한국   대만   중국   일본 
Trentino-Tirol do Sur - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Trentino-Tirol do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTrentino-Tirol do Sur
Trentin-Sudtirol (lld)
Trentino-Alto Adige (it)
Trentino-Sudtirol (de)
Trentin?Alto Adeze/Sudtiroło (vec) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  46°23′N 11°25′L  /  46.38, 11.42 Coordenadas : 46°23′N 11°25′L  /  46.38, 11.42
Estado Italia Editar o valor em Wikidata
Capital Trento Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 1.072.276 (2019) Editar o valor em Wikidata (78,8 hab./km² )
Lingua oficial lingua italiana
lingua alema
Lingua ladina Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 13.606,87 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 749 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organizacion politica
Organo executivo Government of Trentino-South Tyrol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Trentino-South Tyrol (en) Traducir Editar o valor em WikidataMaurizio Fugatti (en) Traducir (2021?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Regional council of Trentino-Alto Adige/Sudtirol (en) Traducir Circunscricion: 2 , (Escano: 70) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2 IT-32 Editar o valor em Wikidata
Codigo NUTS ITH2 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT 04 Editar o valor em Wikidata

Paxina web regione.taa.it Editar o valor em Wikidata
BNE: XX457216

Trentino-Tirol do Sur (en aleman : Trentino-Sudtirol , en italiano : Trentino-Alto Adige , en ladino : Trentin-Sudtirol ), oficialmente Trentino-Alto Adige/Sudtirol e a rexion mais setentrional de Italia . A sua capital e Trento e esta formada por duas comunidades historico-culturais e administrativamente diferentes: o Tirol do Sur (ou Alto Adige ) ao norte, correspondente a provincia autonoma de Bolzano , e o Trentino no sur, correspondente a provincia autonoma de Trento . Limita ao norte con Austria ( Tirol e Salzburgo ), ao sur e leste co Veneto , ao sur e oeste coa Lombardia e ao oeste con Suiza (canton dos Grisons ).

Por mor do segundo estatuto especial entrado en vigor no ano 1972 o nome oficial da rexion pasou a ser o de Trentino-Alto Adige/Sudtirol . O primeiro estatuto, que databa de 1948 , asignaba a rexion o nome bilingue de Trentino-Alto Adige/Tiroler Etschland .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Paisaxe do Tirol do Sur.

A rexion limita co Tirol austriaco ao norte, co Canton suizo dos Grisons ao noroeste e coas rexions italianas da Lombardia e o Veneto ao oeste e ao sur respectivamente. Cobre 13.607 km² e e extremadamente montanosa, cubrindo unha gran parte das Dolomitas e dos Alpes . A rexion esta composta por duas provincias, Bolzano e Trento.

A Provincia Autonoma de Bolzano , ten unha superficie de 7.400 km², sendo o relevo totalmente montanoso e cuberto por extensos bosques. O seu clima e de tipo continental , debido a influencia das moitas cadeas de montanas que se erguen a mais de 3.000 metros sobre o nivel do mar e os anchos vales, a traves do cales flue o principal rio da rexion, o Adige , de norte a sur xunto cos seus numerosos afluentes. Na cidade de Bolzano , capital da provincia, a temperatura media do e de 12,2 °C e a precipitacions anuais de 717,7 mm.

A Provincia Autonoma de Trento ten unha superficie de 6.207 km². E unha terra montanosa na sua meirande parte (o 20 % erguese a mais de 2.000 metros e un 70 % a mais de 1.000 m) e cuberta por extensos bosques (arredor do 50 % do territorio). O seu clima e moi variado segundo as diferentes zonas da provincia, variando este dende o clima alpino ao subcontinental, con verans calidos e variables, e invernos moi frios e con neve. A rexion sempre foi un destino popular para os turistas, tanto en inverno para o esqui como no veran para visitar os fermosos vales e lagos, dos cales o mais grande e o Lago de Garda .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Bolzano

A actual rexion de Trentino-Tirol do Sur foi conquistada polos romanos no ano 15 a.C. e despois da fin do Imperio Romano de Occidente dividida entre distintas tribos xermanicas invasoras. Os longobardo fundaron o Ducado de Tridentum (actual provincia de Trento), os alamans o Val do Vinschgau e os bavaros tomaron a parte restante. Despois da creacion do Reino de Italia por Carlomagno , o Marquesado de Verona, incluiu as zonas mais meridionais do Bolzano , mentres que os Duques de Baviera recibiron a parte restante.

