한국   대만   중국   일본 
Ribeira - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRibeira
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  42°33′23″N 8°59′32″O  /  42.5565, -8.9922 Coordenadas : 42°33′23″N 8°59′32″O  /  42.5565, -8.9922
Estado Espana
Comunidade autonoma Galicia
Provincia Provincia da Coruna Editar o valor em Wikidata
Capital de
Capital Santa Uxia de Ribeira Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 27.030 (2023) Editar o valor em Wikidata (391,74 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 69 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 0 m Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Alcalde Editar o valor em WikidataLuis Perez Barral (2023?) Editar o valor em Wikidata
Eleccions municipais en Ribeira Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 15960 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 15073 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web ribeira.gal Editar o valor em Wikidata

Ribeira e un concello da provincia da Coruna , pertencente a comarca da Barbanza . Segundo o IGE en 2020 tina 26.848 habitantes (27.778 no 2012 , 27.699 no 2011 , 27.504 no 2010 ) . O seu xentilicio (vexase no Galizionario) e ≪ ribeirense ≫.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Situacion [ editar | editar a fonte ]

O concello de Ribeira ocupa o extremo da peninsula do Barbanza , asomandose as rias de Arousa e de Muros-Noia .

Orografia e hidrografia [ editar | editar a fonte ]

A maior parte do territorio ocupano os contrafortes da serra do Barbanza , de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes .

Merece especial consideracion o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixan , declarado parque natural , e a illa de Salvora , pertencente a parroquia de Aguino e o Parque nacional das Illas Atlanticas , en fronte da peninsula do Grove (na peninsula do Salnes ).

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Censo total (habitantes) 26.848 (2020)
Menos de 16 anos 3.810 (14,19 %)
Entre 16 e 64 anos 17.377 (64,72 %)
Mais de 64 anos 5.661 (21,09 %)
Evolucion da poboacion de Ribeira   Fontes: INE e IGE .
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
12.218 16.870 18.280 24.542 26.623 27.518 27.699 27.778 27.811 27.565 27.372 27.249 27.159 27.067 26.886 26.848
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia [ editar | editar a fonte ]

Como en toda A Barbanza, abundan os restos megaliticos , entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos . Da idade de bronce e a Pedra das Cabras , petroglifo situado na parroquia de Palmeira.

Da epoca castrexa destacan dous poboados : o castro do Monte da Cida e mailo castro de Artes .

Os fomentadores catalans que chegaron no seculo XVIII construiron fabricas de salgadura . No seculo XIX introducironse as novas tecnicas de conservacion e envasado en folla de lata , co que as fabricas se reconverteron e deron lugar as conserveiras actuais.

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Toponimia [ editar | editar a fonte ]

Ribeira e palabra galega procedente do latin RIPARIA , 'franxa de terra que esta ao lado dun rio, dun lago ou do mar'. [ 1 ] Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite . [ 2 ] As formas escritas con b son xerais para este toponimo ate 1607, [ 3 ] cando se documenta a grafia Santa Eugenia de Riveira . [ 4 ] Desde ese momento, nas mencions (en castelan) a este porto e freguesia, alternanse formas escritas con b, como no Diccionario Madoz , [ 5 ] [ 6 ] e con v.

Santa Uxia fai referencia a santa patroa da parroquia , Santa Uxia de Alexandria . Por outra banda, Uxia e a evolucion do galego antigo Ougia , a sua vez evolucion do nome greco-latino Eugenia . A igrexa parroquial e citada por primeira vez en 1200, na forma Sancte Eugenie de Carraria : "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos". [ 7 ]

O pleno do concello aprobou [ 8 ] o 11 de novembro de 1984 unha mocion para denominar o concello "Santa Uxia de Riveira", con v, previo informe do cronista oficial Carlos Garcia Bayon . O concello basea nese acto a sua utilizacion da forma Riveira malia que a unica forma oficial e Ribeira, tal como aprobou a Comision de Toponimia da Xunta de Galicia.

O 3 de marzo de 2020 o concello aceptou o toponimo oficial nun acto institucional coa participacion do alcalde, Manuel Ruiz , de representantes dos diferentes grupos politicos do concello, do presidente da Real Academia Galega , Victor F. Freixanes , do secretario xeral de Politica Linguistica da Xunta de Galicia , Valentin Garcia , e do director da Comision de Onomastica e Toponimia da RAG, Anton Santamarina . [ 9 ]

Festas e celebracions [ editar | editar a fonte ]

Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do veran. A festa da Dorna ten lugar entre o 18 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrupase en penas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "Voo sen motor", a "Regata de embarcacions feitas a machada" ou o "Gran prix de carrilanas". A festa conta cun "idioma propio".

