한국   대만   중국   일본 
O pan na cultura popular galega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O pan na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pan de bola

O que segue recolle unicamente informacion diversa sobre a pegada do pan na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta informacion recollese de diferentes traballos etnograficos ?xerais a toda Galicia ou localizados nun ambito xeografico mais concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Recollese non so a informacion referida expresamente o pan, senon tamen a referida a farina e a actividades directamente relacionadas, como sementar, segar etc.; as referidas o millo e a broa recollense no artigo o millo na cultura popular galega .

Ademais do seu significado recto (alimento elaborado con farina, auga, sal e levedo, fermentado e cocido no forno), a palabra pan designa especificamente o centeo ou un cereal en xeral; segundo Eladio Rodriguez, tamen denomina o millo ainda na terra. Pero ademais e un elemento de referencia para designar moitas outras realidades.

Etnografia [ editar | editar a fonte ]

Botando unha vacaloura na auga coa que se fai a masa para enfornar, crese que o pan leveda antes.

Crese que cando as vacas acabadas de parir deitan un costro sanguinolento, debese a algunha meiga lles botara un meigallo. Para superalo, debese acender o forno tres veces o dia e botar nel o leite muxido, co que se supon que asi se mata a bruxa ou, cando menos, se desfai o meigallo [ 1 ] .

Cando meten o pan no forno hai que rezar o seguinte ensalmo: Que Deus te aumente con San Vicente, que Deus te levede con san Mamede . Ou ben: Que Deus te acrecente e o senor san Vicente e a santa Marina, pra que te fagan vir axina .

De sempre, o pan recibiu un trato de respecto debido, seguramente, as implicacions relixiosas derivadas do seu uso por Xesucristo en momentos relevantes do nacemento do cristianismo . O feito de considerar o pan como o Corpo de Cristo esixia darlle un trato especial. Moi probablemente os tempos de fame tiveron que intervir tamen nese mesmo tratamento respectuoso.

Por todo o anterior, nunca se debe tirar o pan o chan e, se nos cae, debe recollerse inmediatamente e bicalo. Se alguen atopa un anaco de pan deitado nun camino, debe recollelo e colocalo onde ninguen o poida pisar.

Cando algun esmolante vena pedir e se lle dea un pan, tamen hai que bicalo antes de darllo. E o pobre debe repetir o xesto antes de agradecelo.

Tampouco se debe tirar o pan sobrante ao lixo, pero se admite botalo ao lume.

E de mal agoiro deixar cravado un coitelo no pan, o mesmo que pousalo na mesa dado a volta.

Fraseoloxia [ editar | editar a fonte ]

Locucions [ editar | editar a fonte ]

A pan e coitelo :
Ter xente na casa, estar a mesa posta
Artigo principal : Locucions galegas sobre o pan .
  • A pan comer : acoller xente na casa, a mesa posta.
  • A pan e auga : aplicase a castigos de xexun.
  • A pan e coitelo : a pan comer.
  • A pan e mantes : a pan comer.
  • A pan pedir : vivir da caridade publica, pedindo esmola.
  • A pan seco comer pan so, sen outro compango nin vino.
  • ¡Asi Dios nos dea pan e paz!

Refraneiro [ editar | editar a fonte ]

En abril espigas mil
Artigo principal : Refraneiro galego sobre o pan .
  • A auga de san Xoan, leva o vino e tolle o pan .
  • A auga de san Xoan, tolle o vino e non da pan .
  • A auga polo san Xoan tolle o vino e non da pan .
  • A choiva no abril da millo e da pan .
  • A chuvia por san Xoan, tolle o vino e non da pan .
  • A falta de pan, bo e pantrigo .
  • A mesa sin pan non te ponas a xantar .
  • A pan de quince dias, fame de tres semanas .
  • A pan duro, dente agudo .
  • O pantrigo fixoo Deus, a broa mandouna facer .

