한국   대만   중국   일본 
Rabia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rabia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rabia
Clasificacion e recursos externos
Can con rabia, deixando cae-la saliva da boca (1955).
ICD-10 A 82
DiseasesDB 11148
MedlinePlus 001334
eMedicine eerg/493 ped/1974
Aviso médico.
Aviso medico.
Advertencia: A Wikipedia non da consellos medicos .
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consultello ao medico.

A rabia e unha enfermidade infecciosa, producida polo virus da rabia da familia Rhabdoviridae , xenero Lyssavirus , transmisible entre os animais de sangue quente, incluido o home, polo que se clasifica como zoonose . Afecta ao sistema nervioso e causa encefalite . En Espana non se detectaron casos de rabia entre animais salvaxes terrestres desde 1975, en Malaga , ainda que nos anos oitenta e noventa comprobouse a presenza do virus en cans en Ceuta e Melilla . O ultimo caso espanol de rabia humana mortal foi en Melilla, en 1979. A partir de 1987 diagnosticouse a presenza do virus nos morcegos insectivoros da peninsula, e desde enton houbo mais casos nestas especies. Como segue sendo unha enfermidade enzootica en Marrocos , Andalucia presenta mais risco.

O 5 de xuno de 2013 reportouse un caso de rabia nun can de Toledo que finou abatido pola policia o 1 de xuno. O can fora vacinado, pero viaxara a Marrocos en decembro de 2012 sen se cumprir o tempo recomendado para o desenvolvemento da inmunidade a rabia. [ 1 ] Os propietarios do can infectado introducirano en Espana no mes de abril desde Marrocos e un deles viaxou con el dende Cataluna ata Castela-A Mancha no mes de maio, ata que escapou o 31 de maio de 2013. [ 1 ]

En Galicia , o ultimo caso diagnosticouse en 1962 ainda que ata 1994 non se declarou oficialmente o territorio libre de rabia.

Nos paises da Union Europea so houbo un unico caso, mortal, en 2009 , dun cidadan de Romania . Non obstante, no mesmo ano detectaronse 859 casos de rabia animal (151 en animais domesticos, 671 en animais salvaxes e 37 en morcegos), en Romania, Letonia, Italia, Bulgaria e Lituania, pero tamen algun resultado positivo en morcegos en Francia e Holanda.

Considerase como enfermidade de declaracion obrigatoria , tanto nos casos humanos coma nos animais.

O 28 de setembro celebrase o Dia Mundial contra a Rabia (o 28 de setembro de 1895 morreu Louis Pasteur , descubridor da vacina contra a rabia) [ 2 ] . A enfermidade ainda afecta a mais de 150 paises no mundo e provoca decenas de miles de mortes anuais, especialmente en Asia e Africa. A vacinacion e un metodo preventivo totalmente eficaz.

Etioloxia [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen : Virus da rabia e Lyssavirus .

O axente causante da rabia e o virus da rabia (e en menor medida outros serotipos relacionados), que e un virus ARN da familia Rhabdoviridae e xenero Lyssavirus . Hai descritos sete variantes ou serotipos de lisavirus , dos que so dous afectan aos animais terrestres e seis aos morcegos (ambos os grupos comparten un serotipo). So tres (o 1, e en menor medida o 5 e 6) tenen relevancia na nosa area.

  • Serotipo 1, de distribucion cosmopolita. Agrupa as cepas dos carnivoros domesticos e salvaxes e dos morcegos americanos. E o prototipo do virus da rabia (rabia clasica) e utilizase como virus vacinal e e a especie tipo do xenero.
  • Serotipo 2 (virus lagos bat ), propio de Nixeria e Surafrica . Afecta a morcegos fruxivoros. Illado en 1958.
  • Serotipo 3 (virus Mokola ), propio de Nixeria e o Camerun . Afecta a ratos silvestres, cans e gatos.
  • Serotipo 4 (virus Duvenhage ), propio de Surafrica e Rusia . Afecta aos morcegos. Illado en 1971, nunha persoa.
  • Serotipo 5 (virus EBL-1), propio de Europa , incluida Espana. Afecta a morcegos insectivoros. Foi o responsable de duas das mortes de persoas mordidas por morcegos (un terceiro caso foi debido o serotipo EBL-2).
  • Serotipo 6 (virus EBL-2), propio do norte de Europa. Afecta a morcegos insectivoros.
  • Serotipo 7 (virus ABL), propio de Australia . Afecta a morcegos fruxivoros.

