Television Espanola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TVE
Logo da TVE.
Inicio das emisions 28 de outubro de 1956
Propiedade de RTVE
Formato da imaxe 576i SD 4:3 16:9
720p HD 16:9
Slogan Parte de ti
Pais España Espana
Lingua espanol
Area de emision Espana , mundial
Sede central Pozuelo de Alarcon, Madrid
Canle/s irma(s) La 1
La 2
Clan
Canal 24h
Teledeporte
Servizo en diferido TVE Internacional
Disponibilidade
Terrestre
TDT
Satelite
TVE Internacional

Na rede
Paxina web da RTVE
Twitter: tve_tve Editar o valor em Wikidata

Television Espanola ( TVE ) e a cadea de television mais antiga de Espana . Iniciou as suas emisions regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence a Corporacion Radiotelevision Espanola desde o 1 de xaneiro de 2007 . Ademais esta asociada a Union Europea de Radiodifusion .

TVE ten a sua sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcon ( Madrid ). Desde o 1 de xaneiro de 2010 financiase a traves de subvencions publicas e impostos directos sobre os operadores privados de television e telefonia, abandonando o mercado publicitario . Espana e un dos poucos paises da Union Europea onde os cidadans non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevision publica.

Historia [ editar | editar a fonte ]

A aparicion da Television Espanola no ano 1956 e o comezo da television en Espana . A Constitucion espanola define a sua mision no artigo 20: "Que protexe o dereito a comunicar ou recibir libremente informacion veraz por calquera medio de difusion".

No ano 1962 pasa a depender do Ministerio de Informacion e Turismo , do cal era Ministro Manuel Fraga Iribarne . Os primeiros contidos da canle eran informativos, musicais e publicidade . Todos os programas emitianse en directo dende o Paseo de la Habana ( Madrid ).

En novembro de 1966 aparece a segunda canle de TVE (TVE2). En TVE2 emitirianse os contidos deportivos, culturais e de servizo publico de baixa audiencia.

En 1974 comeza a emitir en galego a media hora do programa informativo Panorama de Galicia.

En 1990 aparece a Lei de Television Privada a trae con ela novas canles ( Antena 3 , Telecinco , Canal+ ).

En 1994 creanse as canles tematicas Teledeporte e Canal Clasico que emiten via satelite (agora Teledeporte emite por TDT ), tamen comeza a emitir por via satelite TVE internacional lanzado en 1989 .

O 1 de xaneiro de 2010 desapareceu a publicidade en todas as suas canles (igual que noutras cadeas publicas europeas como a BBC ou France 2). Ademais eliminouse a posibilidade de que TVE poida ter canles TDT de pagamento como os operadores privados.

Coa chegada da Television Dixital Terrestre Television Espanola conta con maior numero de canles. O 3 de abril de 2010 completouse o apagamento analoxico, cesando definitivamente as emisions de La 1 e La 2 por este medio.

Logotipos [ editar | editar a fonte ]

1956 - 1962 1962 - 1991 1991 - 2008 2008 - Actualidade

Canles [ editar | editar a fonte ]

Canles de TVE
Cadea Descricion Disponible por

La 1
Cadea xeralista que conten principalmente series espanolas e latinoamericanas, cine (sobre todo nacional e norteamericano), magazines e reportaxes de actualidade, informativos e algunhas das competicions deportivas mais populares. E a primeira canle de television creada en Espana, o 28 de outubro de 1956. TDT / Digital+ / Euskaltel / Imagenio / Cable / Orange TV / ONO

La 2
Cadea cultural e de atencion ao cidadan que emite unha programacion composta por espazos de cultura e cidadania, series norteamericanas, documentais, cine espanol e europeo, reportaxes e debates, informativos alternativos, culturais e musicais, e antigamente espazos de teleteatro. Ofrece unha television alternativa as televisions xeralistas. Foi antigamente conecida como a segunda cadea ou o UHF, xa que foi a primeira canle espanola que utilizou esta banda de emision. E a segunda canle mais antiga de Espana, lanzada o 15 de novembro de 1966. TDT / Digital+ / Euskaltel / Imagenio / Cable / Orange TV / ONO

24h
Canle tematica de noticias creada en 1997, que emite informativos cada media hora, espazos de debate e analise, entrevistas, magazines de actualidade e reportaxes emitidas noutras canles de TVE. E a primeira canle de noticias en Espana. TDT / Digital+ / Hotbird / Hispasat / IA13 / NSS7 / Cable / Imagenio / Orange TV / Euskaltel / ONO / GTD Manquehue

Teledeporte
Canle tematica creada en 1994 que emite competicions deportivas que non poden ser emitidas en directo por La 1 ou La 2 , ou que son minoritarios e de audiencia escasa. Ademais produce resumos da xornada deportiva. TDT / Digital+ / Hispasat / Euskaltel / Cable / Imagenio / Orange TV / ONO

Clan
Canle tematica principalmente infantil creada en 2005, pero tamen emite programacion xuvenil pola noite e series repetidas de TVE pola madrugada. A sua programacion e case completamente de ficcion (animada ou non). TDT / Digital+ / Cable / Imagenio / Euskaltel / ONO

TVE Internacional
Sinal internacional de Television Espanola para a emision de contidos televisivos no estranxeiro, creado en 1989. Transmite programas de La 1 , La 2 e o 24h . Dividese a sua vez en tres sinais, destinadas para America , Europa e Asia respectivamente. Satelite Hot Bird 13ºE

Centros territoriais e de producion [ editar | editar a fonte ]

Ademais dos seus estudos en Madrid , TVE conta ademais con dous centros de producion:

  • TVE Cataluna : destinado a producion de programas rexionais en catalan , e doutros programas a nivel nacional, como Saber y Ganar , ademais dalgunhas cadeas da corporacion, como La 2 ou Teledeporte . O centro fundouse en Miramar en 1959 , e os seus estudos atopanse actualmente, e desde 1983, en Sant Cugat del Valles . Emite o seu informativo territorial L'informatiu todos os dias.
  • TVE Canarias : dedicado a producion de programas da rexion e a adaptacion de programacion debido a diferenza horaria das Canarias . Fundado en 1964 , ten a sua sede nas Palmas de Gran Canaria , e ata 1971 tivo autonomia completa relativa a programacion ata que puido enlazar a La 1 peninsular a traves da rede de satelites Intelsat . Emite o seu informativo territorial todos os dias.

No resto de comunidades, TVE conta en cada unha delas cun Centro Territorial encargado de realizar o informativo da rexion. O devandito informativo emitese de luns a venres as duas en punto (agas Canarias , que emite tamen os sabados e domingos; e Cataluna , que ademais emite unha segunda emision do seu informativo territorial as 8 en La 2 ). Os seus nomes, idioma e anos de creacion son:

Television Espanola non conta cun Centro Territorial na Comunidade de Madrid , debido a que a sede central da Corporacion RTVE xa se atopa en Madrid , ainda que si emite Informativo Madrid .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]