한국   대만   중국   일본 
Pobos indoeuropeos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pobos indoeuropeos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os pobos indoeuropeos son aqueles que desde o norte do Caucaso e os arredores do mar Negro e do mar Caspio (rexions de Asia Central ), fixeron varias invasions, sobre todo a India e a Europa , onde se estableceron. O punto en comun mais importante destes pobos era a lingua, e de feito esta foi a herdanza mais importante que deixaron nos lugares nos que se estableceron, saindo deles as linguas indoeuropeas .

Invasions [ editar | editar a fonte ]

Hai uns 5.000 anos expandironse cara a Europa e o nordeste do Mar Caspio . Hai uns 4.000 anos continuaron as invasions cara ao oeste, fundando diversas civilizacions coma a micenica .

Nesta epoca tamen se fai a invasion do val do rio Indo , que destrue a florecente Cultura do val do Indo hai uns 3.600 anos. Os indoeuropeos que invaden o val do Indo, os pobos arios, fanse facilmente coa vasta rexion grazas o emprego das armas de bronce e do carro.

Os arios invadiron tamen probablemente durante esta e posteriores epocas a meseta de Iran , de feito o toponimo Iran fai referencia os arios, significando pais dos arios .

Hai uns 3.000 anos xurdiron novos pobos indoeuropeos, coma os xonios , que invaden Grecia e imponense sobre outros xa indoeuropeos, no caso destes, os aqueos .

Durante esta epoca outros pobos indoeuropeos invaden o leste do Indo, o que hoxe veria sendo case a totalidade do actual Estado Indio , establecendose nesta rexion.

Tamen nesta epoca os celtas, chegados desde Rusia , que se establecen en Europa Central , invaden e ocupan gran parte do resto de Europa , chegando incluso a Asia Menor , cara ao seculo III antes de Cristo , cando os galatas se establecen no que a partir de enton se coneceria como Galacia .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Os textos vedicos falaban dos indoeuropeos como xentes de pel, ollos e cabelos claros. Como o pobo indoeuropeo que invadira o val do Indo fora o dos arios, durante o seculo XIX , epoca na que Europa estaba no maior apoxeo do seu imperialismo , o termo indoeuropeo era conecido por ario , para louvar a raza europea. Este termo foi utilizado tamen noutros momentos, coma por exemplo durante a Alemana de Hitler .

Pobos de Europa non indoeuropeos [ editar | editar a fonte ]

Tendo en conta as linguas que falan, so hai tres pobos en Europa que resistiron as invasions dos pobos indoeuropeos: os fineses , os hungaros e os vascos o falar linguas non indoeuropeas. Poren, os hungaros proceden dos pobos maxiares que se estableceron neste pais moito despois das invasions indoeuropeas.