한국   대만   중국   일본 
Pioneer 11 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pioneer 11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pioneer 11 / Pioneer G
Representacion artistica de Pioneer 11 no Sistema Solar exerior.
Tipo Cientifico
Organizacion NASA
Destino actual Fora de servizo en traxectoria interestelar. [ 1 ]
Data de lanzamento 6 de abril de 1973, 2:11 GMT [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ]
Foguete portador Atlas-Centaur [ 2 ] [ 5 ]
Sitio de lanzamento Base espacial de Cabo Canaveral , rampla LC-36B [ 2 ] [ 6 ]
Obxectivo da mision Estudo de Xupiter , Saturno e do Sistema Solar exterior. [ 2 ] [ 6 ]
NSSDC ID 1973-019A
Masa 259 kg [ 5 ]
Potencia 165 vatios [ 2 ]

Pioneer 11 , tamen conecida como Pioneer G , foi unha sonda espacial lanzada o 6 de marzo de 1973 mediante un foguete Atlas-Centaur desde a base espacial de Cabo Canaveral para sobrevoar Xupiter e Saturno e estudar o Sistema Solar exterior, convertendose na primeira nave en visitar ambolos dous planetas nunha soa traxectoria, a primeira en visitar Saturno e no segundo obxecto humano que saiu fora do Sistema Solar cara ao espazo interestelar . [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Pioneer 11 tivo a sua maxima aproximacion a Xupiter o 3 de decembro de 1974, pasando a 43.000 km do planeta, mentres que pasou a so 21.000 km de Saturno o 1 de setembro de 1979, obtendo as primeiras imaxes deste planeta desde as suas proximidades. A sonda continuou o seu camino, alcanzando a velocidade de escape do Sistema Solar e dirixindose cara ao espazo interestelar a unha velocidade de 2,5 Unidades astronomicas por ano. [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

Os obxectivos da Pioneer 11 foron, en Xupiter e Saturno, estudar as suas atmosferas , campos magneticos , luas e aneis, e na sua viaxe interplanetaria, facer medicions do campo magnetico do Sistema Solar, do po interplanetario, do vento solar e dos raios cosmicos . [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

Nave [ editar | editar a fonte ]

Diagrama da Pioneer 11 cos seus instrumentos.

A nave estaba formada por un corpo principal hexagonal de 36 cm de altura e con lados de 71 cm de lonxitude formado por tubos de aluminio e boro con epoxy situado baixo unha antena parabolica de alta ganancia de 2,74 m de diametro co alimentador da antena a 1,2 m de altura sobre o cal, a sua vez, ia montada a antena de media ganancia. Dun lado do hexagono saia un compartimento coa instrumentacion cientifica, mentres que antena de baixa ganancia colgaba do corpo principal a uns 76 cm en direccion oposta a antena principal. A enerxia para a nave era producida por catro xeradores termoelectricos de radioisotopos (RTG polas suas siglas en ingles) modelo SNAP-19 situados a pares a 3 m do corpo principal e separados 120 graos entre si. Os RTG producian 155 vatios de potencia ao inicio da mision, 144 vatios no momento do achegamento a Xupiter e 100 vatios en Saturno. Do compartimento de instrumentacion estendiase un mastro de 6,6 metros de lonxitude que levaba no seu extremo un magnetometro , situado a esa distancia para que o corpo metalico da nave non interferira nas medicions. A nave orientabase mediante tres sensores de referencia, entre eles un sensor estelar que apuntaba a estrela Canopus e que foi mellorado a partir da experiencia co mesmo sensor na Pioneer 10. Pioneer 11 estabilizabase mediante xiro, controlado por tres pares de propulsores alimentados por hidracina , a unha velocidad nominal de 5 revolucions por minuto. [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

Acaroada ao corpo da nave atopase, igual que na Pioneer 10, unha placa destinada a posibles civilizacions extraterrestres con diagramas e debuxos representando unha parella humana e a situacion da Terra e o Sol na nosa galaxia . [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

Saturno e Titan vistos por Pioneer 11.

As comunicacions entre nave e Terra tinan lugar en banda S mediante as diversas antenas conectadas a un par de receptores a 2110 M Hz e dous transmisores que producian ata 8 vatios de potencia para transmisions a 2292 MHz que eran recibidas na Rede do Espazo Profundo (DSN) da NASA a velocidades que chegaron aos 2048 bps nas proximidades de Xupiter e que eran de so 16 bps ao final da mision. Pouco despois do lanzamento o transmisor principal fallou, tendo que usar o de apoio, que funcionou durante o resto da mision. [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

Despois do paso por Xupiter e Saturno a nave seguiu facendo medicions do espazo interplanetario ata que os instrumentos foron fallando ou a potencia dos RTG non foi suficiente para mantelos todos acendidos co que habia que turnalos para facelos funcionar. [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

As operacions coa sonda finalizaron o 30 de setembro de 1995, momento no que os RTG xa non puideron proporcionar enerxia suficiente para manter ningun instrumento acendido. [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

Instrumentos [ editar | editar a fonte ]

Representacion da placa a bordo da Pioneer 10.

Pioneer 11 levaba a bordo os mesmos instrumentos cientificos que Pioneer 10 mais un magnetometro adicional: [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PIONEER 11" (en ingles) . Consultado o 3 de abril de 2016 .  
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 NASA (12 de febreiro de 2016). "Pioneer 11" (en ingles) . Consultado o 3 de abril de 2016 .  
  3. "Letter dated 17 July 1973 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-15010). 26 de xullo de 1973: 2 . Consultado o 3 de abril de 2016 .  
  4. Claude Lafleur (2010). "Pioneer 11" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012 . Consultado o 3 de abril de 2016 .  
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Pioneer 10, 11, H" (en ingles) . Consultado o 3 de abril de 2016 .  
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 Mark Wade (2011). "Pioneer 10-11" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2010 . Consultado o 3 de abril de 2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]