한국   대만   중국   일본 
Umberto Eco - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Umberto Eco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUmberto Eco

(1984) Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 5 de xaneiro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Alessandria (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte 19 de febreiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Milan (Italia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte cancro de pancreas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Alessandria
Milan
Urbino Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Italia (1946?2016)
Reino de Italia (1932?1946) Editar o valor em Wikidata
Relixion Ateismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Turin - filosofia (?1954) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Filosofia medieval , Cultura de masas , Open text (en) Traducir, semioloxia , linguistica estrutural (pt) Traducir, literatura de non ficcion , novela historica , linguistica , semiotica , Italian literature (en) Traducir e critica literaria Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Bolona Editar o valor em Wikidata
Ocupacion filosofo , escritor , semiotico (pt) Traducir , critico literario , medievalista , especialista en literatura , profesor universitario , guionista , novelista , tradutor , ensaista , pedagogo , historiador Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1956 Editar o valor em Wikidata - 2012 Editar o valor em Wikidata
Empregador Universidade de Bolona
College de France (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Novela , ensaio
Alumnos Marco Belpoliti e Christos Thivaios (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudonimo literario Dedalus Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua italiana , lingua francesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe Renate Ramge (1962?)
Premios
Sinatura

Paxina web umbertoeco.it Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0248767 Allocine: 76428 Allmovie: p292685
BNE: XX1044144 Dialnet: 20854 Last fm: Umberto+Eco Musicbrainz: b7050d34-937c-4aa4-9291-66ed4d9c0f0e Discogs: 518283 Editar o valor em Wikidata

Umberto Eco , nado en Alessandria ( Piemonte ) o 5 de xaneiro de 1932 e finado en Roma o 19 de febreiro de 2016 , foi un profesor universitario e autor italiano de numerosos ensaios sobre semiotica , estetica medieval, comunicacion de masas , linguistica e filosofia , ainda que entre o grande publico e conecido especialmente polas suas novelas.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Doutorouse en 1954 pola Universidade de Turin cunha tese sobre Santo Tome de Aquino e a escolastica medieval. Traballou como profesor nas universidades de Turin, Florencia e Milan . Foi titular da catedra de Semiotica e director da Escola superior de Humanidades da Universidade de Bolona ; e secretario da Asociacion Internacional de Semiotica, que cofundou en 1969 . Interesouse polas vangardas (A obra aberta ; Opera Apert a, 1962 ), a cultura popular contemporanea ( Apocalipticos e integrados ; Apocalittici e integrati , 1964 ), a semiotica ( A estrutura ausente ; La struttura assente , 1968, Tratado de semiotica xeral; Trattato di semiotica generale , 1975 - texto fundamental), a teoria de recepcion ( Lector in fabula , 1979) ou Os limites da interpretacion ( I limiti dell'interpretazione , 1990). No Tratado presenta a sua famosa definicion de que o signo e "todo aquilo que pode ser usado para mentir".

A sua primeira novela, O nome da rosa ( 1980 ), [ 1 ] resultou un exito de vendas e critica a nivel mundial a pesar do seu contido denso en referencias e discusions eruditas. Nesta novela posmodernista , na que se mesturan o xenero policiaco, o historico e o filosofico, un monxe investiga unha serie de asasinatos relacionados coa biblioteca dun mosteiro que se converte no centro de herexias e controversias relixiosas medievais. Foi levada ao cine en 1986 por Jean-Jacques Annaud . Na sua segunda novela, O Pendulo de Foucault ( Il pendolo di Foucault , 1988 ), uns editores deciden inventar unha macro-conspiracion, construida a partir de teorias conspirativas clasicas, co resultado imprevisto de que se ven atrapados polo que crian que era so ficcion. En Baudolino ( 2000 ) mestura todos os mitos posibeis do medievo tardio nunha procura que vai mais ala do mundo conecido. A misteriosa chama da raina Loana ( La misteriosa fiamma della regina Loana , 2005 ) e o bildungsroman dun rapaz italiano durante o fascismo narrado cando, maior xa, tenta recuperar a memoria da sua identidade tras un accidente que so lle permite lembrarse do que leu.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "O nome da rosa" . bibliotraducion.uvigo.es . Consultado o 2022-01-26 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]