한국   대만   중국   일본 
Sociedade Relixiosa dos Amigos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sociedade Relixiosa dos Amigos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A estrela vermella e negra empregouse como simbolo extraoficial do servizo social cuaquero dende finais do seculo XIX, e foi adoptada oficialmente (con alguns cambios) polo Comite Americano de Servizo dos Amigos (American Friends Service Committee) en 1917. Outra variacion e empregada pola organizacion britanica Quaker Peace and Social Witness.

A Sociedade Relixiosa dos Amigos , xeralmente conecida como os cuaqueros ou amigos , e unha comunidade relixiosa disidente fundada en Inglaterra por George Fox (1624-1691). Ainda que eles mesmos se chamaron ≪amigos≫, a xente chamounos ≪quakers≫ ou ≪tremedores≫ (≪quake≫ significa ≪tremor≫ en ingles). Talvez en alusion a instrucion dada por George Fox os seus seguidores de ≪tremer no nome do Senor≫, e tamen pode corresponder a experiencia de quen eran ≪movidos≫ polo Espirito. [ 1 ] ≪Quaker≫ en galego conecese como ≪cuaquero≫. [ 2 ]

Estenderonse nos  Estados Unidos polas actividades de William Penn , especialmente no estado de Pensilvania . Non tenen un credo oficial, e os cuaqueros poden chegar a ter crenzas diversas, en diferentes paises e a escala nacional. A pesar diso, son considerados unha das igrexas historicamente pacifistas .

Crenzas [ editar | editar a fonte ]

Ainda que non existe ningun credo oficial para a Sociedade Relixiosa dos Amigos, [ 3 ] os cuaqueros expresaron por escrito a sua fe nos denominados Testemunos Cuaqueros, que forman a base da sua fe e da sua practica.

Desde os inicios do movemento, moitos cuaqueros manifestaron a sua intencion de ≪atopar a verdade≫ e de revivir as experiencias do cristianismo primitivo. [ 4 ] . Dese xeito, alguns destacados dirixentes sentiron guiados polo Espirito Santo, polas Sacras Escrituras e, mais particularmente, por unha voz ou luz interior que lles revelaba o camino para atopar a verdade espiritual. Con respecto a esta voz interior, tipicamente usase a frase inglesa "a still, small voice" (que ven de 1 Reis 19:12, a cal asi se traduce na Version Autorizada do rei Xacobe [ 5 ] ? e a cal a Biblia de Xerusalen traduce como "o rumoreo dunha brisa suave"). [ 6 ]

Asi pois, unha das crenzas mais peculiares do cuaquerismo e esta conviccion de que cada persoa leva algo do divino dentro de si; cada persoa pode ter un contacto directo con Deus, sen necesidade de recorrer a sacerdotes nin a sacramentos.

Nesta conviccion basease tamen, en gran parte, a diversidade de crenzas particulares que conviven dentro da comunidade cuaquera mundial, desde as Igrexas Evanxelicas dos Amigos, tan difundidas no mundo hispano, ata as comunidades universalistas.

Os cuaqueros, en xeral, defenden a xustiza, a vida sinxela, a honradez estrita e o pacifismo. Cuestionan a relixion establecida, evitan a pomposidade e a guia sacerdotal. Tamen sostenen que en canto cristians, mulleres e homes, poden e deben participar no ministerio relixioso.

A base das suas crenzas son os Testemunos cuaqueros e os principios compartidos por todas as ramas cuaqueras son Paz, Verdade ou integridade, Igualdade e Simplicidade.

Culto [ editar | editar a fonte ]

O culto dos cuaqueros non programados consiste nunha reunion silenciosa de mais ou menos unha hora, durante a cal toda persoa pode ser chamada a ofrecer unha mensaxe que proven do Espirito. Entre os cuaqueros programados, en troques, tamen adoita haber adoracion silenciosa, pero durante menos tempo, e como parte dun servizo relixioso mais do estilo protestante .

Hai congregacions dispersas por todo o mundo: Gran Bretana conta con 27.000 cuaqueros en 500 congregacions (≪reunions≫). Todos os amigos en Inglaterra pertencen a Reunion Anual de Bretana e son ≪non programados≫.

Os cuaqueros rexeitaron a escravitude dende a sua aparicion en Inglaterra. Foron os primeiros que a condenaron nos Estados Unidos , mesmo antes da independencia dese pais. En Inglaterra apoiaron o movemento antibelicista Union de Control Democratico ainda en momentos de grande apoio nacional os esforzos de guerra.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Oxford Dictionaries Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine . (en ingles)
  2. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuaquero .
  3. "A Brief Introduction to Quakerism" . QuakerMaps.com (Beta) . 30 de xaneiro de 2010 . Consultado o 13 de xuno de 2017 .  
  4. "BBC - Religions - Christianity: Quakers" . www.bbc.co.uk (en ingles ) . Consultado o 10 de maio de 2020 .  
  5. "1 KINGS CHAPTER 19 KJV" . www.kingjamesbibleonline.org (en ingles ) . Consultado o 2020-12-27 .  
  6. "1 Reis 19 JER - Biblia de Jerusalen" . BibliaTodo (en castelan ) . Consultado o 2020-12-27 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]