Cantigueiro [ editar | editar a fonte ]

Mariquina da forneira,
a tua nai onte coceu,
dame un anaco de bola
pola nai que te pareu
  • A galina pon o ovo/ pra o proveito da muller:/ o home vai pra o monte/ ¡come broa si a quer! [ 2 ] .
  • A mina Mariquitina/ heina de ensinar a todo;/ a peneirar, a amasar/ i a mete-lo pan no forno [ 3 ] .
  • A mina muller, Farruco,/ eche unha cumprimenteira:/ bebeu un xarro de vino,/ comeu unha bola enteira [ 4 ] [ 5 ] .
  • A mina muller, Farruco,/ eche unha cumprimenteira:/ co rabo dunha sardina/ comeu unha bola enteira [ 6 ] .
  • A mina muller morreu/ enterreina tras do forno,/ pasei onte por ali,/ inda me choscou un ollo [ 7 ] .
  • A mina muller, Farruco,/ eche unha cumprimenteira:/ co rabo dunha sardina/ comeu unha bola enteira [ 8 ] .
  • A muller que ha de ser mina/ ha de ter o cu de pan,/ a barriga de cortizo/ i o nariz de bacallau [ 9 ] .
  • A tua muller, Farruco,/ eche ben cumprimenteira,/ co rabo dunha sardina/ comeu unha bola enteira [ 10 ] .
  • Ai, Xesus, que calma fai/ por riba dos segadores!/ quen fora ramino verde/ que cobrise os meus amores [ 11 ] .
  • As meninas, as de Calvos,/ todas ten a saia rota,/ so a filla da forneira/ que a ten feita de estopa [ 12 ] .
  • Cala, bica balorenta,/ calate e vaite calando,/ que un ollo teno torto/ i o outro estao arremedando [ 13 ] .
  • Cala, cebola rustrida,/ que es bica de formento,/ eres unha penachuda,/ cara de porco cheirento [ 14 ] .
  • Cando eu era rapaz/ faguia mil diabluras:/ mollaba o pan no aceite,/ deixaba a Dios as escuras [ 15 ] .
  • Cando paso a tua porta/ collo pan e vou comendo/ porque non digan teus pais/ que de verte me manteno [ 16 ] .
  • Cando te queiras casar/ busca vino de Xeas,/ pancino de Vilanova/ e carneiro de Gaias [ 17 ] .
  • Cara de leite fervido,/ cara de pan balorento,/ anda tua nai decendo/ que lle come-lo formento [ 18 ] .
  • Caseime no mes de agosto/ porque habia moito pan,/ o forno da mina sogra/ cria o fiollo no vran .
  • Casou Rosa cun mocino/ que e noxenta criatura,/ mais cando non hai o pan/ porveintanse as faragullas [ 19 ] .
  • Catro cartos para pan,/ tres e medio para vino,/ un carto para tabaco,/ ala vai un realino .
  • Cunha codia de pan quente,/ unha sardina salgada/ e o abrazo dunha nena/ pasa un home unha somana [ 20 ] .
  • Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando vena de Bueu [ 21 ] .
  • De almorzo danme papas,/ de xantar papas me dan,/ de merenda danme papas,/ de noite papas sen pan [ 22 ] .
  • Deixame ir, que vou de presa,/ que vou abrir unha poza,/ teno trigo sementado/ no curazon dunha moza [ 23 ] .
  • Dianno-los reises:/ figos, chourizos e vino/ e tamen algun dineiro/ para merca-lo pantrigo [ 24 ] .
  • Durme, meu solcino, durme,/ pra que eu poida traballar;/ teno que lava-los panos,/ peneirar e amasar [ 25 ] .
  • Eres blanca como o leite,/ colorada como o trigo;/ se te non levan de noite/ de dia non tes perigo [ 26 ] .
  • Este ano hai moito trigo,/ ¡casamentos que ha de haber!/ hase de casa-la fame/ coa gana de comer [ 27 ] .
  • Eu non quero ver tristezas,/ queiro o sol a mina beira;/ onda a sombra o pan non crece/ nin da rosas a roseira [ 28 ] .
  • Eu subin o alcipreste,/ subino e baixei de pe;/ non quero pan encetado/ que o meu enteirino e [ 29 ] .
  • Foi a merla onde a formiga/ e pediulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno [ 30 ] .
  • Fun o santo San Andres/ fun coa mina empanada,/ anque o santo e milagreiro/ e amigo da fuliada [ 31 ] .
  • Heiche de dar vino tinto,/ sopas de pan balorento,/ moza que falas comigo,/ mira que perde-lo tempo [ 32 ] .
  • Maria Antonia do Rego,/ a do refaixo marelo,/ andas segando no trigo,/ falando cun ganadeiro [ 33 ] .
  • Mariquina da forneira,/ a tua nai onte coceu,/ dame un anaco de bola/ pola nai que te pareu .
  • Mariquina da forneira/ se coceres faime un bolo,/ se mo fas, faimo de trigo,/ que centeo non cho como [ 34 ] .
  • Maruxa, se vas a sega/ escribeme do camino,/ se non topares papel,/ nas alas dun paxarino [ 35 ] .
  • Maruxina da Portela,/ hoxe tua nai coceu,/ dame un cachino de bola/ pola nai que che pareu [ 36 ] .
  • Marzo, espigarzo;/ abril, penduril;/ maio, granado;/ san Xoan, curado./ Na santa Marina/ metelo na arquina .
  • Meu fillino pequerrecho,/ tesouro da tua naicina,/ durme, que inda hei de ir o muino/ buscar pro pan a farina [ 37 ] .
  • Meu menino, durme, durme,/ que teno que ir amasar,/ durme logo, queridino,/ que te quero ir deitar [ 38 ] .
