한국   대만   중국   일본 
Thomas J. Clarke - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Thomas J. Clarke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThomas J. Clarke

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (ga) Tomas Seamus O Cleirigh Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 11 de marzo de 1857 Editar o valor em Wikidata
Illa de Wight Editar o valor em Wikidata
Morte 3 de maio de 1916 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Dublin Editar o valor em Wikidata
Causa da morte pena de morte , ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura cemiterio de Arbour Hill Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion revolucionario , politico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
Conxuxe Kathleen Clarke

WikiTree: Clarke-7011 Find a Grave: 4267 Editar o valor em Wikidata

Thomas James Clarke ou Tomas O Cleirigh en irlandes (tamen conecido como Tom Clarke), nado o 11 de marzo de 1857 e finado o 3 de maio de 1916 , foi un lider revolucionario irlandes e quizais o maximo responsable do Alzamento de Pascua de 1916 .

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Thomas naceu na Illa de Wight , seu pai, James Clarke, era un sarxento do Exercito Britanico ao que trasladaron a Dungannon , Condado de Tyrone ( Irlanda do Norte ). Cando tina 18 anos, Thomas uniuse a Irmandade Republicana Irlandesa (IRB), e en 1883 foi enviado a Londres para destruir a ponte de Londres como parte dunha campana de bombardeos en Gran Bretana defendida por Jeremiah O'Donovan Rossa , un dos lideres do IRB exiliado nos Estados Unidos . Clarke pronto foi capturado e condenado a 15 anos na prision de Pentonville. Foi liberado en 1898 e casou con Kathleen Daly (21 anos mais xove que Thomas), sobrina de Jhon Daly, ao que Thomas conecera na cadea. Pronto emigraron a America, onde Clarke traballou para o Clan na Gael dirixido por John Devoy . En 1907 regresou a Irlanda , establecendose en Dublin , traballando para a renovacion da direccion interna da IRB con membros mais novos como Bulmer Hobson e Denis McCullough . Clarke mantivo unha estreita amizade con Hobson e con Sean Mac Diarmada , que se converteron nos seus protexidos.

Os voluntarios irlandeses [ editar | editar a fonte ]

Cando se formaron os Voluntarios Irlandeses en 1913 , Clarke sentiuse interesado na organizacion, mais non formou parte da mesma, xa que estivera encadeado e era un reconecido nacionalista, feito que os teria desacreditado. Xunto a Mac Diarmada, Hobson e outros membros da IRB como Eamonn Ceannt , xogou un papel importante, se non total, no control, particularmente xunto a Patrick Pearse , por parte da IRB en 1913. Iso fixolle chocar con outros politicos como John Redmond , lider do Parlamento Irlandes , que reclamaba un control equitativo dos Voluntarios, mentres que o sector mais duro era contrario. A proposta de Redmond foi aceptada, sobre todo polo soporte que recibiu de Hobson. Clarke nunca esqueceu este feito, que considerou como unha traizon.

Planeando a insurreccion [ editar | editar a fonte ]

Logo de rompe politicamente con Hobson, Mac Diarmada e Clarke converteronse en inseparables. Os dous eran secretario e tesoureiro respectivamente da IRB, ainda que o mando nominal o tinan James Deakin , e mais tarde McCullough. En 1915 , Clarke e Mac Diarmada dirixian o comite militar da IRB que planeou o Alzamento de Pascua . Os membros foron Pearse, Ceannt e Joseph Plunkett , aos que se engadiron posteriormente Clarke e Mac Diarmada. Cando o vello feniano Jeremiah O'Donovan Rossa finou en 1915, Clarke aproveitou o seu funeral e a oracion de Patrick Pearse para mobilizar aos Voluntarios e crear expectativas dunha accion inmediata. Tras chegar a un acordo entre James Connolly e o Exercito Cidadan Irlandes en xaneiro de 1916 , Connolly tamen foi incluido no comite, e Thomas MacDonagh sumouse a ultima hora en abril . Estes sete homes foron os asinantes da Proclamacion de Pascua , e Clarke foi o primeiro en asinar. Chegouse a dicir que Clarke era o presidente e o xefe, mais rexeitou calquera rango e honor militar, cedendollo a Pearse, que era mais conecido e respectado no ambito do nacionalismo irlandes .

O Alzamento de Pascua [ editar | editar a fonte ]

Clarke mantivose nos cuarteis da Oficina Xeral de Correos en Dublin durante a semana do Alzamento, onde o comandante das forzas rebeldes estaba sobre Connelly. Trala rendicion o 29 de abril , Clarke foi encerrado na prision do Kilmainham , onde foi fusilado o 3 de maio a idade de 59 anos. Foi o segundo detido en ser executado, tras Patrick Pearse .

A sua viuva Kathleen foi elixida deputada no primeiro e segundo Dala, e foi unha destacada adversaria do Tratado Angloirlandes .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Max Caulfield (1965). The Easter Rebellion . Londres: New English Library. pp. 380p.
  • Robert Kee (2000). The Green Flag: a History of Irish Nationalism . Londres: Penguin . pp 877p. ISBN 0-14-029165-2 .
  • FSL Lyon(1973). Ireland since the famine (2nd rev. ed. ed.) . Londres: Fontana. 880P pp. ISBN 0-00-633200-5 .
  • Charles Townshend (2005). Easter 1916: the Irish rebellion . Londres: Allen Lane . xxi, 442p. ISBN 0-7139-9690-0 .
  • Louis N Le Roux (1936). Life of Tom Clarke . Dublin: The Talbot Press Limited. pp. 125?35.
  • William O'Brien (1923). The Irish Revolution and How it Came About . Londres: George Allen & Unwin Limited. pp. 223?24.
  • Dorothy Macardle (1968). The Irish Republic . Londres: Corgi Books. px. 98. ISBN 552 07862 X.
  • Marnie Hay (2009). Bulmer Hobson and the Mationalist Movement in Twintieth-Century Ireland . Manchester: Manchester University Press. pp. 134?36. ISBN 978-0-7190-7987-0 .