한국   대만   중국   일본 
Sabela de Hungria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sabela de Hungria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSabela de Hungria

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 7 de xullo de 1207 Editar o valor em Wikidata
Sarospatak, Hungria Editar o valor em Wikidata
Morte 17 de novembro de 1231 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Marburgo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Igrexa de Santa Sabela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Hungria Editar o valor em Wikidata
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion filantropa , enfermeira Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua alema Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 17 de novembro
19 de novembro Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Landgrave Editar o valor em Wikidata
Fillos Sofia de Turinxia , Hermann II de Turinxia , Xertrude de Altenberg Editar o valor em Wikidata
Pais Andre II de Hungria Editar o valor em Wikidata  e  Xertrude de Merania Editar o valor em Wikidata
Irmans Violante de Hungria , Ana Maria de Hungria , Bela IV de Hungria , Estevo o postumo de Hungria , Coloman de Galicia e Andre de Hungria Editar o valor em Wikidata

BNE: XX977634 WikiTree: Arpadhazi-48 Find a Grave: 8954468 Editar o valor em Wikidata

Santa Sabela de Hungria [ 1 ] ou Isabel de Hungria (en hungaro : Szent Erzsebet , en aleman : Elisabeth von Thuringen ), nada en Pozsony , Reino de Hungria o 7 de xullo de 1207 e finada en Marburgo , Landgraviato de Turinxia o 17 de novembro , 1231 , foi filla do rei Andre II o Hierosolimitano (1175?1235) e a sua muller Xertrude de Andechs-Merania (asasinada en 1213). Isabel quedou viuva sendo ainda nova, dedicou a sua riqueza aos pobres, construiu hospitais e ali atendeu persoalmente aos necesitados. A partir da sua canonizacion en 1236 converteuse nun simbolo de caridade cristia para toda Europa, estendendose o seu culto moi rapidamente e profundamente desde os territorios xermanicos, polacos, hungaros, checos, ate os italianos, ibericos e franceses.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Isabel naceu en 1207 , froito do matrimonio entre o rei Andre II de Hungria e a sua esposa Xertrude de Merania . A sua nai era irma da relixiosa que posteriormente sera conecida como santa Eduviges de Silesia . Isabel creceu na corte hungara xunto aos seus irmans os principes Bela , Coloman e Andre . En 1215 o seu pai tomou unha nova esposa dous anos despois do asasinato da sua nai, e naceu unha unica filla, Violante de Hungria (a posterior esposa do rei Xaime I de Aragon ). En 1221 Isabel casou co landgrave Luis de Turinxia-Hesse e segundo os rexistros e lendas, o matrimonio estivo caracterizado por un amor correspondido e felicidade. A Luis non lle preocupaba demasiado a reparticion da sua riqueza entre os pobres que Isabel adoitaba levar a cabo, xa que cria que o labor caritativa da sua esposa traerialle unha recompensa eterna; veneralla en Turinxia como santa. Luis foi un aliado proximo e defensor acerrimo dos Hohenstaufen , e en particular do emperador xermanico Frederico II, polo cal na primavera de 1226 , cando Turinxia viuse arrasada por inundacions, fame e unha praga , Luis representou a Frederico II na Dieta de Cremona . Nesta ocasion, Isabel asumiu o control dos seus asuntos e repartiu esmolas por todo o seu territorio, incluso dando vestidos e adornos da corte aos pobres. Debaixo do castelo de Wartburgo, fixo construir un hospital con 28 camas, e visitaba todos os dias aos enfermos para atendelos. Nesa mesma epoca, o inquisidor Konrad von Marburg converteuse no seu director espiritual.

A vida de Isabel cambiou radicalmente cando Luis morreu por mor da praga o 11 de setembro , 1227 , en Otranto, Italia cando se dirixia a unirse a Sexta Cruzada conducida por Frederico II. Poucos dias despois, o 29 de setembro , Santa Isabel deu a luz a sua filla, a beata Xertrude de Altenberg , a cal foi enviada a un claustro das monxas Premonstratenses xunto a Wetzlar, onde foi criada como relixiosa e morreu a unha idade avanzada como abadesa en 1300 .

