한국   대만   중국   일본 
Oskar Schindler - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Oskar Schindler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOskar Schindler

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 28 de abril de 1908 Editar o valor em Wikidata
Svitavy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 9 de outubro de 1974 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Hildesheim, Alemana Editar o valor em Wikidata
Causa da morte insuficiencia hepatica Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Monte Sion Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Alemana nazi
Alemana do Oeste Editar o valor em Wikidata
Relixion Catolico non practicante Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion emprendedor , empresario , membro da resistencia , vendedor , industrial , fabricante Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Nacionalsocialista Aleman dos Traballadores (1939?)
Partido Alemao dos Sudetas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua alema , lingua checa , lingua polaca e lingua castela Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
Conxuxe Emilie Schindler
Premios

Paxina web oskarschindler.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0771861 BNE: XX1702528 WikiTree: Schindler-439 Find a Grave: 4724 Editar o valor em Wikidata

Oskar Schindler , nado o 28 de abril de 1908 e finado o 9 de outubro de 1974 , foi un industrial e home de negocios aleman que salvou algo mais dun milleiro de xudeus [ 1 ] do Holocausto xudeu , contratandoos para a sua fabrica de artigos de cocina e municion para a Wehrmacht situada na actual Polonia .

O comezo [ editar | editar a fonte ]

Schindler naceu en Zwittau, Moravia (actual Svitavy), Bohemia (enton parte do Imperio Austrohungaro , actualmente na Republica Checa ), no seo dunha rica familia catolica que se dedicaba os negocios. Durante a sua nenez e mocidade tivo entre os seus mellores amigos a familias xudias. Interesado polos automobiles e motocicletas desde novo, mercou unha Guzzi 250 cc coa que competiu como afeccionado en carreiras de montana en 1928. [ 2 ] Tina unha irma a que era moi proximo, Elfriede, 7 anos menor que el.

Durante a Guerra [ editar | editar a fonte ]

Fabrica de Schindler en Brn?nec

Foi un oportunista e habil home de negocios e non ocultaba a sua afeccion polas mulleres, as festas e a vida bohemia. Estaba casado con Emilie quen, malia os seus devaneos, profesaballe unha profunda admiracion e respecto. Schindler foi recrutado polas SS como informante por un tempo por ser conecedor dos contactos de comerciantes polacos e xudeus adineirados, aproveitandose diso para ganarse a estimaa das altas esferas nazis. Os oficiais nazis vian en Schindler non so a un simpatico e agradable donxoan, senon tamen a unha fonte para proverse ocultamente nas festas de damas da alta sociedade alema, apreciadas pezas e trebellos do mercado negro. Schindler, grazas a estes contactos, viu unha oportunidade de lucrarse cun negocio durante a invasion de Polonia en 1939 , que deu comezo a segunda guerra mundial .

Schindler adquiriu a un baixo prezo unha fabrica en Cracovia, a que nomeou Deutsche Emaillewaren-Fabrik. Esta fabrica coas suas instalacions intactas dedicabase a confeccion de olas e utensilios de cocina en tempos de paz, pero Schindler adaptou a producion para abastecer a Wehrmacht con utensilios de campana. Como a man de obra xermana resultaba cara e ademais escasa, resolveu negociar co comandante do campo de labores de Plaszow, o coronel das SS Amon Goeth. Dende este campo enviabanse trens con xudeus seleccionados para os campos de exterminio de Auschwitz, Treblinka e Sobibor.

Schindler negociou con Goeth o arrendamento de man de obra en xudeus aptos para o seu negocio, seleccionando entre eles a un contable moi habilidoso chamado Itzhak Stern. Obtivo inicialmente uns 300 traballadores xudeus para traballar ali, coa axuda de Stern. Os xudeus seleccionados traballaban durante o dia na fabrica e na noite volvian custodiados por gardas ao campo. Ademais do pago de arrendamento, Schindler debia render un tributo dos beneficios da producion ao coronel Goeth.

