한국   대만   중국   일본 
The Rolling Stones - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

The Rolling Stones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Rolling Stones ≫)
The Rolling Stones
Orixe Londres , Inglaterra
Periodo 1962 - presente
Xenero(s) rock , pop , blues
Selo(s) discografico(s) Decca, ABKCO, Rolling Stones e Virgin
Membros Mick Jagger , Keith Richards , Ron Wood e Charlie Watts
Antigos membros Brian Jones , Mick Taylor , Bill Wyman
Na rede
www.RollingStones.com
IMDB: nm1213869 Facebook: therollingstones Twitter: RollingStones Instagram: therollingstones Tumblr: rollingstonesofficial MySpace: therollingstones Youtube: UCB_Z6rBg3WW3NL4-QimhC2A BNE: XX98942 Souncloud: rolling-stones-official Spotify: 22bE4uQ6baNwSHPVcDxLCe iTunes: 1249595 Last fm: The+Rolling+Stones Musicbrainz: b071f9fa-14b0-4217-8e97-eb41da73f598 Songkick: 379603 Discogs: 20991 Allmusic: mn0000894465 Deezer: 11 Genius: The-rolling-stones Editar o valor em Wikidata

The Rolling Stones e un conxunto de rock britanico formado na cidade de Londres no ano 1962 . Marcaron o renacemento do rock and roll tralo periodo de Elvis Presley e ocuparon un lugar importante no redescubrimento do blues negro. Estivo na vangarda das bandas da British Invasion que se fixeron populares nos Estados Unidos dende 1964-1965, e foi unha importante peza da contracultura dos anos 60.

A sua primeira formacion estivo composta por Brian Jones na guitarra e na harmonica, Ian Stewart no piano, Mick Jagger nas voces e na harmonica, Keith Richards na guitarra e nos coros, Bill Wyman no baixo e Charlie Watts na bateria. Jones deixou a banda un mes antes da sua morte en 1969 , e foi substituido por Mick Taylor , que a sua vez seria substituido por Ronnie Wood en 1975 . Dende a saida de Wyman en 1993 , o baixista Darryl Jones ven colaborando coa banda.

Os seus integrantes mais destacados son o guitarrista Keith Richards e Mick Jagger , cantante e lider do conxunto.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Mick Jagger e Keith Richards foron amigos da infancia e companeiros de clase en Dartford , Kent ata que a familia de Jagger se mudou a Wilmington [ 1 ] . Jagger formou unha banda de garage con Dick Taylor , tocando principalmente temas de Muddy Waters , Chuck Berry , Little Richard , Howlin' Wolf e Bo Diddley . Jagger volveu a reencontrarse con Richards en 1960 na estacion de tren de Dartford. Este ultimo levaba uns discos de Chuck Berry and Muddy Waters, e Jagger decatouse de que tinan un interese comun o que os levou a asociarse musicalmente. Richards uniuse a Jagger e Taylor nos seus frecuentes encontros na casa de Jagger. Estes pasaron a realizarse na casa de Taylor a finais de 1961 , onde se lles uniron Allen Etherington e Bob Beckwith. Os cinco rapaces adoptaron o nome de Blue Boys [ 2 ] .

En marzo de 1962 , a banda leu sobre o Ealing Jazz Club no xornal Jazz News e visitaron o lugar o 7 de abril . Ali coneceron a Brian Jones , tocando a slide guitar coa banda seminal de rhythm and blues londiniense Blues Incorporated de Alexis Korner , onde tamen tocaban os futuros membros dos Rolling Stones Ian Stewart e Charlie Watts [ 3 ] . Antes de visitar o Ealing Jazz Club, os Blue Boys enviaranlle unha cinta coas suas mellores gravacions a Alexis Korner, quedando este impresionado. Tras reunirse con Korner, Jagger e Richards comezaron a improvisar con Blues Incorporated.

Brian Jones decidira iniciar unha banda pola sua conta, e puxo un anuncio en Jazz News . Ian Stewart atopou un lugar para ensaiar e uniuse a Jones para iniciar un grupo de rhythm and blues tocando blues de Chicago. Pouco despois, Jagger, Taylor e Richards deixaron Blues Incorporated para unirse a Jones e Stewart. Ao primeiro ensaio tamen foron o guitarrista Geoff Bradford e o vocalista Brian Knight , que declinaron unirse a banda citando obxeccions a tocar os temas de Chuck Berry e Bo Diddley preferidos de Jagger e Richards. En xuno de 1962 a sua formacion era: Jagger, Jones, Richards, Stewart, Taylor e o bateria Tony Chapman . Segundo Richards, Jones bautizou o grupo durante unha chamada de telefono a Jazz News . Cando lle preguntaron por un nome, Jones viu un LP de Muddy Waters tirado no chan, e un dos seus temas era "Rollin' Stone" [ 4 ] [ 5 ] .

