한국   대만   중국   일본 
Prada (empresa) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Prada (empresa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prada

Tenda de Prada na Galeria Vittorio Emanuele II, en Milan .
Tipo Publica
Fundacion 1913 (como Fratelli Prada)
Localizacion Milan , Italia
Fundador Mario Prada
Industria Moda
Numero de empregados 12 414 (2015)
Na rede
https://prada.com e https://www.pradagroup.com/
Facebook: Prada Twitter: Prada Instagram: prada Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

Prada e unha firma italiana adicada a moda . Fundada por Mario Prada en 1913 como Fratelli Prada (en galego : Irmans Prada ), a firma deu un xiro radical coa chegada a xerencia de Miuccia Prada, neta do fundador, en 1978.

A casa lanzou a coleccion de baixo custo Miu Miu en 1992, e adquiriu Fendi a comezos dos anos 90, firma que vendeu posteriormente a LVMH nun periodo de dificultades financeiras.

Dende 2003 tamen comercializa perfumes, en colaboracion coa empresa catala de moda Puig . [ 1 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

A firma foi fundada por Mario Prada en 1913. Dedicada a confeccion e venda de bauis, bolsos, maletas e zapatos nas suas duas tendas en Milan .

En 1978 a empresa comeza a sua etapa mais decisiva, ao entrar Miuccia, neta do fundador, na compania. Miuccia Prada licenciarase en Ciencias Politicas e amais estudara cinco anos de interpretacion no Teatro Piccolo de Milan. Malia que a sua preparacion non semellaba a apropiada, tina un sentido estetico novidoso e, segundo alguns, infalible. Por aquela enton, a marca seguia producindo principalmente artigos de coiro , e atravesaba anos de dificultades economicas. A competencia doutras firmas de moda semellantes, como Gucci , estaba a perxudicala bastante. Miuccia tornou a situacion cambiando a traxectoria da firma, levandoa ao sector do pret-a-porter de luxo.

En 2003 a compania catala de moda e perfumes Puig comezou a colaborar coa marca.

Arquitectura das tendas [ editar | editar a fonte ]

Prada encargou o deseno das suas novas tendas en Nova York , San Francisco e Os Anxeles ao estudio holandes de arquitectura OMA / Rem Koolhaas .

En 2005, preto das cidades de Valentine e Marfa, en Texas , os artistas escandinavos Michael Elmgreen e Ingar Dragset desenaron o Prada Marfa, unha escultura que semella unha pequena tenda de Prada. O edificio foi parcialmente financiado pola Fundacion Prada. [ 2 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]