Panavia Tornado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panavia Tornado
Tipo multirrol/ataque
Fabricante Panavia Aircraft GmbH
Primeiro voo 14 de agosto de 1974
Introducido 1979
Estado en servizo
Producion 1979 - 1998
Unidades construidas 990

O Panavia Tornado e unha familia de avions de combate multirrol bimotores con a de xeometria variable, desenvolvidos e fabricados conxuntamente por Italia , Reino Unido e Alemana occidental . Hai tres variantes principais do Tornado: o cazabombardeiro Tornado IDS (Interdictor/Strike), o supresor de defensas aereas inimigas Tornado ECR (Electronic Combat/Reconnaissance) e o interceptor Tornado ADV (Air Defence Variant).

O Tornado desenvolveuse e fabricouse por Panavia Aircraft GmbH , un consorcio trinacional formado por British Aerospace (anteriormente British Aircraft Corporation ), MBB , e Aeritalia . Voou por primeira vez o 14 de agosto de 1974 e entrou en servizo en 1979?1980. Debido ao seu deseno multirrol, foi capaz de substituir a varias frotas de avions cando foi introducido. A Real Forza Aerea Saudita (RSAF) converteuse no unico cliente de exportacion do Tornado. Unha unidade trinacional de adestramento e avaliacion que operaba dende RAF Cottesmore, a Tri-National Tornado Training Establishment, mantivo o nivel de cooperacion internacional mais alo da fase de producion.

O Tornado foi operado pola Royal Air Force (RAF), a Forza Aerea de Italia , e a RSAF durante a guerra do Golfo de 1991 , na cal realizou a meirande parte dos ataque de penetracion a baixa cota. Os Tornado de varios servizos tamen se usaron na guerra de Bosnia , na guerra de Kosovo , na guerra de Iraq , na guerra de Libia de 2011 , e tamen tipo pequenos roles en Afganistan , Iemen , e Siria . Incluidas todas as variantes, fabricaronse un total de 990 Tornado. [ 1 ]

Variantes [ editar | editar a fonte ]

Tornado IDS [ editar | editar a fonte ]

Tornado GR4 da Royal Air Force
Tornado GR1

As variantes IDS (interdictor/strike) da RAF designaronse inicialmente Tornado GR1, con avions modificados posteriormente sendo designados Tornado GR1A, Tornado GR1B, Tornado GR4 e Tornado GR4A. O primeiro dos 228 GR1 entregouse o dia 5 de xuno de 1979, e o tipo entrou en servizo a principios da decada dos 80.

Tornado GR1B

O Tornado GR1B era unha variante do GR1 especializada en loita antibuque, que substituiu o Blackburn Buccaneer . 26 avions foron convertidos e basearonse en RAF Lossiemouth , Escocia. [ 2 ] Cada avion podia levar ata catro misiles antibuque Sea Eagle . [ 3 ] Ao principio o GR1B o GR1B carecia da capacidade de radar para rastrexar barcos, confiando no seu lugar no buscador do misil para adquirir os brancos. Posteriores actualizacions permitiron que os datos do obxectivo fosen pasados ??do avion aos misiles. [ 4 ]

Tornado GR1P

Un unico Tornado GR1 (ZA326, o oitavo avion de producion) foi redesignado GR1P despois de ser parcialmente reconstruido usando partes de diferentes lotes de producion tras un incendio nunha proba de motores. Este aparello serviu co Royal Aircraft Establishment e a Empire Test Pilot's School ata 2005, cando foi retirado, sendo o derradeiro GR1 en servizo no mundo. [ 5 ]

Tornado GR4

O Ministerio de Defensa britanico comezou a estudar a actualizacion de metade de vida (Mid-Life Update) do GR1 en 1984. [ 6 ] A actualizacion ao estandar GR4, aprobada en 1994, melloraria a capacidade no rol de altitude media baseandose nas leccions aprendidas do rendemento do GR1 na guerra do Golfo de 1991. British Aerospace (despois BAE Systems ) actualizou 142 Tornado GR1 ao estandar GR4, comezando en 1996 e rematando en 2003. 59 avions da RAF recibiron posteriormente o paquete de avionica CUSP que integraba a bomba Paveway IV e instalaba un novo modulo de comunicacions seguras de Cassidian na fase A, seguido polo enlace de datos de intercambio de informacion tactica (TIE) de General Dynamics na fase B. [ 7 ] [ 8 ]

Tornado GR1A/GR4A
Tornado ECR da Luftwaffe

O GR1A e a variante de reconecemento operada pola RAF e a RSAF, equipada co TIRRS (Tornado Infra-Red Reconnaissance System) no lugar do canon. [ 9 ] A RAF pediu 30 GR1A, 14 reconstruidos a partir de GR1 e 16 avions novos. [ 10 ] Cando os Tornado GR1 actualizaronse para converterse en GR4, os avions GR1A actualizaronse ao estandar GR4A. [ 11 ] O cambio de operacions de baixo nivel a operacions de nivel medio/alto significa que xa non se utilizaba o TIRRS interno. [ 12 ] Como os sensores internos dos GR4A xa non eran esenciais, a Tactical Reconnaissance Wing da RAF operaba tanto avions GR4A como GR4.

