한국   대만   중국   일본 
Rasmus Rask - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rasmus Rask

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Rasmus Christian Rask ≫)
Infotaula de personaRasmus Rask

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (da) Rasmus Christian Rask Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 22 de novembro de 1787 Editar o valor em Wikidata
Brændekilde, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 14 de novembro de 1832 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Assistens Kirkegard Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Xermanistica , estudos orientais (pt) Traducir, linguistica , filoloxia xermanica e Slavic philology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacion linguista , historiador da lingua , profesor universitario , filologo Editar o valor em Wikidata
Empregador Universidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Membro de
Alumnos Benjamin Thorpe Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua dinamarquesa , lingua inglesa , lingua alema , lingua sueca , lingua finesa , lingua italiana , lingua persa , lingua norueguesa , lingua hindi , lingua neerlandesa e lingua castela Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Pais Niels Hansen Rasch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Birthe Rasmusdatter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1581367 Find a Grave: 8740 Editar o valor em Wikidata

Rasmus Christian Rask , nado o 22 de novembro de 1787 e finado o 14 de novembro de 1832 , foi un filologo, linguista e poligrafo dinamarques , considerado como un dos fundadores da Gramatica comparada .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Rask naceu en Brændekilde , na illa dinamarquesa de Fionia . Estudou na Universidade de Copenhague , onde mostrou un extraordinario talento para a adquisicion de linguas. En 1808 foi nomeado conservador axudante da biblioteca universitaria, e alguns anos mais tarde profesor de historia literaria . En 1811 publicou (en danes , unha " Introducion a Gramatica do islandes e outras antigas linguas nordicas ", a partir de materias, impresos e manuscritos acumulados polos seus predecesores en tal campo de investigacion, que lle conferiu reputacion solida.

A fama asi ganada por Rask facilitoulle o acceso a Intitucion Arnamagnæan , na que foi empregado como editor do Lexicon Islandes (1814) de Bjorn Halldorsson , que permanecera longo tempo como manuscrito. Rask visitou Islandia , onde residiu entre 1813 e 1815, facendose un mestre no dominio da sua lingua ao tempo que se familiarizaba coa literatura, habitos e costumes dos nativos. Ao interese que inspiraron en Rask pode, probabelmente, atribuirselle o establecemento en Copenhagen , a comezos de 1816 , da Sociedade Literaria Islandesa , da que foi o primeiro presidente.

Viaxe a Oriente [ editar | editar a fonte ]

Tumba de Rasmus Rask en Assistens Kirkegard, Copenhague. Podense ver inscricions en persa, nordico antigo e sanscrito.

En outubro de 1816 , Rask abandonou Dinamarca, para emprender unha expedicion literaria, a custa do rei, a fin de continuar as suas investigacions sobre as linguas orientais, e recoller manuscritos para a biblioteca universitaria de Copenhague. Dirixiuse primeiramente a Suecia , onde estivo dous anos, durante os cales realizou excursions a Finlandia para estudar o fines . Estando ainda en Suecia e na lingua dese pais, publicou a sua Gramatica anglosaxoa en 1817. En 1818 , publicou, esta vez en Copenhague e en danes, o " Ensaio sobre a orixe da Antiga Lingua Escandinava ou Islandesa ", na que marca a profunda afinidade dese idioma con outras linguas europeas, nomedamente co latin e o grego . No mesmo ano, dou a conecer as primeiras edicions completas dos Edda , tanto o de Snorri Sturluson como o de Sæmundr , publicando os textos orixinais e as traducions ao sueco.

Desde Estocolmo , marchou, en 1819 , para San Petersburgo , onde redactou, en aleman , un artigo sobre "As linguas e as literaturas de Noruega, Islandia, Suecia e Finlandia", no numero 6 da Vienna Jahrbucher . Desde Rusia , Rask viaxou para Tartaria desde onde alcanzou o Imperio Persa , residindo durante algun tempo en Tabriz , Teheran , Persepole e mais Shiraz . En arredor de seis semanas, aprendeu persa suficiente, como para poder conversar nese idioma con liberdade.

En 1820 embarcou en Bushire para Bombai , India . Durante a sua estadia nesa cidade, escribiu e publicou, en ingles, unha Disertacion sobre a autenticidade da lingua zenda . Desde Bombay viaxou ate Ceilan , onde chegou no ano 1821 , e moi logo redactou en ingles, unha " Disertacion a respecto do mellor metodo para expresar os sons das linguas da India en caracteres europeos ", que foi publicado en Colombo . Rask volveu para Copenhaguen en maio de 1823, traendo consigo unha considerabel cantidade de manuscritos persas, zendas , palis , cingaleses etc., cos que enriqueceu as coleccions da capital danesa.

Derradeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Logo da sua volta de Oriente, Rask publicou, en danes, varias obras: Gramatica espanola (1824), Gramatica frisoa (1825), Ensaio sobre a ortografia danesa (1826), un Ensaio sobre a Cronoloxia do Antigo Exipto (1827), Gramatica italiana (1827), Cronoloxia xudia antiga con anterioridade a Moises (1828). Fixo tamen unha edicion da Gramatica danesa para ingleses de Schneider, e supervisou a traducion da sua Gramatica anglosaxoa (1830) realizada por Thorpe.

Rask faleceu en Copenhague o 14 de novembro de 1832 , na Badstuestraede , nº 17, onde actualmente hai unha placa na sua lembranza. En 1822, dominaba non menos de vinte e duas linguas e dialectos, e e sona que estudara so duas veces a maioria. Os seus numerosos manuscritos foron trasladados a Biblioteca Real de Copenhague.

Legado academico [ editar | editar a fonte ]

Rasmus Rask foi o primeiro en facer notar a conexion entre o antigo nordico e o gotico co lituano, o eslavo, o grego e o latin. Tivo tamen a idea orixinal do que se coneceu logo como " lei de Grimm ", que trata sobre a mutacion das consoantes no paso do indoeuropeo ao teutonico , ainda que so comparou teutonico, grego e sanscrito.

Karl Verner foi un dos ultimos filologos inspirados en Rask.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Undersøgelse om det gamle Nordiske eller Islandske Sprogs Oprindelse (Ensaio sobre a orixe do antigo nordico ou islandes), 1818.
  • Spansk Sproglære (Gramatica espanola), 1824.
  • Frisisk Sproglære (Gramatica frisoa), 1825.
  • Dansk Retskrivingslære (Ensaio sobre a ortografia danesa), 1826.
  • Italiænsk Formlære (Gramatica italiana), 1827.
  • Den gamle Ægyptiske Tidsregning (Cronoloxia do antigo Exipto), 1827
  • Vejledning til Akra-Sproget pa Kysten Ginea (Introducion a lingua de Accra na Costa de Guinea).
  • Den ældste hebraiske Tidsregning indtil Moses efter Kilderne pa ny bearbejdet og forsynet med et Kart over Paradis (Cronoloxia xudia antiga con anterioridade a Moises consonte as fontes novamente revisadas e acompanada dun mapa do Paraiso), 1828.
  • A Grammar of the Danish language for the use of Englishmen (gramatica danesa para ingleses), 1830.
  • Ræsonneret lappisk Sproglære (Gramatica saami), 1832.
  • Engelsk formlære (Gramatica inglesa), 1832.