Epidemioloxia [ editar | editar a fonte ]

O principal reservorio do virus de rabia en Espana e o raposo , desde o que pasa ao can e deste ao ser humano a traves de trabadas ou por contaminacion de feridas externas (rabunazos, abrasions) a partir do cuspe dun animal enfermo. Ainda asi son posibles outras vias e fontes de contaxio, coma os gatos ou morcegos [ 3 ] . Designase rabia urbana a transmitida polos cans e rabia silvatica a transmitida por raposos e morcegos; e moito mais infrecuente, pero posible, a rabia no gando domestico , esquios , coellos , ratas ou ratos .

O virus da rabia e incapaz de atravesar a pel intacta, polo que necesita ser inoculado a traves da trabada dun animal enfermo ou mediante o contacto do seu cuspe con rabunazos, erosions ou mesmo a traves das mucosas . E posible tamen a transmision por via aerea, comprobada en covas cunha alta poboacion de morcegos. Hai descrito algun caso de transmision por transplante de cornea .

A posibilidade de contaxio pode darse antes de que o animal enfermo manifeste ningun sintoma (cans e gatos transmiten a rabia ata 10 dias antes de mostrar sintomatoloxia) e, por suposto, durante todo o curso da enfermidade.

O periodo de incubacion e variable segundo a especie animal, a profundidade e amplitude da ferida, ou a zona na que se produciu. No home oscila entre 2 e 8 semanas, pero deronse casos de periodos mais curtos ou ata superar o ano. No can, gato e aves e de 14 a 60 dias; no porco , ovella e cabra , de 21 a 60 dias; nos bovidos , de 14 a 28 dias; no cabalo , de 21 a 90 dias. No raposo oscila entre os 25 e 30 dias.

Cadro clinico [ editar | editar a fonte ]

Enfermo de rabia (1959)

A sintomatoloxia mais caracteristica esta representada polo aumento da agresividade do animal enfermo. Outros sintomas dependeran da especie e da fase da enfermidade.

No can describese unha fase inicial, prodromica (asintomatica), tamen chamada periodo melancolico . Ven durar 1-3 dias e adoita pasar inadvertida. No caso de manifestar sintomas, estes consisten en irritabilidade, lixeiros trastornos respiratorios e deposicions e miccions dolorosas.

A segunda fase, de excitacion, e moi curta ou mesmo pode faltar. Caracterizase pola tendencia a agresion a outros animais ou a xente, fuxida do seu contorno domestico e paralise progresiva dos musculos larinxeos , que se manifesta con ladrido rouco, e farinxeos , con degluticion dolorosa que fai que semelle rexeitar comer ou beber. Esta actitude de excitacion ante a auga, pola sede que padece sen poder beber, e a orixe da denominacion de hidrofobia .

Na terceira fase, que dura uns 3-8 dias, estendese a paralise muscular ao maxilar inferior, ao tronco e as extremidades, rematando con paralise total, convulsions e a morte.

No caso do gato, o sintoma mais patognomonico (caracteristico) e a agresividade e a tendencia a agocharse nun curruncho protexido. A paralise e a morte acontece aos 10-12 dias.

No home adoita ser mortal se non se actua antes da aparicion dos primeiros sintomas clinicos. A enfermidade ven durando de 2 a 10 dias e manifesta as tres fases clasicas: unha primeira fase melancolica ou prodromica, con formigo na zona da mordedura, tristeza e abatemento; fase de excitacion, ao cabo de 24-48 horas, con sensibilidade esaxerada ante estimulos sonoros ou luminosos, salivacion continua e espasmos dolorosos farinxeos cando intentan tragar a saliva; e fase paralitica, con convulsions e paralise muscular, que remata coa morte por paralise cardiorrespiratoria. Nun 15% dos casos so se manifesta esta terceira fase.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Epidemiologia, Centro Nacional de (2014-03-10). "Caso de rabia canina importada de Marruecos a Espana. Junio de 2013." . Boletin epidemiologico semanal 21 (17): 225?229. ISSN   2173-9277 .  
  2. "Dia Mundial contra la Rabia 2022" . Consultado o 2022-11-20 .  
  3. Ainda asi, a transmision da rabia pola trabada dos morcegos e improbable, ainda sendo estes portadores do virus. O Instituto de Saude Carlos III estudou un total de 600 agresions de morcegos a persoas desde 1985. Das 600 agresions, so 3 derivaron en rabia humana, en Finlandia (o primeiro caso demostrado de transmision por esta via, que causou a morte dun zoologo), Rusia e Ucraina.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Ministerio de Agricultura: La rabia: bases tecnicas para combatirla , 1978.
  • "Los murcielagos son improbables transmisores de la rabia a los seres humanos", en Informacion Veterinaria , xaneiro 2002.
  • Astorga, R. J.: "La rabia: revision sobre aspectos zoonosicos y policia sanitaria", en Informacion Veterinaria , xullo-agosto 2002.

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]