Ultradereita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A ultradereita [ 1 ] , extrema dereita ou dereita radical refirese, dentro do concepto da existencia dunha esquerda e dereita , ao mais elevado grao de dereitismo no espectro ideoloxico . A politica de extrema dereita envolve frecuentemente un foco na tradicion , real ou imaxinada, en oposicion as politicas e costumes que son considerados como reflexo do modernismo . Moitas ideoloxias de extrema dereita tenen desprezo ou desden polo igualitarismo , mesmo que non sempre expresan apoio explicito a xerarquia social , elementos de conservadorismo social e oposicion a maioria das formas de liberalismo e socialismo . Alguns grupos apoian unha forte ou completa estratificacion social e a supremacia de certos individuos ou grupos considerados naturalmente superiores. [ 2 ]

A defensa da ultradereita da supremacia basease no que seus adeptos ven como caracteristicas innatas de persoas que non poderian ser alteradas. [ 3 ] O centro-dereita , pola contra, alega que as persoas poden acabar coa sua inferioridade de comportamento a traves da mudanza dos seus habitos e escollas. [ 3 ]

O termo tamen utilizase para describir ideoloxias como o nazismo , [ 4 ] [ 5 ] o neonazismo , o fascismo , o neofascismo e outras ideoloxias ou organizacions que presente puntos de vista extremistas , nacionalistas , chauvinistas , xenofobos , racistas ou reacionarios , [ 6 ] que poden levar a opresion e violencia contra grupos de persoas en base a unha suposta inferioridade ou ameaza a nacion, Estado ou institucions sociais tradicionais ultraconservadoras. [ 7 ]

O populismo de dereita , unha ideoloxia politica que moitas veces combina laissez-faire , nacionalismo , etnocentrismo e antielitismo , describese moitas veces como de extrema-dereita. [ 8 ] [ 9 ] O populismo de dereita polo xeral envolve apelacions ao "home comun" e oposicion a inmigracion . [ 10 ] [ 11 ] Os defensores da teoria da ferradura interpretan o espectro de esquerda-dereita identificando a extrema-esquerda e a extrema-dereita, como tendo mais en comun entre si, como extremistas , do que cada un ten cos centristas moderados. [ 12 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

A sua orixe ideoloxica reside no pensamento contrarrevolucionario conservador de De Maistre do seculo XIX que reivindicaba a Idade Media como modelo, situando a ruptura en 1789 , cunha postura que se achegaba mais ao involucionismo .

Poren, o termo ultradereita ou extrema-dereita e relativamente moderno. Ten a sua orixe no lugar onde se sentaban no parlamento frances xurdido trala Revolucion francesa . Os monarquicos e os conservadores da epoca sentabanse sempre no lado dereito e os liberais no esquerdo. [ 13 ] O termo extrema dereita contraponse coa esquerda radical , e en certo modo e un movemento antagonico as ideas revolucionarias da esquerda. Nese contexto apareceron movementos contrarrevolucionarios de ultradereita, especialmente en Francia e Italia.

Na primeira metade do seculo XX , o fascismo e o nazismo foron protagonistas de traxicos episodios en Europa , mais acabaron sendo claramente derrotados trala segunda guerra mundial . As ideas que estes movementos representaban tiveron continuidade ao longo do tempo, como o Partido Nacionaldemocratico de Alemana (NPD) fundado en 1964 ou Falange Espanola , partido sucesor do fundado en 1933 por Jose Antonio Primo de Rivera , este ultimo cunhas ideas baseadas no fascismo italiano de Mussolini  con ideas nacionalsindicalistas .

Consideranse partidos de extrema dereita aqueles cuxo ideario se vinculou ideoloxicamente co fascismo. [ 14 ] a traves de referencias aos seus mitos e simbolos, ademais do seguimento do programa fascista. Tamen desenvolven un activo labor de deslexitimacion da democracia mediante unha oposicion antisistema, [ 15 ] ainda que tamen se incluen os grupos neonazis , cuxa inspiracion e a ideoloxia nazi (contraccion da palabra alema Nationalsozialistische , que significa 'nacional-socialista'). [ n. 1 ]