A partir do seculo XI , parte da rexion estaba gobernada polos principes-bispos de Trento e Brixen , a quen o Emperador do Sacro Imperio Romano Xermanico deu amplos poderes sobre os seus bispados. O resto da rexion formou parte do Condado do Tirol e do Condado de Gorz, que controlaba o Val do Pustertal, poren en 1363 Margarita, condesa do Tirol cedeuno a Casa de Habsburgo .

Os dous bispados foron secularizadas polo Tratado de Luneville de 1803 e entregados aos Habsburgo . Dous anos mais tarde, tras a derrota en Austerlitz, a rexion foi dada aos bavaros , aliados de Napoleon , no Tratado de Presburgo, en 1805 . Os novos gobernantes provocaron unha rebelion de campesinos, liderados por Andreas Hofer, un propietario de St. Leonhard in Passeier, en 1809 , poren sen moito exito. O ano seguinte o Tratado de Paris de febreiro de 1810 dividiu a zona entre Austria e o Reino napoleonico de Italia. Despois da derrota de Napoleon , en 1815 , a rexion volveu a Austria . Durante o control frances da rexion, foi chamada oficialmente Alto Adige (en aleman: "Hoch Etsch") co fin de evitar toda referencia historica ao Condado do Tirol.

As forzas que xurdiron no risorgimento italiano ao longo do seculo XIX loitaron pola anexion desta rexion a Italia . A finais da primeira guerra mundial , co tratado de Saint Germain de 1919 , a rexion foi asignada ao Reino de Italia , chamandose Venezia Tridentina . Tal anexion supuxo o desmembramento do antigo condado tiroles e a incorporacion de poboacion de lingua alema a Italia.

Despois da primeira guerra mundial, na que soldados trentinos loitaron contra as tropas italianas, o goberno fascista entrante ( 1922 ) tratou de asimilar as minorias de lingua alema e ladina, cunha progresiva italianizacion de toda a rexion ex-tirolesa. Nesta etapa foron prohibidas as escolas de lingua alema no Tirol do Sur.

En 1939 , en aplicacion do acordo italo-aleman, a maioria dos residentes altotesinos de lingua alema declararonse favorable a emigrar aos territorios do Terceiro Reich , mais o estoupido da segunda guerra mundial supuxo unha ralentizacion da operacion de exodo. Tras o armisticio firmado por Italia cos aliados, a rexion foi anexionada ao Terceiro Reich. De 1943 a 1945 foi restablecida practicamente a integridade territorial tirolesa que fora fracturada en 1918 . O goberno da Republica Social Italiana non tina case ningunha xurisdicion sobre os territorios da rexion, esta area foi oficialmente chamada "Area de Operazioni Alpenvorlan" con capital en Bolzano .

Tras o fin da segunda guerra mundial o Trentino-Tirol do Sur foi formalmente e constitucionalmente reconecido como unha autonomia especial. Inicialmente a autonomia so estaba prevista para o Tirol do Sur (Alto Adige) mais foi ampliada ao Trentino, creando a Rexion Autonoma de Trentino-Tirol do Sur. A autonomia especial da rexion sae do Tratado de Paris. Trentino e o Tirol do Sur forman hoxe co land austriaco do Tirol unha Eurorrexion ( Tirol-Tirol do Sur-Trentin ).

Administracion e politica [ editar | editar a fonte ]

Goberno [ editar | editar a fonte ]

Provincias de Trentino-Tirol do Sur

A capital de Trentino-Tirol do Sur e Trento . A rexion esta divida en duas provincias autonomas: a Provincia de Trento (ou Trentino ) e a Provincia de Bolzano (ou Alto Adige/Sudtirol ). En ambalas duas provincias o Estado italiano reconece unha autonomia especial, que e o resultado do acordo De Gasperi-Gruber, asi como o estatuto especial de autonomia aprobado pola lei constitucional en 1948 .