  • Meu menino, durme, durme,/ que teno que ir o muino,/ teno que ir pola farina/ para fague-lo pancino [ 39 ] .
  • Mina comadre Pelonia, / veno a que me preste un pan. / Meu compadre escaravello, / ¿logo que fixo no vran?
  • Mina nai como e moi probe/ non tina pan que me dar,/ encheume a cara de bicos,/ despois rompeu a chorar [ 40 ] .
  • Mina nai, cando peneira,/ bate cos pes no sobrado,/ dime que non quere xenro/ i eu xa llo teno buscado [ 41 ] .
  • Mina nai, cando peneira,/ bateme cunha varina;/ dime que fuxa dos homes/ coma o gato da sardina [ 41 ] .
  • Mina nai, mina naicina,/ non hai outra como a mina,/ que non comia ela o pan/ por llo dar a sua filla [ 42 ] .
  • Mina nai por me casar/ pormeteume canto tina;/ dende que me viu casada/ deume o fol da farina [ 43 ] .
  • Mozas que van a seitura,/ mozas que a seitura van,/ mozas que van a seitura,/ levanna e non a tran [ 44 ] .
  • Non botes lena no forno,/ se e que xa quente estivere,/ Non rifes, muller, co home,/ cando por algo se altere [ 45 ] .
  • Non chores meu irmaucino/ que a naina esta a chegar:/ foi pola farina ao muino/ e non nos ha de tardar [ 46 ] .
  • Non chores meu pequenino/ que a naicina esta a chegar:/ foi pola farina ao muino/ e teu pai foille asubiar [ 47 ] .
  • O crego e maila criada/ botaron o pan no forno,/ e os pequenos lles dician/ nanai, teta, papai, bolo [ 48 ] .
  • O crego e mais a criada/ ordenaron de cocer;/ tinan a lena no monte/ e a farina por moer [ 49 ] .
  • O cura e maila criada/ ordenaron de cocer,/ tinan a lena no monte/ e a farina por moer [ 50 ] .
  • O dia da mina voda,/ que ogalla sexa mana,/ heime mercar un vestido/ i unha boroa de pan [ 51 ] .
  • O lobo i a muller/ trataron de cocer:/ a lena no monte,/ a farina por moer [ 52 ] .
  • O meu menino e pequeno,/ heino daprender a todo:/ a amasar i a peneirar/ i a que quente ben o forno [ 53 ] .
  • O meu pai foi sancristan/ e fixo moitas diabruras,/ mollaba o pan no aceite,/ deixaba o Cristo as escuras [ 54 ] .
  • O pan trigo, sabe ben,/ dichoso de quen o come!/ Muller bonita casada,/ fortuna para o seu home [ 55 ] .
  • O Roque e maila muller/ ordearon de cocer,/ tinan a lena no monte/ i a farina por moer [ 56 ] .
  • Os ratos coa farina/ ten un bo divertimento:/ eu tamen che me adivirto/ traguendote no pensamento [ 57 ] .
  • Para pantrigo, Castilla,/ para buen vino, el Ribeiro,/ para rapazas bonitas/ viva Facos, que es mi pueblo [ 58 ] .
  • Pequerrechina/ quedei sen pai,/ almas sinxelas/ dademe pan;/ inda son nena/ e no lugar/ andan os mozos/ a ver cal deles/ me ha de levar [ 59 ] .
  • Perguicina, queres pan?/ Quero, quero, se mo dan./ Pois vai busca-lo coitelo./ Ai, non senor, non o quero [ 60 ] .
  • Perinas me dan ao almorzo,/ ao xantar peras me dan,/ a merenda danme peras,/ ao cear peras sen pan [ 22 ] .
  • Sega, foucinino, sega,/ por ise pancino raro,/ que o que quer gana-la vida/ comprelle de ir con coidado [ 61 ] .
  • Sete xastres fan un home/ no ano do pan barato,/ que no ano do pan caro/ precisanse vintecatro [ 62 ] .
  • Sete xastres fan un home/ o ano do pan barato,/ o ano que o pan e caro/ xa fan falla vintecatro [ 63 ] .
  • Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terian que comer/ os tramalleiros de Boa [ 64 ] [ 65 ] .
  • Tanto baillei/ a porta do forno,/ tanto baillei/ que me deron o bolo [ 66 ] .
  • Teno muino e moe farina,/ teno forno e coce pan,/ teno unha muller bonita,/ xa estou feito un capitan [ 67 ] .
  • Terra negra non da pan;/ os mocinos de Galicia/ noutra terra non os hai <refXaquin Lorenzo Fernandez, 153.</ref>.
  • Tiroliro, mina gaita,/ tiroliro, que che falta,/ te-lo vino na bodega/ i o pantriguino na arca [ 68 ] .
  • Todo se me da na man/ se non a sacha do millo/ e mais a sega do pan [ 69 ] .
  • Todos din casar, casar,/ eu tamen me casaria,/ se non fora, mina prenda,/ polo pan de cada dia [ 70 ] .
  • Toma meu cego a limosna/ e non me tome-la man./ - Perdone mina senora,/ pensei que todo era pan .
  • Torradinas de manteiga,/ torradas non quero mais;/ por causa das torradinas/ foxenlle as fillas os pais [ 70 ] .
  • Vaite de ei, carocino,/ terra seca non da pan;/ mais vale quedar solteira/ que casar cun balandran [ 71 ] .
  • Viva O Mano, viva O Mano,/ que e terra de moito pan,/ o forno da mina sogra/ bota uvas polo vran [ 72 ] .
  • Xa hai tres dias que non como/ senon lagrimas con pan;/ ises son os xantarcinos/ que os teus amores me dan [ 73 ] .

