Salto de trampolin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O salto e unha forma de deporte ou entretemento de alto risco, que consiste en se lanzar a auga dunha piscina, lago, rio ou do mar desde algun punto fixo ou vibratil. O punto fixo pode ser a beira da auga, unha rocha, monticulo, pena, acantilado ou incluso unha ponte moi proximos a auga ou sobre ela, no caso de sitios naturais ou non adaptados para o deporte, pode realizarse desde unha plataforma ou a beira da piscina no caso de sitios si adaptados para iso. O punto vibratil pode ser un trampolin no caso dun sitio adaptado, incluso podese deixar caer desde unha corda tendida entre as inmediacions da superficie acuatica.

Un saltador nos Xogos Olimpicos de Veran de 1908 .

O salto para a auga e o nome dado ao conxunto de habilidades que envolve saltar dunha plataforma elevada en direccion a auga, executando movementos esteticos durante a caida. Alen de ser unha tradicion en moitas comunidades, tanto humanas como animais, que viven proximas dunha masa de auga , o salto ornamental e un deporte de grande tecnica, plasticidade e flexibilidade.

Na natureza , o saltador xeralmente ponse en rochedos localizados a beira de rios, lagos ou mares, e de ali salta a auga. A entrada na auga debe ser feita en vertical, principalmente se as alturas de salto son altas ? unha entrada horizontal pode provocar serias lesions .

Na modalidade deportiva, as condicions limitanse por unha plataforma fixa , que pode ter ate 10 metros de altura en relacion a piscina, que debe ter un minimo 4 metros de profundidade; ou por un trampolin a tres metros da auga, unha plataforma flexibel (no sentido vertical), que esixe maior pericia do saltador e permite a execucion de saltos que envolvan unha subida razoabel.

Puntuacion [ editar | editar a fonte ]

Son avaliadas a creatividade do saltador, a sua destreza, o rigor na execucion do salto previsto, a simetria (o saltador non se pode desviar para os lados), a cadencia dos movementos (non pode executar moitos movementos nun espazo curto de tempo, reservando o restante da caida para poucos movementos) e a entrada na auga debe ser perfectamente vertical e debe espallar o minimo de auga posibel (efecto conecido como splash ).

Intres efemeros pero de gran beleza que esixen, como a ximnasia, altos graos de precision, so se conseguen cunha ferrea disciplina, moitas horas de adestramento e a afouteza necesaria para se lanzar un ao baleiro de 10 metros . Os xuices ao calificaren o salto toman en conta seis aspectos:

  1. Aproximacion : o corpo estara recto, a cabeza erguida e os brazos estendidos en calquera posicion.
  2. O impulso ou engalaxe : o salto sera controlado, equilibrado e potente no momento da engalaxe, o salto debe ser alto coa finalidade de rematar o salto o mais arriba posibel para que luza, no caso de que o salto sexa desde un trampolin se calificara tamen o chamado estribo' (caminada e impulso sobre o trampolin).
  3. Elevacion : considerarase a altura que o saltador acade.
  4. Execucion : tratase de avaliar o salto en si mesmo, analizando a tecnica, a posicion, os xiros etc.
  5. Entrada na auga : debera ser vertical co corpo recto, os pes xuntos e os brazos estirados alen da cabeza. Salpicara o menos posibel ao entrar na auga.
  6. Dificultade :isto ten que ver co numero de xiros, posicions e rizos realizados durante o voo e o grupo de saltos ao que pertenzan.

Nos saltos sincronizados terase en conta, a parte do devandito, que ambos os dous saltadores tenan unha elevacion, coordinacion dos movementos e angulos de entrada na auga o mais parecida posibel.

Despois de cada salto o arbitro fai un sinal aos xuices. Estes, sen se comunicar entre eles, inmediatamente mostran as suas puntuacions. Un salto esta acoutado entre cero e dez puntos:

0 ? Fracaso
0,5 - 2 - Insatisfactorio
2,5 ? 4,5 - Deficiente
5 - 6 - Satisfactorio
6,5 - 8 - Bo
8,5 - 10 ? Moi bo

Logo de ter presentado as notas, a mais alta e a mais baixa omitense. O restante e sumado e multiplicado polo grao de dificultade do salto.

Saltadores famosos [ editar | editar a fonte ]