1962-1964: facendose cunha base de seareiros [ editar | editar a fonte ]

Jagger, Richards, Jones, Stewart e Taylor realizaron o seu primeiro concerto co nome de "The Rollin' Stones" o 12 de xullo de 1962 no Marquee Club. [ 6 ] Entre o material que tocaron habia cancions de blues de Chicago ademais de temas de Chuck Berry e Bo Diddley [ 7 ] . O baixista Bill Wyman uniriase en decembro dese ano e o bateria Charlie Watts en xaneiro de 1963 para formar a seccion ritmica da banda por moitos anos [ 8 ] [ 9 ] . O enton representante do grupo, Giorgio Gomelsky , aseguroulles unha residencia os domingos pola tarde no Crawdaddy Club, que, segundo Gomelsky, provocou un "renacemento internacional do blues" e foi un aspecto fundamental para a aparicion do fenomeno Swinging London [ 10 ] .

The Rolling Stones asinaron co representante Andrew Loog Oldham , un publicista que chegara a banda polos seus anteriores clientes, The Beatles [ 11 ] . Debido a que Oldham ainda non era maior de idade (tina 19 anos e era mais novo que calquera membro do grupo), el non podia conseguir a licenza de axente, ou asinar calquera contrato sen a sinatura da sua nai. Por necesidade uniuse ao axente Eric Easton . Gomelsky non tina ningun acordo por escrito coa banda e non foi consultado [ 12 ] . Oldham fixo varios cambios no grupo. Mudou a ortografia do nome de "The Rollin' Stones" a "The Rolling Stones". Quitou o "s" do apelido de Richards, quedando Keith Richard, dicindo que "parecia mais pop" [ 13 ] [ 14 ] . Oldham tamen botou a Stewart da formacion. Wyman dixo que Stewart non encaixaba co molde de Oldham de "rapaces guapos, delgados e de pelo longo". Stewart seria representante, tocando o piano en moitos temas no estudio e en concerto, ata a sua morte en 1985 . [ 15 ] [ 16 ]

Decca Records , que rexeitara asinar cos Beatles , ofreceule a The Rolling Stones un contrato con termos moi favorabes. [ 17 ] A banda ganaba tres veces mais en royalties que calquera banda nova, tinan control artistico total sobre as suas gravacions, e eran donos dos masters dos discos. [ 18 ] [ 19 ] O acordo tamen permitia que o grupo usase estudios que non pertencesen a Decca. Regent Sound Studios, unhas instalacions decoradas con caixas de ovos no teito para mellorar o son, converteuse no seu estudio favorito. [ 20 ] [ 21 ] Oldham, que non tina experiencia en gravacions pero nomeouse a si mesmo produtor da banda, dixo que Regent tina un son moi axeitado para o grupo. [ 22 ] Debido as baixas taxas de Regent, a banda puido gravar durante longos periodos de tempo en vez de facelo en bloques de tres horas, algo que se facia en case todos os estudios. Todos os temas do primeiro album britanico de The Rolling Stones foron gravados en Regent. [ 23 ] [ 24 ]

Oldham comparou a independencia dos Rolling Stones coa obriga dos Beatles de gravar nos estudios da EMI , dicindo que iso faciaos parecer "meros mortais... suando no estudi para o home". [ 25 ] Oldham promocionou a The Rolling Stones como os opostos desagradables dos Beatles por ter posado os seus membros sen sorrir para o primeiro album. Tamen alentou a prensa a que usase titulares provocativos como "Deixarias que a tua filla casase cun Rolling Stone?" [ 26 ] Ainda que inicialmente Oldham vestiu a banda traxes uniformes, os membros comezarian a usar roupa de diario para as suas presentacions publicas. [ 27 ]