A reconversion [ editar | editar a fonte ]

O pouco, grazas a esta convivencia diaria foronse abrindo paso na conciencia de Schindler os relatos das brutalidades e o destino que os nazis daban os xudeus baixo o nome de "reinstalacion xudia". Schindler comezou a tomar gradualmente conciencia que detras da explotacion sistematica e escrava dos xudeus estaba propiciando unha ideoloxia irracional cara o xudeu. A sua fabrica era unha fiestra cara a unha maquinaria de exterminio masivo. Logo da represion do Gueto de Cracovia da cal Schindler foi testemuna, comezou a mudar a sua actitude cara aos xudeus.

Habilmente negociou co coronel Goeth xudeu por xudeu, pagandolle unha suma determinada de dineiro para que cada un deles fose empregado na sua fabrica. Os xudeus eran inscritos nunha lista por Stern. Cando o negocio das olas xa non era satisfactorio coa Wehrmacht cambiou o rubro a producion de capsulas de artillaria para poder manter en pe a fabrica e asi ampliar a solicitude de maior man de obra e tamen manter a salvataxe de xudeus dende Plaszow.

Schindler deu instrucions para que unha parte das capsulas tivesen defectos de fabricacion, en especial as de 88 mm e 75 mm coidando de non caer en evidencia de sabotaxe . O principio poida que se sentise moi motivado polo dineiro (por exemplo, escondendo aos ricos investidores xudeus), pero logo comezou a protexer os seus traballadores sen ter en conta o beneficio economico. Schindler, grazas a sua habilidade, puido protexer os xudeus da sua fabrica e salvalos de morrer nos campos de exterminio. A finais de 1944 Schindler puido salvar mais dun milleiro de xudeus, quedando case na bancarrota.

Despois da guerra [ editar | editar a fonte ]

Tumba de Schindler en Xerusalen

Unha vez liberado o campo de Plaszow polos sovieticos, o coronel Goeth foi aforcado no mesmo campo despois dun xuizo sumario. Despois da guerra Schindler emigrou a Arxentina onde estaba a sua muller, xa que a pesar de axudar os xudeus, foi buscado por pertencer as SS. Dedicouse o negocio da cria de galinas e lontras .

O goberno de Israel liberouno da persecucion en 1955 . En 1958 separouse de Emilie e volveu fracasado a Alemana , xa que os seus negocios en terras arxentinas non prosperaron.

En 1960 , o goberno de Israel reconeceu fondamente a sua iniciativa salvadora para cos prisioneiros de Plaszowr. Foi declarado “Xusto entre as Nacions” polo memorial de Yad Vashem o 1 de xullo de 1967 , permitindoselle plantar unha arbore na Avenida dos Xustos, en Xerusalen, [ 3 ] e intentou socorrelo economicamente unha vez que este retornou definitivamente a Alemana, pero el amablemente rexeitouno e faleceu en Hildesheim a idade de 66 anos, na maior indixencia, en 1974 . Foi sepultado no cemiterio catolico de Xerusalen. [1]

Cinema [ editar | editar a fonte ]

A sua historia fixose famosa a raiz da pelicula A lista de Schindler dirixida por Steven Spielberg interpretada por Liam Neeson . A pelicula mostra a sua vida dende a epoca de negociante, o desenvolvemento da sua vida na guerra e como as suas axudas e negocios axudaron a salvar a vida de moitos xudeus.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. A lista dos xudeus salvados por Schindler pode lerse e contarse Arquivado 30 de outubro de 2018 en Wayback Machine . e o seu numero ascende exactamente a 1.098. Outras fontes, como esta carta de Isaak Stern parecen indicar que o numero poderia ser lixeiramente maior
  2. Crowe, David M. (2004). Oskar Schindler: The Untold Account of His Life, Wartime Activities, and the True Story Behind the List . Cambridge, MA: Westview Press. ISBN 978-0-465-00253-5 .
  3. Oskar Schindler - Yad Vashem - official website (en ingles )

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]