한국   대만   중국   일본 
Pintura rupestre - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pintura rupestre

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pinturas rupestres en Henarejos, Cuenca.

A pintura rupestre e aquela forma de expresion artistica pictorica que se plasma sobre as rochas, xeralmente no interior de covas, grutas ou cavernas empregadas como abrigo polos homes , pero tamen a ceo aberto e sobre diferentes obxectos.

As pinturas rupestres nas paredes das cavernas, nas cales se representan seres humanos e animais , poden ser encontradas en todolos continentes da Terra . Parece que todolos grupos humanos, o pasaren pola fase de cazadores e recolectores, iniciaron este tipo de traballo plastico duradeiro no cal expresan a especial relacion que tinan coas criaturas do seu contorno e coas suas deidades.

A existencia deste tipo de pinturas esta documentada dende tempos non moi antigos. Jose Mariano Rothea , misioneiro en San Ignacio de 1759 a 1768 , conecia algunhas das grandes pinturas rupestres da Baixa California . Este e o dato mais antigo que se posue sobre o conecemento destas pinturas. Marcelino Sanz de Sautuola descubriu en 1879 as pinturas da cova de Altamira , en Cantabria . Juan Cabre descubriu en 1907 unhas pinturas de cervos na Roca dels Moros , no barranco de Calapata, en Cretas , Teruel , dun estilo diferente das pinturas de Altamira.

Escolas [ editar | editar a fonte ]

As formas artisticas rupestres corresponden a epocas prehistoricas. Estas pinturas permiten acreditar que o home, dende tempos prehistoricos , creou un sistema de expresion artistica cun grao de complexidade suficiente para poder distinguir nel varias tendencias ou escolas.

Escola franco-cantabrica [ editar | editar a fonte ]

Unha delas e a tradicionalmente chamada franco-cantabrica , que se desenvolve en Europa , especialmente en territorio frances e o Norte da Peninsula Iberica . Son conecidas as pinturas de:

Escola levantina [ editar | editar a fonte ]

Nunha data moi posterior, mais relacionadas coas transformacions climaticas xurdidas no Mesolitico , aparecen no sur de Europa novas culturas que dan lugar a novas tendencias pictoricas. En Espana , ademais da zona cantabrica e pirenaica, atopanse pinturas rupestres na area do Levante ( Cataluna , Valencia , Murcia e Andalucia ), con caracteristicas que permiten considerala unha escola diferenciada. Destacan as seguintes:

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

A escola franco-cantabrica caracterizase por empregar motivos moi variados, representanse dende contornos e impresions de mans a figuras de animais , siluetas en negro de cabalos , bisontes , cervos e outras especies propias da fauna do contorno ( mamuts , xabaris, rinocerontes , elefantes etc.), as veces tamen gravados na rocha. Nunha primeira etapa os motivos desta pintura emprega formas sinxelas. Mais adiante o sentido artistico vaise perfeccionando e as figuras non so se perfilan, senon que tamen se decoran no seu interior cun profundo naturalismo, introducindo variedade cromatica, sentido do volume e movemento. As figuras, ainda que se xustaponen sobre a parede, non forman escenas, e case nunca aparece a figura humana. En cambio e moi frecuente a aparicion de signos e simbolos , que se relacionan co caracter maxico-relixioso que se lles atribue a estas manifestacions artisticas.

As pinturas rupestres levantinas distinguense das representacions maxicas de animais da escola franco-cantabrica polos seus temas, referidos a actividade humana: a vida cotia, a caza, a guerra etc. As representacions seguen un estilo que tende a estilizacion , o cal o aproxima a arte rupestre africana.

Os motivos e materiais das distintas pinturas rupestres do mundo tenen un parecido entre si, a pesar de teren sido realizadas a miles de quilometros de distancia e a miles de anos de diferenza. Os materiais que se usaban eran o carbon de lena e diferentes terras de cores, aglutinadas con auga ou graxas de animais.

Significado [ editar | editar a fonte ]

Considerase que as pinturas rupestres estan relacionadas con rituais maxicos ou relixiosos para propiciar a caza , imprescindibles para a alimentacion e a subsistencia. Os primeiros homes tiveron fortemente arraigado un sentido maxico co que pretenderon dominar as forzas naturais adversas ou potenciar as favorables. A maxia e a forma que tina o home de enfrontarse a esas forzas naturais e ponelas o seu servizo, pois cria que posuindo o simbolo ou a representacion das cousas se posuia a mesma cousa.

Sobre as paredes ou o teito das covas, os artistas prehistoricos debuxaban ou pintaban os distintos animais que cazaban. Tamen pintaban escenas de significado ritual ou maxico como, por exemplo, o rito da fertilidade . Crian que representar un bisonte era unha forma de propiciar a sua caza ou que a representacion dunha muller cuns grandes seos aseguraba a fertilidade.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]