Unha version do tema de Chuck Berry "Come On" foi o primeiro sinxelo de The Rolling Stones, publicado o 7 de xuno de 1963 . A banda rexeitou tocar a cancion ao vivo, e Decca mercou so un anuncio para promocionar o sinxelo. Baixo a direccion de Oldham, os membros do club de seareiros mercaron copias nas tendas de discos sondeadas polas listas, [ 28 ] axudando a que "Come On" acadase o numero 21 das listas britanicas de sinxelos. [ 29 ] Ter un sinxelo nas listas permitiulle a banda tocar fora de Londres , empezando por unha actuacion no Outlook Club de Middlesbrough o 13 de xullo , onde tocarian con The Hollies . [ 30 ] Posteriormente nese ano, Oldham e Easton organizaron a primeira gran xira do grupo no Reino Unido como abreconcertos de artistas estadounidenses como Bo Diddley , Little Richard e The Everly Brothers . Ese outono converteuse no "campo de adestramento" para a posta en escena da banda. [ 31 ]

Durante esa xira The Rolling Stones gravaron o segundo sinxelo, unha cancion escrita por Lennon?McCartney titulado " I Wanna Be Your Man "; este acadou o numero 12 nas listas britanica. O seu terceiro sinxelo, o tema de Buddy Holly " Not Fade Away ", baseado no estilo de Bo Diddley , publicouse en febreiro de 1964 e chegou ao numero 3.

Oldham dixo que habia pouco futuro para un grupo que perdia significativos royalties de composicion tocando temas de "negros de mediana idade", limitando o seu atractivo a audiencias adolescentes. A instancias de Oldham, Jagger e Richards comezaron a componer temas, calificando este aos primeiros como "nonos e imitativos". [ 32 ] Debido a que as tarefas de composicion avanzaban lentamente, as cancions do primeiro album de The Rolling Stones eran principalmente versions, con so o tema orixinal de Jagger/Richards "Tell Me (You're Coming Back)", e duas pezas acreditadas a Nanker Phelge, o pseudonimo para as cancions acreditadas a todo o grupo. [ 33 ]

A primeira xira estadounidense de The Rolling Stones, celebrada en xuno de 1964 , foi, segundo palabras de Bill Wyman, "un desastre". "Cando chegamos, non tiveramos ningun exito [ali] ou calquera cousa ao noso favor". [ 34 ] Cando a banda apareceu no programa de variedades de Dean Martin The Hollywood Palace , Martin burlouse tanto do seu pelo como da sua actuacion. [ 35 ] Durante a xira gravaron durante dous dias nos Chess Studios de Chicago , conecendo a moitas das suas mais importantes influencias, incluido a Muddy Waters . [ 36 ] [ 37 ] Nesas sesions gravouse o que seria o primeiro numero 1 da banda no Reino Unido , a sua version do tema de Bobby and Shirley Womack " It's All Over Now ". [ 38 ]

O seu concerto o 8 de agosto de 1964 en Scheveningen , Paises Baixos , descontrolouse. A policia antidisturbios rematou coa actuacion uns 15 minutos despois de que esta comezase, e os espectadores comezaron a loitar contra os axentes.

Os Stones seguiron a James Brown & The Famous Flames na edicion da filmacion de The TAMI Show , que amosaba a bandas estadounidenses xunto con artistas da British Invasion . O 25 de outubro o grupo tamen apareceu en The Ed Sullivan Show . Debido ao inicial caos que causou a banda, Sullivan botounos do seu programa, [ 39 ] ainda que tinan reservadas aparicions para anos seguintes. [ 40 ] O seu segundo LP, o so editado nos Estados Unidos 12 X 5 , publicouse durante esa xira; ao igual que o primeiro, conten principalmente versions, acompanadas dalgunha cancion de Jagger/Richards e Nanker Phelge.

O quinto sinxelo britanico de The Rolling Stones, unha version da cancion de Willie Dixon " Little Red Rooster " con "Off the Hook" (acreditada a Nanker Phelge) como cara-b, foi publicado en novembro de 1964 e converteuse no seu segundo numero 1. A distribuidora estadounidense do grupo, London Records , declinou editar "Little Red Rooster" no pais. No mes de decembro London Records lanzaria o primeiro sinxelo da banda con temas orixinais de Jagger/Richards nas duas caras: " Heart of Stone " con "What a Shame" como cara-b; "Heart of Stone" seria numero 19 nos Estados Unidos . [ 41 ]

1965-1967: chegada a fama [ editar | editar a fonte ]

O segundo LP britanico da banda, The Rolling Stones No. 2 , publicado en xaneiro de 1965 , chegaria ao numero 1, e a sua version estadounidense, publicada en febreiro como The Rolling Stones, Now! , acadaria o numero 5. O disco foi gravado nos Chess Studios de Chicago e nos RCA Studios dos Anxeles . [ 42 ] Entre xaneiro e febreiro o grupo realizou 34 concertos ante unhas 100.000 persoas en Australia e Nova Zelandia . [ 43 ]

