Selo postal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selo das Feroe

Un selo postal e un comprobante do pago previo dos envios efectuados polo correo en forma de etiqueta, xeralmente engomada, ou directamente impreso. O selo tipo e un pequeno papel rectangular que se pega a un sobre e que indica que a persoa que realiza o envio pagou o servizo.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Penny Red

A emision do primeiro selo postal enmarcase dentro dunha profunda reforma do servizo de correos britanico emprendida por James Chalmers (1834) e Rowland Hill (1837). Ata enton o envio pagabao o destinatario en funcion dos quilometros percorridos e non polo seu peso e propunase que o envio o pagase o remitente segundo unha tarifa uniforme en funcion do peso e non pola quilometraxe. Tras ser aprobada a reforma polo Parlamento en 1839 sairon en 1840 os primeiros sobres prepagados de valor 1 e 2 peniques. E uns meses mais tarde emitiuse o primeiro selo, o Penny Black , coa efixie da raina Vitoria do Reino Unido . O novo sistema encontrou rapida aceptacion noutros paises e os poucos anos estaba xa xeneralizado internacionalmente. A Union Postal Universal establece que nos selos que circulen internacionalmente debe aparecer o nome do pais emisor en alfabeto latino , desta obriga esta exento o Reino Unido por se-lo primeiro pais emisor.

Proceso de emision [ editar | editar a fonte ]

O proceso para a emision dun selo postal e complexo, polo xeral a administracion postal recibe centos de suxestions de particulares e de asociacions. Unha vez decididas as series a emitiren encarganse a varios artistas a realizacion dos desenos, normalmente catro veces mais grande do tamano final. Unha vez elixido o deseno efectuanse as modificacions e reducese fotograficamente o tamano correcto.

Metodos de impresion [ editar | editar a fonte ]

  • Gravado en oco : o deseno gravase nunha placa de impresion, que a seguir se entinta, quedando a tinta nas ocos da placa. Logo colocase o papel por riba e se prensa para que se imprima o deseno no papel. O deseno pode presentar un lixeiro relevo o tacto.
  • Tipografia : a tinta aplicase as partes en relevo da placa de impresion e cando se produce o contacto o deseno transfirese o papel. As veces aparece un lixeiro relevo no dorso do selo e outras a tinta reborda un pouco nas beiras do debuxo.
  • Litografia : a placa de impresion e completamente lisa e para transferir o deseno a superficie de impresion aplicase unha tita graxa especial, a continuacion humedecese a prancha e aplicase tinta de imprimir que se pega as partes graxas da superficie. Existe tamen a variante offset cun proceso un pouco mais complicado e que se esta imponendo na impresion filatelica.
  • Fotogravado : version moderna do gravado en oco no que se utiliza un negativo fotografico que se descompon nunha trama de puntos e se grava o acido sobre un cilindro de cobre, o que se lle bota tinta.
  • Estampado ou troquelado : combinacion do gravado en oco e da tipografia. O papel imprimese entre duas placas, unha co deseno en relevo e outra en oco. Proceso moi caro que so se usa actualmente para imprimir selos directamente en sobres, ainda que se utilizaba mais no seculo XIX .

Forma e materiais [ editar | editar a fonte ]

Ainda que a maioria dos selos son rectangulares, xa en 1847 Gran Bretana emitiu o primeiro con outra forma, concretamente octogonal pero o non estar perforado moitas veces cortabase en forma de cadrado. En 1853 o Cabo de Boa Esperanza emitiu o primeiro selo triangular. Serra Leoa emitiu selos con formas de animais, froitos e mapas.

Case todos os selos son de papel impreso especialmente para a emision, pero tamen se impriron selos no dorso de billetes de banco caducados e de mapas. Tamen os hai de plastico, lamina metalica, aceiro, tela e lamina de madeira. Tamen houbo discos de gramofono que tocaban o himno nacional de Butan

Erros [ editar | editar a fonte ]

Durante o proceso de impresion podense producir erros e fallos a pesar das comprobacions que se realizan nos centros de emision para destruiren os exemplares con fallos.

Os pequenos defectos, que non aumentan o valor dun selo, permiten coleccionar variedades dun selo que se producen por erosions na prancha, borrons na tinta, aparicions dunha lina ou mancha branca.

Outros tipos de erros son mais valiosos: falta ou equivocacion nalgunha cor, os que presentan o centro invertido. Tamen existen erros na perforacion e no dentado.