Ribeira na literatura popular [ editar | editar a fonte ]

Na capela de Santo Alberte realizase un rito adivinatorio co que as mozas intentan saber cando van casar. Para iso lanzan tres anacos de tella e intentan que queden na soleira dunha pequena xanela na absida. O casamento queda garantido se o conseguen. [ 10 ]

Na mesma capela celebrase a romeria de Santo Alberto , na que as esposas dos marineiros intentan garantir a pronta volta dos seus homes mediante o rito do "cambio de tella". Consiste en mover unha das tellas desde un dos puntos cardinais o contrario. Buscan asi que os ventos tenan unha direccion favorable. [ 11 ]

Refraneiro
  • Os de Palmeira beben a cana pola cuncha da vieira . [ 12 ]
  • Ronca Corrubedo, marineiro ponte quedo . [ 13 ]
Cantigueiro
  • A criada do cura/ de Corrubedo,/ ao picar a verdura/ picou un dedo . [ 14 ]
  • As rapazas de Ribeira/ cando se van a banar/ o primeirino que lavan/ e o pecado mortal . [ 15 ]
  • ¡Canto limon pola tina,/ canto limon pola eira!/ Cantas fillas de Maria/ ten o cura de Palmeira . [ 16 ]
  • Este ano hai moito millo,/ tamen hai moitos carozos./ As rapazas de Palmeira/ arrabean polos mozos . [ 17 ]
  • Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxia de Ribeira/ que che habia de poner/ acabador de Palmeira . [ 18 ]
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxia,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ria . [ 19 ]
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxia . [ 20 ]
  • Meu amor esta en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxia/, meu corazon en Carreira,/ meu todo en Vilagarcia . [ 21 ]
  • Os de Palmeira son tolos/ que o dixeron os da Puebla,/ repinican as campanas/ para matar a colebra . [ 22 ]
  • Os do Mano son sapinos,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxia tolos/ e os de Carreira son mulos . [ 23 ]
  • Ribeirina, ribeiresa,/ anque che son de Ribeira,/ anque che son non me pesa . [ 24 ]

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Galeria de imaxes de Ribeira .

Parroquias [ editar | editar a fonte ]

Galicia | Provincia da Coruna | Parroquias de Ribeira

Aguino (Nosa Senora do Carme) | Artes (San Xian) | Carreira (San Paio) | Castineiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa Maria) | Oleiros (San Martino) | Olveira (Santa Maria) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxia)

Lugares de Ribeira [ editar | editar a fonte ]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribeira vexa: Lugares de Ribeira .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ribeira .
  2. Lopez Ferreiro, Antonio (1901). Coleccion Diplomatica de Galicia Historica . Santiago: Tipografia Galaica. p. 417.  
  3. AGON. "A falacia da forma *Riveira" . Consultado o 6 de agosto de 2012 .  
  4. del Hoyo, Jeronimo (1607). Memorias del arzobispado de Santiago .  
  5. Madoz, Pascual (1847). "CASTINEIRAS". Diccionario geografico-estadistico-historico de Espana y sus posesiones de Ultramar (en castelan ) VI . Madrid . p. 194.  
  6. Gaceta de Madrid de 13 de xullo de 1822
  7. Perez Rodriguez, Francisco Javier (2004). Os documentos do tombo de Toxos Outos . Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Seccion de Patrimonio Historico. p. 654. ISBN   84-95415-82-8 .  
  8. Que fue de la v de Ribeira
  9. Marcos Perez Pena (3 de marzo de 2002). "O Concello de Ribeira acepta, despois de catro decadas, o toponimo legal da localidade" . Praza.com.  
  10. Vitor Vaqueiro.
  11. Turismo.gal [consultado o 12.03.2022].
  12. Clodio Gonzalez Perez, 142.
  13. Lino Lema Bouzas, 9.
  14. Alvaro das Casas, en Nos 94, 15.10.1931, 192.
  15. Fermin Bouza Brey 1929, 176 e 195.
  16. Fermin Bouza-Brey 1929, 175. No orixinal: pol-a .
  17. Fermin Bouza-Brey, 1929, 178. No orixinal: pol-os .
  18. Fermin Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Santa Enxia [sic].
  19. Fermin Bouza-Brey 1929, 169. No orixinal: Santa Euxia . Bouza Brey explica que "marroguento" refirese de xeito despectivo a "aquel que ten tripas de polbo".
  20. Fermin Bouza-Brey 1929, 169. No orixinal: "Santa Euxia".
  21. Fermin Bouza-Brey 1929, 158. No orixinal: Sta. Euxia .
  22. Fermin Bouza-Brey 1929, 171. En nota explica a orixe desta cantiga, tomada de "Os oestrimnios..." de Cuevillas.
  23. O Xobre (ou O Mano) e parroquia da Pobra do Caraminal . Palmeira, Santa Uxia e Carreira son de Ribeira. No orixinal: os de O Mano , Santa Euxia . Fermin Bouza-Brey 1929, 169.
  24. Fermin Bouza-Brey: Paradela, en Nos 90, 15.06.1931, 108.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • BOUZA BREY, Fermin : "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsimile II].
  • Fermin Bouza-Brey (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", en "Arquivo Filoloxico e Etnografico de Galiza", en Nos .
  • CASAS, Alvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filoloxico e Etnografico de Galiza", en Nos 1931.
  • GONZALEZ PEREZ, Clodio : “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografia maritima , cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas marineiras . I Encontro de embarcacions tradicionais, Galicia 1993.
  • VAQUEIRO, Vitor : Mitoloxia de Galiza. Lendas, tradicions, maxias, santos e milagres , ed. Galaxia, Vigo 2011, s. v. penas dos namorados .

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Galicia | Provincia da Coruna | Parroquias de Ribeira

Aguino (Nosa Senora do Carme) | Artes (San Xian) | Carreira (San Paio) | Castineiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa Maria) | Oleiros (San Martino) | Olveira (Santa Maria) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxia)


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre concellos de Galicia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.