A primeira composicion de Jagger/Richards en chegar ao numero 1 da lista de sinxelos britanica seria " The Last Time " (publicada en febreiro de 1965); esta acadaria o numero 9 nos Estados Unidos. Posteriormente Richards identificouna como "a ponte no pensamento sobre a forma de componer para os Stones. Proporcionounos un nivel de confianza; un camino de como facelo". [ 44 ]

O seu primeiro numero 1 internacional foi " (I Can't Get No) Satisfaction ", cancion gravada en maio de 1965 durante a sua terceira xira norteamericana. Na gravacion do riff de guitarra co fuzzbox que conduce o tema, Richards pensarao como unha pista de guia para unha seccion de ventos. Oldham editaria "Satisfaction" sen os planeados overdubs de ventos. Publicado nos Estados Unidos en xuno de 1965, o sinxelo pasou catro semanas no primeiro posto das listas, establecendo a The Rolling Stones como unha banda de primeira lina en todo o mundo. [ 44 ] [ 45 ]

A version estadounidense do disco Out of Our Heads (publicado en xullo de 1965) tamen seria numero 1; nel incluianse sete cancions orixinais (tres de Jagger/Richards e catro acreditadas a Nanker Phelge). [ 46 ] O seu segundo sinxelo en ter un numero 1 internacional, " Get Off of My Cloud " foi lanzado no outono dese ano, seguido doutro LP estadounidense: December's Children .

Aftermath (numero 1 no Reino Unido e 2 nos Estados Unidos) editouse a finais da primavera de 1966 , e foi o primeiro album de The Rolling Stones en estar totalmente formado por cancions de Jagger/Richards. Neste traballo as contribucions de Jones foron mais ala de contribucions coa guitarra e a harmonica. A " Paint It, Black " engadiulle un sitar, a balada "Lady Jane" un dulcimer, e a "Under My Thumb" marimbas. Aftermath tamen destacou polo tema de case 12 minutos "Goin' Home", a primeira longa improvisacion nun exitoso disco de rock & roll.

Cartel da sua xira estadounidense de 1965

O exito dos Stones nas listas de sinxelos britanica e estadounidense chegou a sua cima durante 1966. A " 19th Nervous Breakdown ", editado no mes de febreiro e numero 2 en ambolos dous paises, seguiulle o seu primeiro numero 1 transatlantico, "Paint It, Black" (lanzado en maio). " Mother's Little Helper " (xuno de 1966) so foi publicado como sinxelo nos Estados Unidos, onde acadou o posto 8; foi unha das primeiras cancions de pop en tratar o tema do abuso de medicamentos. Cabe destacar que Jagger cantaba este tema co seu acento de Londres , en vez de usar o finxido acento do sur dos Estados Unidos.

O sinxelo de setembro de 1966 " Have You Seen Your Mother, Baby, Standing In The Shadow? " (5 no Reino Unido e 9 nos Estados Unidos) destacou en varios aspectos: foi a primeira gravacion da banda en contar con metais, a (agora famosa) foto da contraportada da version estadounidense amosaba aos membros do grupo vestidos satiricamente de mulleres, e a cancion estaba acompanada por un dos primeiros videos musicais con propositos comerciais, dirixido por Peter Whitehead.

En xaneiro de 1967 publicouse Between the Buttons (3 no Reino Unido e 2 nos Estados Unidos); o album foi o derradeiro traballo de Andrew Oldham como produtor de The Rolling Stones (o seu rol como director da banda fora tomado por Allen Klein en 1965). A version estadounidense incluia o sinxelo de dobre cara-a " Let's Spend the Night Together " e " Ruby Tuesday ", que seria numero 1 nese pais e 3 no Reino Unido. Cando o grupo foi a Nova York a interpretar os temas en The Ed Sullivan Show , pedironlles que cambiases a letra do estribillo a "let's spend some time together". [ 47 ]

Jagger, Richards e Jones comezaron a ser perseguidos polas autoridades polo seu uso de drogas recreativas a comezos de 1967 , despois de que News of the World publicase un artigo en tres partes titulado "Pop Stars and Drugs: Facts That Will Shock You" (Estrelas do pop e drogas: feitos que te sorprenderan). A serie describia festas de LSD organizadas por The Moody Blues as que asistian grandes estrelas como Pete Townshend de The Who e Ginger Baker de Cream , onde supostamente consumian drogas os principais musicos de pop. O primeiro artigo centrabase en Donovan (que foi detido e acusado pouco despois); o segundo (publicado o 5 de febreiro ) falaba de The Rolling Stones. [ 48 ]