Isabel morreu en Marburgo, ben debido a esgotamento fisico ou a unha enfermidade, cando contaba so 24 anos de idade. Foi canonizada polo papa Gregorio IX en 1235 , achandose presente na cerimonia o propio emperador Frederico II Hohenstaufen . A sua carta papal pode verse no Schatzkammer da Deutschordenskirche en Viena, Austria. O dia de Pentecostes (28 de maio) do ano 1235, durante a cerimonia de canonizacion, chamoulla "a muller mais grande da Idade Media alema". O seu corpo colocouse sobre un magnifico altar dourado ? que hoxe ainda pode visitarse ? na Elisabethkirche (Igrexa de Santa Isabel, en aleman) en Marburgo. Agora e unha igrexa protestante, pero conta con espazos reservados a fe catolica. Marburgo converteuse no centro da Orde Teutonica , que adoptou a Santa Isabel como a sua segunda patroa. A Orde permaneceu en Marburgo ata que Napoleon I de Francia disolveuna en 1803 .

Na cultura [ editar | editar a fonte ]

Expansion do seu culto [ editar | editar a fonte ]

Igrexa de Santa Isabel en Marburgo, ( Alemana ).
Plano da Igrexa de Santa Isabel de Marburgo (Alemana).

O culto a santa Isabel estendeuse moi rapidamente xusto despois da sua canonizacion, adoptandose en territorios xermanicos, hungaros, polacos e checos. O nome de Isabel cobrou enorme popularidade tras isto e nos territorios ibericos. Tras o matrimonio de Violante de Hungria e Xaime I de Aragon , converteuse nun dos nomes espanois mais tradicionais entre a monarquia e a xente comun por igual.

Logo do matrimonio da princesa Maria (a filla do rei Estevo V de Hungria ) con Carlos II de Napoles e Sicilia en 1270, o culto de Santa Isabel estendeuse igualmente con gran forza aos territorios italianos, quedando numerosos frescos sobre o seu ciclo de lendas como o do domo de Santa Maria Donna Regina Nuova.

Case inmediatamente despois da sua morte, Santa Isabel pasou a ser unha santa patroa da Orde dos Cabaleiros Teutonicos xunto a Virxe Maria e San Xurxo .

Tamen e patroa da Orde Franciscana Segrar (antigamente conecida como Terceira Orde Franciscana ou Venerable Orde Terceira de San Francisco ) xunto con San Luis, Rei de Francia. Santa Isabel mantivo durante anos frecuente trato cos irmans franciscanos da zona e, unha vez abandonada a vida da Corte, chegou a profesar a Regra franciscana e instituir unha fraternidade xunto con catro companeiras, anteriormente as suas serventas. [ 2 ]

A capela mais pequena do mundo (de 1,96 metros cadrados ) esta dedicada a Santa Isabel de Hungria e atopase no monumento Castelo de Colomares de Benalmadena , provincia de Malaga , Espana .

Santa Isabel de Hungria e a Santa Patroa da cidade de Bogota , capital da Republica de Colombia .

E a patroa das enfermeiras en Espana. Celebrase a sua festa e Dia das Enfermeiras en Espana o 17 de novembro. [ 3 ]

Representacions [ editar | editar a fonte ]

Santa Isabel de Hungria. Pintura do domo de Beschreibung, Quelle de 1525.

Santa Isabel adoitase representar comunmente como unha dama vestida con roupaxes reais e coroa cargando un cesto cheo de rosas. Isto e unha alegoria ao milagre das rosas que ocorreu cando estaba a obsequiar pan aos pobres e foi sorprendida polo seu cunado Conrado de Turinxia. Para que non tivese que mentir, ou fose castigada polo nobre xermanico, segundo a lenda Deus fixo converter o contido do cesto en rosas.

Igualmente e comun achar representacions de Santa Isabel, onde esta rodeada de xente pobre ou enferma, ainda que case como motivo fixo achase o cesto cheo de rosas ou de hogazas de pan.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]