Patinaxe artistica sobre xeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A patinadora Sasha Cohen realizando unha espiral

A patinaxe artistica sobre xeo e un deporte no que individuos, duos, ou grupos realizan figuras con patins sobre o xeo . Foi o primeiro deporte de inverno incluido nas Olimpiadas, en 1908. [ 1 ] Existen catro disciplinas olimpicas: individual masculina, individual feminina, parellas e danza. As disciplinas non olimpicas incluen a sincronizada, cuartetos ou a acrobatica. Desde o nivel intermedio os patinadores xeralmente realizan dous programas (curto e longo) que, dependendo da disciplina, poden incluir piruetas, saltos, secuencias de pasos, levantamentos, saltos lanzados, espirais da morte e outros elementos ou movementos. O organismo encargado da sua regulacion e a Union Internacional de Patinaxe .

Patins [ editar | editar a fonte ]

Patin, decada de 1990

O patin consta dunha bota , semellante a utilizada para a patinaxe artistica sobre rodas e unha folla cun conxunto de grandes dentes afiados na sua parte frontal e que se utilizan principalmente no salto. A folla montase na sola e na calcaneira da bota con parafusos. [ 2 ] As botas adoitan ser predominantemente de coiro , ao ter a cualidade de axeitarse gradualmente ao pe, o que proporciona un control mais preciso dos botins, As solas dos patins modernos habitualmente incluen materiais plasticos mais lixeiros para reduciren o peso do patin, secasi os patins utilizados para saltos multirotacionais tenen un acabado moi rixido [ 3 ] para proporcionaren unha mellor subxeccion lateral nos tornecelos. Podense usar patins de calquera cor, e e abondo comun tapalos con medias, pantalons ou fundas de cores para adaptalos ao tema do programa ou ao atavio do patinador. Ata as primeiras decadas do seculo XX todolos patinadores, homes e mulleres, levaban patins escuros, non obstante algunhas patinadoras famosas, en especial Sonja Henie popularizaron o uso de patins brancos para as mulleres [ 4 ] [ 5 ] , convertendose nunha tradicion malia non estar incluida en norma ningunha.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "About Figure Skating" Arquivado 29 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine ..
  2. Belluck, Pam (22 de xuno de 2009). "Science Takes to the Ice" . The New York Times (en ingles) . Consultado o 26 de abril de 2013 .  
  3. "Material de patinaje" . Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2009 . Consultado o 19 de novembro de 2011 .  
  4. Lawrence, Kelli; Lundquist, Verne (2011). Skating on Air: The Broadcast History of an Olympic Marquee Sport . McFarland. ISBN   9780786446087 .  
  5. Schneider Farris, Jo Anne. "Sonja Henie - Olympic Figure Skating Champion" . Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2011 . Consultado o 19 de novembro de 2011 .