Sonda Cassini-Huygens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representacion artistica da sonda Cassini-Huygens sobre Saturno.
Voo da sonda espacial Cassini-Huygens: o voo comeza na Terra , sobrevoando duas veces a Venus e unha a Terra antes de achegarse a Xupiter , aproveitando o impulso gravitacional dos planetas para coller abonda enerxia cinetica e achegarse a Saturno .
Titan dende a sonda Cassini, o 26 de outubro de 2004.

Cassini-Huygens e unha sonda espacial feita en colaboracion entre a NASA , a Axencia Espacial Europea (ESA) e a Axencia Espacial Italiana . Foi lanzada o 15 de outubro de 1997 as 8:43 UTC desde Cabo Canaveral , Estados Unidos , sobre un foguete Titan IV . A sonda finalizou a sua mision o 15 de setembro de 2017 ao entrar na atmosfera de Saturno de maneira intencionada ao rematar a sua vida util. [ 1 ]

A viaxe cara a Saturno fixose usando catro veces a asistencia gravitacional : Venus o 27 de abril de 1998 e 24 de xuno de 1999 , a Terra o 18 de agosto de 1999 e Xupiter o 30 de decembro de 2000 .

A duracion nominal da mision a partir da sua chegada o sistema planetario foi de catro anos, ata xullo de 2008 , estendendose ata 2017 en que se desintegrou na atmosfera do planeta.

A sonda [ editar | editar a fonte ]

Cassini-Huygens e unha sonda de 5650 kg (peso no lanzamento) composta de dous modulos: o orbitador Cassini , feito para a exploracion do sistema planetario de Saturno, e a sonda Huygens , un modulo destinado a entrar na atmosfera de Titan , a lua mais grande de Saturno.

Foto do 9 de febreiro de 2004 da mision Cassini-Huygens sobre o planeta Saturno. Nese intre estaba a 69,4 millons de km.

Xupiter [ editar | editar a fonte ]

Cassini [ editar | editar a fonte ]

A sonda Cassini foi feita pola NASA en colaboracion coa ESA e a Axencia Espacial Italiana (para a antena de comunicacion e alta ganancia). Foi chamada asi polo astronomo Jean-Dominique Cassini que estudou os aneis planetarios de Saturno en detalle e descubriu algunhas das principais luas do planeta xigante ( Iapeto , Rea , Tetis e Dione ).

A sonda chegou en xuno de 2004 os arredores de Saturno e comezou o seu programa de catro anos coa visita a Febe , a lua conecida mais distante de Saturno, o 11 de xuno de 2004. A insercion na orbita saturniana efectuouse o 1 de xullo de 2004 cunha serie de manobras que a levaron a cruzar os aneis de Saturno (entre os aneis F e G) e a achegarse a aproximadamente 18.000 km de Saturno (ou sexa, so 0,3 veces o raio de Saturno), o que non se repetiu ata o final da mision.

Toma de fotos de Titan pola sonda Cassini.

A propia mision inclue 74 orbitas arredor do planeta xigante, incluindo 44 sobrevoos de Titan, asi como numerosos voos das outras luas de Saturno.

Cassini transporta a bordo 12 instrumentos cientificos:

  • Cassini Plasma Spectrometer (CAPS) (espectrometro de plasma Cassini)
  • Cosmic Dust Analyzer (CDA) (analizador de po cosmico)
  • Composite Infrared Spectrometer (CIRS) (espectrometro de infravermellos composto)
  • Ion and Neutral Mass Spectrometer (INMS) (espectrometro de ions e masa neutra)
  • Imaging Science Subsystem (ISS) (subsistema de xestion de imaxes cientificas)
  • Dual Technique Magnetometer (MAG) (magnetometro de tecnica dual)
  • Magnetospheric Imaging Instrument (MIMI) (instrumento magnetosferico de imaxes)
  • Radio Detection and Ranging Instrument (RADAR) (instrumento de radiodeteccion e medicion de distancias)
  • Radio and Plasma Wave Science instrument (RPWS) (instrumento cientifico de radioondas e ondas de plasma)
  • Radio Science Subsystem (RSS) (subsistema de radio cientifica)
  • Ultraviolet Imaging Spectrograph (UVIS) (espectrografo ultravioleta de imaxes)
  • Visible and Infrared Mapping Spectrometer (VIMS) (espectrometro trazador de mapas de luz visible e infravermella)

Huygens [ editar | editar a fonte ]

Cassini serviu tamen de transporte a Huygens, un modulo de exploracion de 318 kg destinado a penetrar na atmosfera de Titan, a lua mais grande de Saturno, cunha composicion de hidrocarburos . O seu nome proven de Christiaan Huygens , que descubriu o satelite en 1655 .

Huygens foi liberado por Cassini o 25 de decembro de 2004 nunha viaxe de 22 dias cara Titan, chegando o 14 de xaneiro de 2005 as 11:30 UTC. Os seus instrumentos de a bordo permitiron o conecemento dos detalles da composicion quimica da atmosfera e da superficie -se ben non estaba desenada para soportar moito tempo a atmosfera de Titan-. A sonda continuou a emitir (cunha producion de preto de 8 kbit / s ) ata o esgotamento das suas baterias, ou cando Cassini (que serve de ligazon coa Terra ), estivo fora do alcance da sua recepcion. A duracion aproximada prevista era de duas horas a duas horas e media, a partir da entrada na atmosfera de Titan, e rematou sendo de catro horas e trinta e seis minutos [ 2 ] . Huygens foi o primeiro obxecto realizado polo ser humano que se pousou sobre un corpo celeste do Sistema Solar exterior (mais alo do Cinto de asteroides ), sendo o descenso mais lonxe ata a data (20023). [ 3 ]

Huygens esta composto de dous modulos: o Modulo de entrada (ENA, ENtry Assembly) e o Modulo de descenso (DM, Descent Module). O primeiro aseguraba o transporte do segundo despois da separacion de Cassini cara a Titan, e serviu de proteccion termica na insercion na atmosfera de Titan, freando a sonda co seu paracaidas ata a liberacion do Modulo de descenso . Este contina toda a instrumentacion cientifica, asi coma os seus propios paracaidas para a aterraxe e os controis de orientacion da sonda.

A instrumentacion do Huygens situada no Modulo de descenso inclue os seguintes modulos:

  • Huygens Atmospheric Structure Instrument (HASI) (instrumento de estrutura atmosferica do Huygens )
  • Doppler Wind Experiment (DWE) (experimento do vento Doppler)
  • Descent Imager/Spectral Radiometer (DISR) (radiometro descendente de imaxe/espectral)
  • Aerosol Collector and Pyrolyser (ACP) (aerosol colleitador e pirolizador)
  • Gas Chromatograph and Mass Spectrometer (GCMS) (cromatografo de gas e espectometro de masas)
  • Surface Science Package (SSP) (Conxunto cientifico de superficie)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Phillips Davis, ed. (2017). "Orbit Guide - End of Mission: 15 Sep 2017" (en ingles) . Consultado o 16 de setembro de 2018 .  
  2. http://sci.esa.int/science-e/www/object/index.cfm?fobjectid=36280
  3. "ESA Extremes" . www.esa.int (en ingles ) . Consultado o 2023-06-09 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]