974 e 1980 de Radio Popular de Vigo, onde activou a presenza do idioma galego. Nesa mesma epoca foi correspondente do xornal Informaciones para Galicia e norte de Portugal. [ 6 ]

E membro do plenario do Consello da Cultura Galega , Seccion de Lingua, Literatura e Comunicacion. Presidiu a Fundacion Otero Pedrayo (2005-2017), da que e na actualidade presidente de honra. Foi membro do Patronato da Fundacion German Sanchez Ruiperez participando na creacion da Casa del Lector ( Madrid , 2010). [ 6 ]

E codirector da revista Grial (Revista Galega de Cultura), xunto con Henrique Monteagudo .

No ambito empresarial, foi director xeral de edicions Xerais ( 1988 - 1993 ), director de edicions do Grupo Anaya e de Alianza Editorial (1994-1998), e foi director xeral da editorial Galaxia de 2002 [ 7 ] a 2016 [ 8 ] . Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto ≪Galicia. Unha luz no Atlantico≫, cunha nova tipoloxia editorial que mostra unha ampla e variada vision historica de Galicia. [ 9 ]

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de febreiro de 2004 co discurso Desafios para un novo seculo. Entre a Trabe de Ouro e a Paxarina de Armenteira , respondido por Anton Santamarina Fernandez , ocupando a cadeira de Carlos Casares , tamen editor e escritor. [ 4 ] Preside a RAG desde o 28 de marzo de 2017 . Substituiu no cargo ao profesor e escritor Xesus Alonso Montero , quen non se presentou a reeleccion.

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Casado con Maria Dolores Cabrera Iglesias, e pai de Diniz Cabreira e mais de Tristan Fernandez Cabrera [ 10 ] .

Obras [ editar | editar a fonte ]

A cidade dos Cesares foi incluida na Biblioteca Galega 120 .

Ensaio [ editar | editar a fonte ]

Narrativa [ editar | editar a fonte ]

Traducions [ editar | editar a fonte ]

Obras colectivas [ editar | editar a fonte ]

Victor Freixanes, Camilo Nogueira , Ana Gandon e Fernando Martinez Randulfe en 2016.

Premios [ editar | editar a fonte ]

Xaime Toxo , Francisco Castro , Freixanes, Fina Casalderrey e Xesus Alonso Montero , na presentacion da reedicion de Unha ducia de galegos , en Pontevedra o 8/10/2017

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "A efectos da fala, Feijoo e Feixoo" . Nos Diario . 22 de abril de 2018.  
  2. "Victor F. Freixanes" . Biblioteca Virtual Galega . Consultado o 24 de agosto de 2023 .  
  3. "Victor Freixanes" . www.aelg.gal . Consultado o 24 de agosto de 2023 .  
  4. 4,0 4,1 "Victor Fernandez Freixanes Galegos Gallegos" . galegos.galiciadigital.com . Consultado o 2022-06-20 .  
  5. Pardo, Miguel (28 de marzo de 2017). "Freixanes, elixido novo presidente da RAG, apela a "unidade" e reivindica o "continuismo " " . Praza Publica . Consultado o 29 de marzo de 2017 .  
  6. 6,0 6,1 6,2 "Membro" . Real Academia Galega . Consultado o 2022-06-20 .  
  7. "A historia de Galaxia" . Editorial Galaxia . Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2018 . Consultado o 2018-06-30 .  
  8. Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia , nova na paxina web da Editorial Galaxia.
  9. "autor/a A Editorial Xerais" . www.xerais.gal . Consultado o 2022-06-20 .  
  10. Barrera, Feliciano , ed. (2002). "Fernandez Freixanes, Victor". Gallegos. Quien es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelan ) . Santiago de Compostela: El Correo Gallego . p. 202. ISBN   84-8064-113-4 .  
  11. "Editorial Galaxia Unha ducia de galegos" . Editorial Galaxia . Consultado o 2022-06-20 .  
  12. "Ficha do libro Editorial Xerais" . www.xerais.gal . Consultado o 2022-06-20 .  
  13. "El triangulo inscrito en la circunferencia" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 08 de xuno de 2020 . Consultado o 2019-11-03 .  
  14. "Editorial Galaxia O Triangulo inscrito na Circunferencia" . Editorial Galaxia . Consultado o 2022-06-20 .  
  15. Requeixo, Armando (xullo, agosto, setembro 2022). "Volver a Cidade dos Cesares". Grial LX (235): 76?77. ISSN   0017-4181 .  
  16. "Caballo de Oros" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 05 de xuno de 2020 . Consultado o 2019-11-03 .  
  17. "Editorial Galaxia Victor F. Freixanes" . Editorial Galaxia . Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2022 . Consultado o 2022-06-20 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Predecesor:
  Xesus Alonso Montero  
 
  Presidente da Real Academia Galega  
 
Dende 2017
Sucesor:
?