한국   대만   중국   일본 
Republica Serbia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Republica Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepublica Serbia
Република Српска (sr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Himno Moja Republika Editar o valor em Wikidata

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  44°45′N 17°19′L  /  44.75, 17.32 Coordenadas : 44°45′N 17°19′L  /  44.75, 17.32
Estado Bosnia e Hercegovina Editar o valor em Wikidata
Capital Saraxevo
Banja Luka Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 1.228.423 (2013) Editar o valor em Wikidata (49,42 hab./km² )
Lingua oficial lingua serbia
lingua bosniaca
lingua croata Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 24.857 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 355 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 9 de xaneiro de 1992 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Presidencia da Republica Servia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata?eljka Cvijanovi? (pt) Traducir (2018?2022) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataRadovan Vi?kovi? (en) Traducir (2018?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo National Assembly of Republic of Srpska (en) Traducir , (Escano: 83) Editar o valor em Wikidata
PIB per capita 6.700.000.000 $ (2019) Editar o valor em Wikidata
Moeda Marco convertible Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2 BA-SRP Editar o valor em Wikidata

A Republica Serbia [ 1 ] (en adiante RS) ( serbio : Република Српска ) e unha das duas entidades politicas que forman Bosnia e Hercegovina . A outra e a Federacion de Bosnia e Hercegovina . Ten unha superficie de 24 811 km² e unha poboacion de 1 490 993 habitantes, e o seu himno titulase Moja Republika [ 2 ]

Nome [ editar | editar a fonte ]

A Republica Serbia e chamada de xeito comun na prensa e medios oficiais Republika Srpska . [ 3 ] Segundo as regras das linguas eslavas, Srpska (ou sexa de Serbia ), pode ser tanto un adxectivo como un nome propio. Por mor da posible confusion entre esta parte de Bosnia e Hercegovina e a Republica de Serbia (ou Serbia , pais independente), en ocasions o nome Republika Srpska deixase sen traducir nos paises non eslavos para evitar confusions.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

A RS comprende o 48% da superficie do pais, e ten aproximadamente o 34% da poboacion. Estes datos como case todos os da antiga Iugoslavia son estimacions, xa que o derradeiro censo oficial tivo lugar en 1991 [ 4 ] . O 88,4% da poboacion e serbia, bosniacos 10,7% e croatas 0,9%. Durante as guerras dos Balcans a rexion recibiu a refuxiados serbocroatas e serbobosnios doutras partes da antiga Iugoslavia.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Trala independencia de Eslovenia e Croacia da antiga Iugoslavia o 24 de outubro de 1991 , crease a Asemblea Serbobosniaca para defender os intereses serbobosnios dentro da antiga Republica Iugoslava de Bosnia e Hercegovina. Esta asemblea organizou un referendo para manterse unidos a Iugoslavia no caso de independencia de Bosnia e Hercegovina . O lider do principal partido serbiobosniaco Radovan Karadzic organizou as "Provincias Autonomas Serbias" e posteriormente declarou os territorios como Republica do Pobo Serbio de Bosnia e Hercegovina ( Република српског народа Босне и Херцеговина ). Isto foi declarado inconstitucional polo goberno de Saraxevo , que votou unha nova constitucion secesionista de Iugoslavia (caso analogo a da Republica Krajina de Serbia en Croacia).

En marzo de 1992 proclamase a independencia de Bosnia e Hercegovina co desacordo dos serbobosniacos(un terzo da poboacion). Como reaccion a Republica Serbia de Bosnia e Hercegovina declarou a sua independencia o 7 de abril , e o 12 de agosto eliminaba a referencia a Bosnia e Hercegovina no nome quedando so en Republika Srpska. Forzas paramilitares serbias e o exercito iugoslavo ( JNA , mandado polos serbios pero non formado unicamente por serbios) intentaron impedir a secesion bosniaca.

De 1992 a 1995 , e dicir, durante a guerra de Bosnia, os serbobosnios da Republica Serbia era un dos tres bandos enfrontados: os outros dous eran os bosniacos e os bosniacocroatas da Republica Croata de Herzeg-Bosnia . Durante a guerra e segundo o Tribunal Internacional para a Antiga Iugoslavia, os serbobosniacos abriron campos de concentracion, levaron a cabo masacres masivos (ver masacre de Srebrenica ) e actos de xenocidio e limpeza etnica da poboacion non serbia.

Segundo o Acordo de Paz de Dayton , a Republica Serbia ficaria co 49% do territorio de Bosnia e Hercegovina e reconeceriaselle o status de entidade propia en confederacion coa Federacion de Bosnia e Hercegovina para formar Bosnia e Hercegovina .

Por mor da guerra e dos desprazamentos forzosos de poboacion, a transicion a economia de mercado vese complicada. O Alto Representante para Bosnia e Hercegovina tivo que apartar dos seus cargos a moitos dirixentes serbiobosniacos acusados de corrupcion ou de crimes de guerra. Debido o referendo de Montenegro e a cada vez maior insatisfaccion dos serbiobosniacos co goberno de Saraxevo , moitos queren convocar un referendo de seu, ainda que a comunidade internacional non acepta a lexitimidade dun referendo convocado por unha das entidades do Acordo de Dayton.

O 1 de xaneiro de 2006 a Republica Serbia deixou de xeito oficial de ter forzas armadas como reivindicacion da OTAN para un acordo de cooperacion con Bosnia e Hercegovina. Pese a que Saraxevo e a capital de iure da Republica Serbia, Banja Luka e a capital de facto , coa maioria das sedes do goberno rexional.

Notas e referencias [ editar | editar a fonte ]

  1. Nome en galego empregado, por exemplo, en publicacions do IGADI como Un estatuto final para Kosovo ou A Krajina e os que sentan na Haia .
  2. (en serbio ) Srpska ? Portal javne uprave Republike Srpske: Simboli at the Governament of Republika Srpska official website (consultado o 17 de maio de 2012).
  3. Por exemplo en: Galicia Hoxe (ed.). "A defensa de Karadzic negara a existencia do xenocidio de Srebrenica" . Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015 . Consultado o 25 de novembro de 2014 .  
  4. "Datos do censo" . Arquivado dende o orixinal o 30 de xuno de 2013 . Consultado o 30 de xuno de 2013 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]