Os erros do deseno non se producen durante a impresion, e un erro que se produce nun proceso anterior e afecta a toda a tirada do selo: faltas de ortografia, erro no deseno..., as veces isto ten como consecuencia a retirada da emision para corrixir o erro, ainda que as veces alguns selos conseguen chegar o publico facendoos moi valiosos.

Sobreimpresion ou sobrecarga [ editar | editar a fonte ]

Selo de Afonso XIII sobrecargado durante a II Republica Espanola .

Denominase sobreimpresion a calquera inscricion ou deseno engadido a imaxe dun selo. Existen multiples razons para sobrecargar os selos: un pais que accede a independencia postal sobrecarga os selos do antigo poder colonial co nome do novo estado, tamen cando cambia a forma de goberno, o nome ou a moeda. Outra razon e para converter un selo nunha emision especial, por seguridade. Cando a sobreimpresion se fai por cambiar as taxas postais denominase sobretaxa . En cada emision e habitual que un certo numero de selos quedan invalidados para usos postais e se empregan como mostra da emision coa sobrecarga de specimen ou outra similar. As grandes empresas as veces perforan os selos para evitar roubos polos seus empregados, estes selos conecense como selos perforados

Falsificacions e selos reparados [ editar | editar a fonte ]

Un selo pode falsificarse para o seu uso polo correo, este tipo de falsificacion conecese como falso postal ou ben para enganar os coleccionistas no caso de selos valiosos, neste caso denominase falso filatelico . Dous dos falsificadores mais conecidos foron Francois Fournier e Jean de Sperati .

Tamen hai outro tipo de falsificacions menos comuns, como poden ser as de tipo propagandistico, un exemplo deste tipo e a falsificacion de selos britanicos polos alemans durante a segunda guerra mundial para incluir a Estrela de David na coroa do rei.

Un selo podese reparar de moitas formas: o borrado do cuno postal e un tipo de fraude moi comun, ben coa intencion de reempregalo no correo ou ben para vendelo a un coleccionista como novo. Tamen se pode regomar un selo para facelo pasar como novo. Alterar as cores ou engadir ou suprimir dentes. Os selos desgarrados mollanse e coidadosamente aplanados para que as fibras de papel se unan superficialmente durante algun tempo.

Para evitar as falsificacions e fraudes as autoridades postais establecen medidas de seguridade nos selos, pode ser a complicacion no deseno, a inclusion de filigranas , marcas de auga no papel. Para evitar o borrado dos cuno postal empregaronse tintas non permanentes que se corren o meter o selo na auga ou revestimentos de verniz .

Un selo facsimile e unha copia exacta dun selo valioso que se vende como copia e non como selo postal, adoita levar unha marca para constatar que non e un exemplar lexitimo, borrar esa marca e tamen unha fraude. Os expertos filatelicos expiden certificados filatelicos de autenticidade logo de examinar a peza para demostrar que un selo e autentico, o que e conveniente cando un selo e valioso.

Reverso [ editar | editar a fonte ]

O reverso dos selos e a parte que se pega o sobre para o seu envio por correo. O comun e que vaia sen imprimir, pero hai casos nos que si hai impresion: un numero de control ou algunha informacion sobre o motivo do selo. A maioria dos selos presentan no reverso o engomado, con gran variedade de cores e de formas, mesmo se intentou con goma invisible (que resultou ineficaz) ou un engomado protexido por unha tira de papel.

Para coleccionar os selos podese fixar o reservo unha charnela ou fixaselos para fixalos as follas dos albums (practica non recomendable nos selos novos e dubidable nos usados.)

O reverso do selo utilizao o experto filatelico para estampar a sua sinatura para certificar a autenticidade dun selo.

Cinsentas [ editar | editar a fonte ]

Os selos que non foron emitidos por unha administracion postal oficial (as reconecidas pola UPU) denominanse cinsentas e poden ser emitidas por companias privadas ou autoridades locais que realizan un servizo postal. Outra variedade de cinsentas son os selos pantasma: emitidos en lugares inexistentes como micronacions e as etiquetas patrioticas, selos de Nadal emitidos por servizos postais beneficos etc.

As polizas ou timbres fiscais son selos emitidos polos gobernos para recadar impostos e taxas e non son en absoluto selos postais, ainda que existen polizas circuladas no correo.

Tipos de selos [ editar | editar a fonte ]

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]