The Thirty-nine Steps (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Thirty-nine Steps (novela)
Autor/a John Buchan
Orixe Reino Unido
Lingua ingles britanico e lingua inglesa
Xenero(s) romance de espionagem e romance de misterio
Editorial Blackwood & Sons
Data de pub. 1915
editar datos en Wikidata  ]

The Thirty-nine Steps ( Os trinta e nove chanzos ) e unha novela de espionaxe escrita polo escoces John Buchan en 1915 . Foi a primeira da serie de novelas que tiveron como protagonista a Richard Hannay e que inclue catro titulos mais. Ademais, ampliou a sua sona grazas as diferentes montaxes que, inspiradas nela, se levaron ao cinema .

A novela [ editar | editar a fonte ]

Paxina de presentacion dunha edicion de 1927.

A novela foi publicada por primeira vez en 1915 por William Blackwood en Edimburgo , e dende enton coneceu abondosas reedicions e traducions a outros idiomas, entre os que non esta o galego .

The Thirty-nine Steps' esta orixinalmente escrita en ingles , se ben alguns dos personaxes falan en escoces e, en menor medida, en aleman . Foi redactada por Buchan mentres repousaba dunha ulcera duoduenal [ 1 ] nunha casa na costa sudoriental inglesa , en Broadstairs . Curiosamente, son moi abondosas as referencias a situacions de fame nesta novela, e o propio contorno de Broadstairs esta presente no remate na novela.

O propio Buchan define a novela como un shocker (forma britanica de conecer as novelas populares ), historias "onde os feitos desafian as probabilidades, e que entran por pouco no eido do posible" [ 2 ] . A novela marcou un punto de inflexion na carreira literaria de Buchan e iniciou a serie de titulos con Richard Hannay como protagonista, e que foi seguida por Greenmantle , Mr Standfast , The Three Hostages , The Courts of the Morning e The Island of Sheep .

Argumento [ editar | editar a fonte ]

A novela, ambientada nos tempos da preguerra , conta a historia de Richard Hannay, un ocioso home de Rodesia , descendente de escoceses, que viaxa ata Londres para comezar unha nova vida. Ali atopa a Franklin P. Scudder, un espia britanico, que lle solicita axuda para deter un complo internacional. A raiz da morte de Scudder no apartamento de Hannay, este inicia unha fuxida da policia e dun grupo de espias alemans durante a que percorre Escocia .

Richard Hannay e un home rico, procedente da clase alta colonial surafricana, e que decide ir a metropole para cambiar de vida. E pois un home afeito a cazar, gran conecedor da natureza e que goza explorando as paisaxes. En Londres , poren, aborrece. E cando xa esta a piques de volver a Surafrica, entra na sua vida un vecino seu, chamado Franklin P. Scudder, que se lle presenta como un espia perseguido e ameazado de morte. Acolleo no seu apartamento e durante unhas xornadas este desvelalle a existencia dun complo internacional dirixido polos xudeus e que ten como obxectivo provocar unha guerra entre Alemana e Austria e as potencias occidentais (Gran Bretana e Francia). O incidente de arranque do complo seria o asasinato do primeiro ministro grego Karolides, nunha visita a Londres un mes despois.

Pero Scudder e asasinado no piso de Hannay, e este, pensando que os espias internacionais queren apreixalo, inicia unha fuxida cara ao norte. Durante varias xornadas vive diversas peripecias polos campos e montes da rexion meridional de Escocia, pasando fame e padecementos, tomando contacto coa poboacion local e escapando, a miudo en extremas circunstancias, dos seus perseguidores. Nun deses encontros bate cun sobrino dun alto mandatario do servizo de Exteriores britanico, e prepara un encontro en Londres. Noutro, bate de fronte co cuartel xeral dos espias, situado precisamente nunha casa illada en Escocia. Finalmente, e grazas aos coidados dun legoeiro, consegue agocho e volta a Londres a tempo para entrevistarse co mandatario de Exteriores.

Este cre os seus argumentos, pero non comparte a sua opinion sobre a parte fundamental do complo. Pero a nova do asasinato de Karolides, transforma os plans: os alemans estan a piques de roubar uns plans militares que os britanicos lle van comunicar aos franceses, co que a illa quedaria defensivamente desgornecida. Hannay queda temporalmente afastado da historia, pero como e un home de accion, decide visitar de novo o politico. Por azar, descobre a forma en que os espias conseguiron coller os datos, e ocorreselle unha hipotese para trasladar esa informacion a Alemana a partir do descifrado do libro de notas de Scudder. Finalmente, nun chale con vistas ao mar e que ten unha rampla de acceso co 39 chanzos, consegue interceptar os espias e evitar o complo, pero non a guerra.

A novela e Escocia [ editar | editar a fonte ]

A diferenza dos detalles que se achegan das localizacions xeograficas en Londres, Birmingham ou a costa suroriental de Inglaterra , as mencions a xeografia escocesa son moi vagas, malia que a etapa neste pais ocupa a maior parte da novela e que nel realiza Hannay multiples viaxes en diferentes direccions. As unicas referencias que se dan son da cidade de Newton Stewart , destino da sua viaxe dende Londres (ao longo da vertente occidental de Inglaterra), e do rio Tweed . Polo tanto, as suas viaxes, realizadas en coche, en bicicleta pero fundamentalmente a pe, non o deberon levar fora das rexions de Dumfries e Galloway , nas estremas entre Escocia e Inglaterra.

Os personaxes descritos abondan nos topicos do escoces do tempo: pastores, coidadores de caza, nobres ingleses ociosos que repousan en Escocia, ou traballadores relixiosos e alcolicos, como o legoeiro que o coida da enfermidade na parte final do seu percorrido. O propio protagonista xoga con esa imaxe topica cando se describe, cunhas roupas que lle deron nunha casa, como "a viva imaxe dese tipo de escoces que se ve nas ilustracions dos poemas de Burns [ 3 ] .

Lista de capitulos [ editar | editar a fonte ]

  1. The Man Who Died (O home que morreu)
  2. The Milkman Sets Out on His Travels (O leiteiro emprende viaxe)
  3. The Adventure of the Literary Innkeeper (A aventura do taberneiro literario)
  4. The Adventure of the Radical Candidate (A aventura do candidato radical)
  5. The Adventure of the Spectacled Roadman (A aventura do legoeiro con lentes)
  6. The Adventure of the Bald Archaeologist (A aventura do arqueologo calvo)
  7. The Dry-Fly Fisherman (O pescador a mosca seca)
  8. The Coming of the Black Stone (O regreso da Black Stone)
  9. The Thirty-nine Steps (Os trinta e nove chanzos)
  10. Various Parties Converging on the Sea (Varios grupos venen converxer ao mar)

Adaptacions [ editar | editar a fonte ]

Sobre esta novela fixeronse distintas adaptacions cinematograficas , en todos os casos bastante libres, introducindo tramas amorosas e dandolle distintos significados a expresion "trinta e nove chanzos".

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Durante unha enfermidade neste inverno, gastei os andeis que tina... . Fragmento da dedicatoria da novela, a Thomas Arthur Nelson. The Thirty-nine Steps , John Buchan. William Blackwood. Edimburgo. Paxina 5 pola 13ª edicion, 1927
  2. Fragmento da dedicatoria da novela, a Thomas Arthur Nelson. The Thirty-nine Steps , John Buchan. William Blackwood. Edimburgo. Paxina 5 pola 13ª edicion, 1927
  3. The Thirty-nine Steps , John Buchan. William Blackwood. Edimburgo. Paxina 164 pola 13ª edicion, 1927