Tornado ECR [ editar | editar a fonte ]

Operado por Alemana e Italia, o ECR (Electronic Combat/Reconnaissance) ne unha variante do Tornado dedicada a misions de supresion de defensas aereas inimigas (SEAD). Foi entregado por vez primeira o 21 de maio de 1990. O ECR ten sensores para detectar o uso de radar e esta equipado con con misiles AGM-88 HARM anti-radiacion. [ 13 ] Os 35 ECR da Luftwaffe entregaronse novos, mentres que Italia recibiu 16 IDS convertidos. Os Tornado ECR italianos diferencianse dos alemans en que carecen de capacidade de reconecemento integrada e usan capsulas de recconecemento RecceLite. So os ECR da Luftwaffe levaban motores RB199 Mk.105, que tinan unha maior potencia. [ 14 ] Os avions alemans non tinan canon. [ 15 ] A RAF usou a version IDS no rol SEAD en lugar do ECR, e tamen modificou varios dos seus Tornado F.3 para realizar esta mision. [ 16 ]

Tornado ADV [ editar | editar a fonte ]

O Tornado ADV (Air Defence Variant) era unha variante de intercepcion desenvolvida para a RAF (designada Tornado F2 ou F3) e tamen operada por Arabia Saudita e Italia. O ADV era menos axil que cazas como o McDonnell Douglas F-15 Eagle , [ 17 ] pero non foi ideado para o combate aereo proximo, senon como un interceptor de longa duracion para contrarrestar a ameaza dos bombardeiros da guerra fria . [ 18 ] Ainda que o ADV tina un 80% de partes en comun co Tornado IDS, o ADV tina unha mellor aceleracion, motores RB199 Mk.104 mellorados, un corpo alongado, mais capacidade de combustible, o radar AI.24 Foxhunter, e cambios no software. So tina un canon para acomodar unha sonda de reabastecemento en voo retractil. [ 19 ] [ 20 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Variants" . www.panavia.de . Consultado o 2020-12-07 .  
  2. Lake World Air Power Journal Volume 30, p. 117.
  3. Laming 1996, p. 97.
  4. Donald World Air Power Journal Volume 33, p. 105.
  5. "Tornado ZA326" . Panavia Tornado Preservation Group (en ingles ) . Consultado o 9 de xullo de 2023 .  
  6. Flight International World Aircraft and Systems Directory . Reed Business Information Ltd. 2001. p. 187. ISBN   0-617-01289-X .  
  7. "Farnborough: Tornado will go out in style" . Shephard (en ingles ) . Consultado o 2023-07-09 .  
  8. Hoyle, Craig. "BAE Systems gets £210 million contract to upgrade UK Tornado GR4s" . Flight Global (en ingles ) . Consultado o 2023-07-09 .  
  9. Evans 1999, pp. 98-99.
  10. Evans 1999, p. 97.
  11. Lake, Air International , abril de 2008, p. 24.
  12. Lake, Air International , abril de 2008, p. 28.
  13. Jackson et al. 1998, p. 237.
  14. Jackson et al. 1998, p. 241.
  15. Davies, Steve. "German SEAD: The Tornado ECRs of JaBoG 32." AirForces Monthly , marzo de 2003, p. 32.
  16. "RAF - Tornado F3" . web.archive.org . 2008-03-14. Archived from the original on 14 de marzo de 2008 . Consultado o 2023-07-09 .  
  17. Haglund 1989, p. 70.
  18. Eagles 1991, p. 88.
  19. Eagles 1991, pp. 88-91.
  20. "TurboUnion" . web.archive.org . 2011-09-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2011 . Consultado o 2023-07-09 .  

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Evans, Andy (1999). Panavia Tornado . Ramsbury, Marlborough, Wiltshire, UK: The Crowood Press, 1999. ISBN   1-86126-201-9 .  
  • Jackson, Paul, Kenneth Munson, Lindsay Peacock and John W. R. Taylor, eds. Jane's All The World's Aircraft 1997?98. Londres: Jane's Information Group, 1998. ISBN 0-7106-1788-7 .
  • Laming, Tim. Fight's On: Airborne with the Aggressors. Minneapolis, Minnesota: Zenith Imprint, 1996. ISBN 0-7603-0260-X .