한국   대만   중국   일본 
Perez Hilton - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Perez Hilton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPerez Hilton

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 23 de marzo de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Miami, Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Nova York Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion locutor , escritor , actor , blogueiro , xornalista Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 2005 Editar o valor em Wikidata -
Partido politico Partido Democrata Editar o valor em Wikidata
Pseudonimo literario Perez Hilton Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Paxina web perezhilton.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0491768 Allocine: 215850 Allmovie: p524546
Facebook: PerezHilton Twitter: PerezHilton Instagram: perezhilton Musicbrainz: 280566b5-1f9b-4890-8ad8-004bd0d3cfd8 Songkick: 569643 Discogs: 1791435 Editar o valor em Wikidata

Mario Armando Lavandeira Jr. [ 1 ] nado en Miami ( Florida ) o 23 de marzo de 1978 , [ 2 ] e un xornalista blogueiro estadounidense , especializado en novas rosas e ruxerruxes. O seu pseudonimo e Perez Hilton , imitando o nome da actriz Paris Hilton . E neto de galegos .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Antes de comezar coa sua carreira de blogueiro, foi axudante de comunicacion na GLAAD , unha asociacion que loita contra a homofobia nos medios de comunicacion e traballou e dirixiu diversas revistas gais . A finais de 2004 abre o seu primeiro blog, chamado PageSixSixSix , que se converte nunha referencia da prensa rosa na costa oeste estadounidense, e que en so seis meses recibe o cualificativo da web mais odiada de Hollywood . En 2006 pecha ese blog e abre PerezHilton , co titulo do seu pseudonimo, o blog co que se fixo mundialmente famoso. El mesmo [ 3 ] sinala que tina en xullo de 2007 case nove millons de paxinas vistas nun so dia. En setembro de 2007 iniciou a sua primeira experiencia televisiva como condutor da serie de seis episodios O que larga Perez ( What Perez Sez ) na canle VH1 [ 4 ] .

A sua carreira profesional centrase en ruxerruxes da vida persoal de actores e cantantes, o que lle provocou numerosas criticas. Ademais dos seus acertos, tamen ten cometido grandes erros, como cando o 17 de agosto de 2007 Lavandeira anunciou a morte de Fidel Castro . Tamen e conecido pola sua posicion anti-homofobica, denunciando no seu blog comentarios ou actitudes en contra da homosexualidade, asi como polo coming-out (desvelar publicamente a homosexualidade) de politicos que votaron contra leis que favorecian a gais e lesbianas, pero tamen de conecidos cantantes, actores ou xornalistas.

O seu estilo e acido e informal, e abonda en montaxes fotograficas.

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Os seus pais son cubanos emigrados a Miami , pero de procedencia galega [ 5 ] . Na actualidade vive nos Anxeles .

Reconecese amigo da actriz Paris Hilton .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Navarro, Mireya (29 de xullo de 2007). "Love Him or (He Prefers) Hate Him" . The New York Times . Consultado o 22 de decembro de 2015 .  
  2. "Perez's Mad Hatter 34th Birthday Bash!" . PerezHilton.com . 26 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013 . Consultado o 15 de decembro de 2013 .  
  3. http://perezhilton.com/?p=2601
  4. http://www.variety.com/article/VR1117968491.html?categoryId=14&cs=1
  5. http://www.vieiros.com/nova/60597/un-neto-de-galegos-axita-a-bloguesfera-do-corazon

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]