Un reporteiro que contribuiu a historia pasou unha tarde no exclusivo club de Londres Blaise's, onde un membro da banda supostamente tomou varias tabletas de Benzedrina , amosou un anaco de haxix e invitou os seus companeiros a ir ao seu piso a fumar. O artigo afirmaba que ese era Mick Jagger , pero o reporteiro trabucouse e estivera escoitando a Brian Jones . Na noite na que o artigo foi publicado Jagger apareceu no programa de Eamonn Andrews e anunciou que ia presentar un recurso por difamacion contra o xornal. [ 48 ]

Unha semana despois, o domingo 12 de febreiro , a policia de Sussex , alertada por News of the World , que a sua vez fora alertado polo chofer de Richards, [ 49 ] irrompeu nunha festa na casa de Richards en Redlands. Non se realizou ningunha detencion no momento, pero Jagger, Richards e o seu amigo Robert Fraser (un tratante de arte) foron acusados por un delito relacionado coas drogas. Richards dixo en 2003, "Cando nos arrestaron en Redlands, de supeto decatamonos de que ese era un xogo totalmente distinto e ai foi cando rematou a diversion. Ata enton fora como se Londres existise nun fermoso espazo onde podias facer todo o que quixeras". [ 50 ]

O longo da decada de 1960 lograron varios exitos como Satisfaction (considerada unha das cancions emblematicas do rock de todos os tempos), Under my Thumb , Honky Tonk Women , Sympathy for the Devil . Malia ser un grupo cuxa musica oscilaba entre o Rock and Roll, o Blues e o Country, no 1967 , do mesmo xeito ca moitas outras bandas, editaron un album de Rock Psicodelico chamado Their Satanic Majesties Request , que non obtivo grande exito.

No 1969 Brian Jones, cuxa saude estaba moi deteriorada polo consumo excesivo de drogas, abandonou a banda. Foi atopado morto durante o veran dese mesmo ano afogado na sua piscina en circunstancias pouco claras. Substituiuno Mick Taylor, que formara parte da banda de John Mayall . Entre 1967 e 1972 gravaron os seus albums mais emblematicos: desde Beggars Banquet a Exile on Main Street , pasando por Sticky Fingers ( 1971 ).

Ao longo dos anos 1970 continuaron unha carreira musical onde o rock and roll , o blues e o country , lles agregaron elementos esporadicos de soul , funk e reggae . Cara a 1974 Mick Taylor abandonou a banda e, para o album Black and Blue de 1976, recrutaron a Ron Wood (exmembro de The Faces ), logo de seleccionar entre distintos guitarristas, entre eles Jeff Beck e Wayne Perkins. Discos como Some Girls (1978) e Tattoo You (1981) mantiveronos en primeira lina ata unha decada dos oitenta marcada por unha longa xira entre 1981 e 1982, discos errados ( Undercover ) e aventuras en solitario de Jagger e Richards. No 1989 a banda reuniuse para editar Steel Wheels e iniciar unha nova xira mundial. A principios dos noventa Bill Wyman abandonou a banda, o que non impide que se sigan sucedendo periodicamente os discos de estudo ( Bridges to Babylon ) e xiras por todo o mundo, incluido un concerto no Estadio Municipal de Balaidos de Vigo o 18 de xullo de 1998 ante 35.000 persoas [ 51 ] . O seu disco Voodoo Lounge (1994) recibiu un premio Grammy ao mellor album de rock. No 2001, Mick Jagger falaba sobre unha nova xira dos Stones e o 3 de setembro , a banda inicia a nova xira mundial "Forty Licks", cunha serie de corenta concertos en quince cidades e que duraria ata febreiro de 2003.

The Rolling Stones continuan activos ata a data e e considerada unha das bandas de Rock mais importantes de todos os tempos.

No 2006 cancelaron todos os seus concertos en Espana . As explicacions que deron: · Barcelona e Madrid: Richards caeu dun cocoteiro o que estaba subido e non puido tocar. · Valladolid e El Ejido: Afonia de Jagger. Segundo a prensa local de Valladolid as suas satanicas maxestades asistian a unha festa privada en Madrid na mesma data do concerto suspendido.

