한국   대만   중국   일본 
Rio Oder - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rio Oder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oder
O Oder en Wrocław
Pais Chequia , Polonia , Alemana
Nacemento Fidl?v Kopec
Lonxitude 866 km
Conca 118.861 km²
Caudal medio 574 m³/s
Desembocadura Mar Baltico
Mapa do curso do Oder.

O Oder (en aleman Oder , en polaco e checo Odra , sorabo Wodra ) e un rio europeo de 866 km de lonxitude, que atravesa a Republica Checa , Polonia e mais Alemana , ate desaugar no mar Baltico .

Percorrido [ editar | editar a fonte ]

Tomando o seu nacemento desde a fonte do seu afluente, o Warthe , a lonxitude seria de 1.045 km. Dos 854 km de percorrido do rio, aproximadamente 112 km transcorren na Republica Checa e 742 km en Polonia (dos que 187 km marcan fronteira entre este pais e Alemana). Dos 118.861 km² da area da conca hidrografica do Oder, corresponden 106.056 a territorio polaco (89 %), 7.217 km² a Republica Checa (6 %), e 5.587 km² a Alemana (5 %).

O Oder nace en Fidl?v Kopec (en aleman Lieselberg ) nos Alpes Moravos ( Odergebirge ), un ramal da cadea dos Montes Sudetes , na Republica Checa, non lonxe da cidade de Olomuc (aleman Olmutz ). Desde ai dirixese para o norte, sinalando, en parte, augas abaixo de Ostrava (aleman Ostrau ) os limites entre a Moravia checa e a Silesia polaca. Unha vez na Silesia, toma, paulatinamente, en direccion para noroeste, atravesando entre outras a importante cidade de Wrocław (a antiga Breslau dos alemans).

En Ratzdorf recibe as augas do Neisse (polaco Nysa ), que desde o norte de Guben marca a fronteira entre Polonia e Brandeburgo . Desde ai, xa o Oder sinala a fronteira con Alemana ate as proximidades de Schwedt. Neste tramo pasa polas cidades de Frankfurt an der Oder , Słubice e Kostrzyn nad Odr? ( Kustrin en aleman). Entre Schwedt e Gartz o Oder dividese en dous brazos: o Oder Occidental (polaco Odra Zachodnia ) e Oder Oriental ( Odra Wschodnia ). O primeiro marca a fronteira desde Mescherin , mentres o segundo corre polo territorio polaco. A pendente, nos derradeiros 30 km do rio ate Szczecin (aleman Stettin ), e apenas dalguns centimetros. Atravesa Police e desemboca no Mar Baltico , no que os alemans chaman Golfo de Stettin (Stettiner Haff).

Afluentes [ editar | editar a fonte ]

Confluencia do Ilanka e o Oder.
Rio Oder en Szczecin .
Rio Oder en Police .

O Oder ten numerosos afluentes, dos que sen dubida destaca o Warta, cos seus 808 km. Velai unha lista, na que se indica en primeiro lugar o nome aleman, e a continuacion en linguas eslavas (checo e polaco); indicase tamen a lonxitude:

Pola esquerda

  • Oppa (ch. Opava, pol. Opawa): 109,2 km
  • Zinna (pol. Psina): 50 km
  • Hotzenplotz (ch. Osoblaha, pol. Osobłoga): 96 km
  • Glatzer Neiße (pol. Nysa Kłodzka): 195 km
  • Ohle (pol. Oława): 91,7 km
  • Lohe (pol. ?l?za): 78,6 km
  • Schweidnitzer Weistritz (pol. Bystrzyca ?widnicka): 95 km
  • Katzbach (pol. Kaczawa): 98 km
  • Bober (pol. Bobr): 268 km
  • Lausitzer Neiße (ch. Lu?icka Nisa, pol. Nysa Łu?ycka): 252 km
  • Welse
  • Alte Oder: 49 km
  • Gunica

Pola dereita:

  • Olsa (ch. Ol?e, pol. Olza): 83 km
  • Raude (pol. Ruda): 50 km
  • Birawka (pol. Bierawka): 50 km
  • Klodnitz (pol. Kłodnica): 76 km
  • Malapane (pol. Mała Panew): 132 km
  • Weide (pol. Widawa): 103 km
  • Bartsch (pol. Barycz): 133
  • Pleiske (pol. Pliszka): 56 km
  • Eilang (pol. Ilanka): 52 km
  • Warthe (pol. Warta): 808 km
  • Mietzel (pol. My?la): 96 km
  • Kuritz (pol. Kurzyca)
  • Rohrike (pol. Rurzyca)
  • Thue (pol. Tywa)
  • Ihna (pol. Ina): 128 km

Navegabilidade [ editar | editar a fonte ]

O Oder e navegabel nunha gran parte do seu percorrido, tan lonxe, augas arriba, como ate Ko?le, onde o rio se conecta ao Canal Gliwicki. O curso superior do rio esta canalizado, o que permite a navegacion de grandes barcazas entre os grandes lugares industriais da area de Wrocław.

No curso inferior, o rio e de curso libre desde as cidades de Eisenhuttenstadt (onde un canal une o Oder co Spree en Berlin ) e Frankfurt (Oder) . Augas abaixo de Frankfurt, o rio Warta constitue unha via navegabel con Pozna? e Bydgoszcz para embarcacions menores. En Hohensaaten o canal Havel-Oder-Wasserstrasse conecta, de novo, o rio con augas de berlinesas .

Espazos protexidos [ editar | editar a fonte ]

No curso baixo do Oder hai un parque nacional, no lado aleman, o Parque Nacional do Baixo Val do Oder ( Nationalpark Unteres Odertal ) con 10.500 ha de superficie, e duas zonas protexidas no lado polaco con 6.000 ( Park Krajobrazowy Dolina Dolnej Odry ) e 30.850 ha. ( Cedynski Park Krajobrazowy ).