Galeria [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Historicamente fai referencia a todo o relacionado co rexime de Hitler quen gobernou Alemana de 1933 a 1945 coa chegada ao poder do Partido Nacionalsocialista Aleman dos Traballadores (NSDAP, Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei), e o autoproclamado Terceiro Reich e Austria a partir da Anschluss , asi como os demais territorios que o conformaron (Sudetes, Memel, Danzig e outras terras en Polonia, Francia, Checoslovaquia, Hungria, Holanda, Dinamarca e Noruega). A Alemana deste periodo conecese como a Alemana nazi .
  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ultradereita .
  2. Woshinsky, Oliver H., Explaining Politics: Culture, Institutions, and Political Behavior (Oxon, England; New York City, United States: Routledge, 2008) p. 154.
  3. 3,0 3,1 Woshinsky, Oliver H., Explaining Politics: Culture, Institutions, and Political Behavior (Oxon, England; New York City, United States: Routledge, 2008) pp. 154-155.
  4. Parlamento de Alemana , ed. (Marzo de 2006). "The political parties in the Weimar Republic" (PDF) . Consultado o 2 de marzo de 2017 . Following the failed Munich Beer Hall Putsch of 9 November 1923, Hitler’s arrest and imprisonment and a temporary ban on the party, the right-wing extremist NSDAP, which had tasted little electoral success before 1930, polling between 2.6% and 6.5% of the vote, switched to a pseudo-legal approach. The insecurity and social deprivation experienced by broad sections of the population offered considerable scope for the National Socialists’ antiSemitic and anti-capitalist agitation. In 1930 the NSDAP scored a resounding electoral success as its share of the vote rocketed to 18.3%. Now the second-largest parliamentary group in the Reichstag with 102 seats, the party was able not only to extend its subversive influence on the work of Parliament but also to enhance its own reputation among the middle classes on the right of the political spectrum.  
  5. Fritzsche, Peter. Germans into Nazis , Cambridge, Mass.: Harvard University Press, 1998; Eatwell, Roger, Fascism, A History , Viking-Penguin, 1996. pp. xvii-xxiv, 21, 26?31, 114?140, 352. Griffin, Roger , "Revolution from the Right: Fascism," in David Parker, ed., Revolutions and the Revolutionary Tradition in the West 1560-1991 , London: Routledge, 2000
  6. Carlisle, Rodney P., ed., The Encyclopedia of Politics: The Left and the Right, Volume 2: The Right (Thousand Oaks, California, United States; London, England; New Delhi, India: Sage Publications, 2005) p. 693.
  7. Hilliard, Robert L. and Michael C. Keith, Waves of Rancor: Tuning in the Radical Right (Armonk, New York: M.E. Sharpe, Inc., 1999) p. 38.
  8. Ware, Alan (1996). Political Parties and Party Systems . Oxford University Press. ISBN 978-0-19-878076-2 .
  9. Norris, Pippa (2005). Radical Right: Voters and Parties in the Electoral Market . Cambridge, England: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-84914-2 .
  10. Betz and Immerfall, pp. 4?5
  11. Baker, Peter (2016-05-28). "Rise of Donald Trump Tracks Growing Debate Over Global Fascism" . The New York Times . ISSN   0362-4331 . Consultado o 2016-06-07 .  
  12. William Safire. Safire's Political Dictionary . Oxford, England, UK: Oxford University Press, 2008. Pp. 385.
  13. "A Revolucion francesa" . Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015 . Consultado o 28 de setembro de 2017 .  
  14. E unha ideoloxia e un movemento politico caracterizado por defender un corporativismo estatal totalitario e unha economia dirixista.
  15. Jose Luis Rodriguez Jimenez, De la vieja a la nueva extrema derecha (pasando por la fascinacion por el fascismo) , Asociacion de Historia Actual, ISSN 1696-2060 , Nº. 9, 2006, pag. 94

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Carlisle, Rodney P. (2005). Thousand Oaks, California, USA; London, England, UK; New Delhi, India: Sage Publications, ed. The Encyclopedia of Politics: The Left and the Right, Volume 2: The Right .  
  • Hainsworth, Paul (2000). Pinter, ed. The Politics of the Extreme Right: From the Margins to the Mainstream .  
  • Merkl, Peter H.; Weinberg, Leonard. Frank Cass Publishers, ed. Right-wing Extremism in the Twenty-first Century .  
  • Hilliard, Robet L.; Keith, Michael C. (1999). Armonk,New York: M.E. Sharpe Inc, ed. Waves of Rancor: Tuning in the Radical Right .  
  • Parsons, Craig; Smeedling, Timothy M. (2006). Cambridge University Press, ed. Immigration and the transformation of Europe .  
  • Woshinsky, Oliver H. (2008). Routledge, ed. Explaining Politics: Culture, Institutions, and Political Behavior .  

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]