Puritanismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoan Calvino

O puritanismo , unha parte radical do protestantismo , tivo a sua orixe na Inglaterra posterior a Reforma en Inglaterra , durante o reinado de Isabel I de Inglaterra .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Durante o seculo XVI , un sector importante da Igrexa de Inglaterra sentia que a ruptura definitiva coa Igrexa catolica romana non se terminou de producir, xa que boa parte da liturxia e as crenzas seguian sendo moi similares. Doutra banda, o anglicanismo estaba demasiado proximo ao poder real ingles, obediente as suas decisions e, xa que logo, arbitrario segundo as conxunturas do momento.

O dogma central do puritanismo era a autoridade suprema de Deus sobre os asuntos humanos. Para alguns, tal autoridade expresabase ata o grao da predestinacion ensinada por Xoan Calvino , pero non todos compartian esta opinion.

Ademais, os puritanos sublinaban que o individuo debia ser reformado pola graza de Deus. Cada persoa, a que Deus mostraba misericordia, debia comprender a sua propia falta de valor e confiar en que o perdon que esta en Cristo foille dado, polo que, por gratitude, debia seguir unha vida humilde e obediente.

Outras notables crenzas incluen:

  • Unha enfase no estudo privado da Biblia.
  • Un desexo de que todos alcancen educacion e ilustracion (especialmente para que todos poidan ler a Biblia por si mesmos).
  • O sacerdocio de todos os crentes.
  • Simpleza na adoracion, a exclusion de vestimentas, imaxes, candeas etc.
  • A non celebracion de festividades tradicionais que eles consideraban estar en violacion dos principios regulares de adoracion.
  • Crenza en gardar como obrigatorio un dia da semana como esta ordenado nos dez mandamentos, no caso deles o dia da resurreccion de Xesus, Domingo.
  • Alguns aprobaban a xerarquia da Igrexa, pero outros buscaban reformar as igrexas episcopais ao modelo presbiteriano. Alguns Puritanos separatistas eran presbiterianos, pero a maioria era congregacionalistas.

A division [ editar | editar a fonte ]

A finais do seculo XVI os puritanos xa se escindiron en duas ramas: unha mais proxima as teses de Calvino, denominados presbiterianos , asi chamados por que as suas igrexas eran gobernadas non por un bispo, senon por presbiteros (ancians do presbiterio ), que impulsaban unha centralizacion paulatina da estrutura eclesial, e outra integrada polos congregacionalistas , que defendian a existencia de igrexas locais completamente independentes unhas doutras.

Crise e emigracion [ editar | editar a fonte ]

A principios do seculo XVII , os puritanos buscaban a reforma completa da Igrexa de Inglaterra para amoldarla as suas crenzas. Isto provocou unha persecucion en toda Inglaterra, chegando ata a considerarselles fora da Igrexa ( 1665 ). Coincidindo coas primeiras ondas de emigrantes a America do Norte , non tardaron en sair moitos deles cara a novas terras onde profesar a sua fe na mais completa liberdade. Sera Nova Inglaterra o lugar onde se fundara a maior cantidade de comunidades puritanas e onde se vivira un autentico auxe das suas crenzas, formando en boa parte o caracter de moitos dos territorios do que serian mais tarde os Estados Unidos de America .

Uso moderno [ editar | editar a fonte ]

Hoxe en dia a palabra "puritano" empregase de forma despectiva para referirse a alguen que ten unha opinion estrita sobre a moral sexual , esta en contra da "cultura do tempo libre" e pretende sempre convencer das suas crenzas aos demais desaprobando os puntos de vista diferentes ao seu. Nada disto e exclusivo dos puritanos, nin tampouco e caracteristica esencial do puritanismo, xa que a sua moral e tendencias asceticas non eran mais extremas que as de calquera cristian europeo da sua epoca. Ademais, os puritanos, polo menos os ingleses, eran relativamente tolerantes cara a outras crenzas. A imaxe popular (especialmente a televisiva) e algo mais exacta como descricion dos puritanos na America colonial, cuxo experimento social adoptou a forma dunha teocracia calvinista.

O puritanismo na literatura [ editar | editar a fonte ]

O comezo da literatura estadounidense conta con escritores puritanos como Cotton Mather ou Thomas Shepard . Os seus textos adoitaban ser panfletos ensaisticos relixiosos ou politicos. Doutra banda, con frecuencia o puritanismo foi un tema central de obras literarias como A letra escarlata onde o seu autor critica o que el considera fanatismo e falsa moral do puritanismo; ou como As bruxas de Salem , onde o seu autor utiliza ese exemplo de fanatismo como imaxe para criticar a persecucion politica do Macartismo .