Discografia [ editar | editar a fonte ]

Integrantes de The Rolling Stones ao longo do tempo

Albums de estudio [ editar | editar a fonte ]

Discos oficiais en vivo [ editar | editar a fonte ]

  • Got Live If You Want It! ( 1966 )
  • Get Yer Ya-Ya's Out! ( 1970 )
  • Love You Live ( 1977 )
  • Still Life ( 1982 )
  • Flashpoint ( 1991 )
  • Stripped ( 1995 )
  • Rock And Roll Circus (1995)
  • No Security ( 1998 )
  • Live Licks ( 2004 )

Recompilacions e discos de rarezas oficiais [ editar | editar a fonte ]

  • Big Hits (High Tide & Green Grass) ( 1966 )
  • Flowers ( 1967 )
  • Through The Past Darkly (Big Hits Vol.2) ( 1969 )
  • Hot Rocks 1964-1971 ( 1972 )
  • More Hot Rocks (Big Hits & Fazed Cookies) (1972)
  • Metamorphosis ( 1975 )
  • Made In The Shade (1975)
  • Sucking In The Seventies ( 1981 )
  • Rewind ( 1984 )
  • Singles Collection: The London Years ( 1989 )
  • Jump Back - The Best Of The Rolling Stones '71-'93 ( 1993 )
  • Forty Licks ( 2002 )
  • Rarities 1971-2003 ( 2005 )

DVD [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Nelson 2010, p. 8.
  2. Nelson 2010, pp. 10?11.
  3. Nelson 2010, p. 11.
  4. Jagger et al. 2003, p. 42.
  5. Nelson 2010, p. 13.
  6. Wyman 2002, pp. 36?37.
  7. Bockris 1992, pp. 42?43.
  8. Nelson 2010, pp. 14?15.
  9. Wyman 2002, pp. 40?41; 44?45.
  10. Jagger et al. 2003, pp. 50?51.
  11. Nelson 2010, p. 20.
  12. Wyman 1990, pp. 135?136.
  13. Bockris 1992, p. 63.
  14. Oldham 2000, p. 222.
  15. Oldham 2000, pp. 222?225.
  16. Jagger et al. 2003, p. 62.
  17. Nelson 2010, p. 22.
  18. Oldham 2000, pp. 205, 212.
  19. Jagger et al. 2003, p. 68.
  20. Oldham 2000, pp. 209?210, 212.
  21. Coral, Hinckley & Rodman 1995.
  22. Oldham 2000, pp. 252?253.
  23. Nelson 2010, p. 26.
  24. Oldham 2000, p. 213.
  25. Oldham 2000, p. 205.
  26. Marshall 2012, p. 22.
  27. Wyman 1990, p. 136.
  28. Oldham 2000, p. 221.
  29. "gibson.com - This Day in Music Spotlight: Rolling Stones Riot on Ed Sullivan" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2013 . Consultado o 1 de febreiro de 2014 .  
  30. Cartel do concerto.
  31. Wyman 2002, pp. 80?83.
  32. Oldham 2000, pp. 256?257.
  33. Jagger et al. 2003, p. 84.
  34. Wyman 2002, p. 126.
  35. "tv.com - The Hollywood Palace . Consultado o 2 de febreiro de 2014." . Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2012 . Consultado o 02 de febreiro de 2014 .  
  36. Wyman 2002, pp. 128?129.
  37. Wyman 2002, p. 158.
  38. Wyman 2002, p. 137.
  39. Wyman 2002, p. 154.
  40. [ "Biografia de The Rolling Stones no Rock&Roll Hall of Fame" (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2013 . Consultado o 02 de febreiro de 2014 .   Biografia de The Rolling Stones no Rock&Roll Hall of Fame (en ingles ) .]
  41. Wyman 2002, p. 159.
  42. Wyman 2002, pp. 164?165; 171.
  43. Wyman 2002, p. 166.
  44. 44,0 44,1 Jagger et al. 2003, p. 95.
  45. Wyman 2002, p. 187.
  46. Wyman 2002, p. 195.
  47. Wyman 2002, p. 256.
  48. 48,0 48,1 Paytress 2003, p. 116.
  49. The Guardian (ed.). "Keith Richards: the Keef facts" . Consultado o 1 de setembro de 2014 .  
  50. Jagger et al. 2003, p. 112.
  51. "Madonna marcou en Balaidos, en 1990, o inicio da presenza das grandes estrelas da cancion" , artigo en La Voz de Galicia , 24 de febreiro de 2008.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]