한국   대만   중국   일본 
Sturmabteilung - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sturmabteilung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo da SA.

A Sturmabteilung ou SA (que pode traducirse do aleman como Division de Asalto ) funcionou como organizacion paramilitar do partido nazi aleman. Desempenou un papel clave no ascenso ao poder de Adolf Hitler nos anos 30. Os membros da SA eran comunmente conecidos como os camisas pardas pola cor do seu uniforme, e para distinguilos dos membros da SS ( Schutzstaffel ), que eran conecidos como os camisas negras.

Historia [ editar | editar a fonte ]

O termo Sturmabteilung orixinalmente provina das tropas especializadas de asalto usadas por Alemana na campana da primeira guerra mundial en marzo de 1918 . En lugar dun asalto en gran masa, a Sturmabteilung estaba organizada en pequenos equipos duns poucos soldados. Isto permitia aos alemans enfrontarse as linas britanicas e francesas ao longo de decenas de quilometros.

O mesmo Adolf Hitler fundou a SA en Munic no ano 1921 . Ao principio funcionaba como un grupo de escoltas para vixiar a orde nas reunions do partido. Orixinalmente o comandante das SA foi Hermann Goring , pero tras o Putsch de Munic este fuxiu a Suecia e o comando pasou a Ernst Rohm , o maior inimigo de Goring dentro do partido. Baixo o liderado de Rohm, a SA medrou en importancia dentro da estrutura de poder nazi, chegando a sumar centos de miles de membros. A SA levou a cabo numerosos actos de violencia fundamentalmente en contra de grupos socialistas e comunistas durante os anos 20, normalmente en pelexas na rua menores. As SS acabaron asumindo o rol orixinal da SA.

Despois da toma de poder de Hitler en 1933 , a SA buscaba mais poder e viase a si mesma como unha substitucion do exercito aleman. Isto incomodou ao exercito regular ( Reichswehr ), que xa estaba molesto co partido nazi. Tamen engadiu tension o que outros lideres dentro do partido (incluidos Goring pola sua vella inimizade con Rohm, e Heinrich Himmler , lider da SS que competia cos camisas pardas) visen a Rohm, coa sua poderosa SA, como unha ameaza para as suas ambicions persoais.

Para aliarse coas forzas conservadoras dentro do exercito aleman e fortalecer asi a sua posicion dentro do partido nazi, Hitler ordenou a execucion do lider da SA, que ocorreu o 30 de xuno de 1934 , no que e conecido como a Noite dos coitelos longos . Victor Lutze converteuse no novo lider da SA, e a organizacion foi pronto marxinada da estrutura do poder nazi.

Lideres da SA [ editar | editar a fonte ]