Asi pois a rexion ten dereito de elaborar as suas propias leis nun gran numero de asuntos e coa capacidade de levar a cabo as funcions administrativas en relacion. A autonomia reconecida polo seu estatuto especial comprende os aspectos politicos, de autonomia lexislativa, autonomia administrativa e autonomia financeira. As capitais de provincia rotan cada dous anos como sede do parlamento rexional.

Divisions administrativas [ editar | editar a fonte ]

A rexion esta dividida en duas provincias autonomas e 339 concellos. Das duas provincias a de Trento e a mais poboada e a que ten unha maior densidade de poboacion, con 83,6 habitantes por km². A densidade da rexion e sensiblemente inferior a media italiana.

Provincia Area (km²) Poboacion Densidade
Provincia de Bolzano - Tirol do Sur 7.400 498.280 67,3
Provincia de Trento - Trentino 6.207 518.966 83,6

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Trentino-Tirol do Sur ten unha poboacion de ao redor de 1.017.000 persoas (498.000 na provincia de Bolzano-Bozen e 519.000 na provincia de Trento). A densidade de poboacion na rexion e baixa en comparacion con Italia no seu conxunto, en 2008 equivalia a 74,7 habitantes por km², mentres que a cifra media do Estado foi 198,8. A densidade de poboacion na provincia de Bolzano-Bozen foi de 67,3, lixeiramente inferior a rexistrada na provincia de Trento, que era igual a 83,6. A partir de 2008 , o Instituto Nacional Italiano de Estatisticas (ISTAT) estima que 70.834 inmigrantes nacidos no estranxeiro viven en Trentino-Alto Adige/Sudtirol, o que equivale ao 6,9% da poboacion rexional total.

Economia [ editar | editar a fonte ]

Os fertiles vales de Trentino-Tirol do Sur producen vino , froitas , produtos lacteos e madeira , mentres que as suas industrias incluen o papel , quimicos e a producion de metais . A rexion e un importante exportador de enerxia hidroelectrica. As caracteristicas mais importantes da estrutura economica da rexion son a forza do turismo e o rexime especial de cooperacion entre a agricultura e a industria.

Na ultima decada, o turismo converteuse nun componente moi importante da economia da provincia. A rexion ten unha concentracion de hoteis meirande que calquera outra, sendo a capacidade total de aloxamento da rexion de 651.426 camas disponibles en hoteis e outros estabelecementos.

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Letreiro trilingue en Fanes Sennes Prags

Linguas [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Lingua ladina .

Os principais grupos linguisticos son o italiano (preto do 60% do total), o aleman (un pouco menos do 35%) e unha pequena minoria de fala ladina (5%).

Na Provincia Autonoma de Bolzano, a lingua maioritaria e o aleman (69% da poboacion), ainda que na capital provincias o 73% da poboacion fala italiano como lingua materna. O ladino e lingua oficial adicional nalguns concellos. Segundo o censo de 2001 , 103 dos 116 municipios eran de maioria de lingua materna alema, 8 de ladino e 5 de italiano. Hoxe en dia, tanto i italiano como o aleman tenen o estatuto de linguas co-oficiais nesta provincia.

Na Provincia Autonoma de Trento o idioma maioritario e o italiano, ainda que hai minorias de fala alema no municipio de Luserna e catro municipios no Val de Mocheni. Tamen hai minorias de fala ladina que viven no Val de Fassa. A diferenza do Tirol do Sur, a proteccion dos grupos linguisticos minoritarios en Trentino non esta cuberta polo novo Statuto d'Autonomia (Estatuto de Autonomia).

Por ultimo compre destacar que a zona de fala ladina e comunmente chamada Ladinia, que se estende tamen en territorio veneto . Esta rexion comprende cinco vales: o Val Gardena (BZ), Val Badia (BZ), Val di Fassa (TN), Livinallongo del Col di Lana (BL) e Ampezzo (BL).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]