Recitados [ editar | editar a fonte ]

-Preguizosa, ¿queres pan?
-Si, senora, se mo dan.
-Pois vai colle-lo coitelo.
-Non senora, asi non quero.

O pan, fonte de lexico [ editar | editar a fonte ]

Ademais do seu significado recto (alimento elaborado con farina, auga, sal e levedo, fermentado e cocido no forno), a palabra pan designa especificamente o centeo en numerosas localidades, sexa en gran, sexa ainda na terra, ou un cereal en xeral; segundo Eladio Rodriguez, tamen o millo na terra. Pero ademais e un elemento de referencia para designar moitas outras realidades, algunhas relacionadas directamente co pan (formas, presentacions, caracteristicas do pan) e outras como elemento metaforico:

Variedades de pan
  • bolo : peza de pan redonda e alta, tamen chamado molete .
  • pan abenzoado : pan que se bendecia na misa e que se repartia entre os fieis nos dias solemnes.
  • pan albeiro : pan de trigo, moi branco e fino.
  • pan acimo : pan feito sen levedo.
  • pan branco : pan elaborado con farina de trigo.
  • pan centeo, pan centeio : pan de centeo.
  • pan da borralla : pan cocido na cinza.
  • pan da lareira : pan cocido sobre a pedra da lareira, cuberto cunha tapa de ferro que a sua vez se cobre de brasas.
  • pan da voda : bola de pan que se repartia entre os asistentes a unha voda, con caracter simbolico.
  • pan de boroa : pan de millo.
  • pan de entrepeneiras : pan de mestura.
  • pan de figos : pan elaborado con figos, amendoas e especias, con forma de torta.
  • pan de mestura : pan elaborado coa mestura de duas farinas diferentes, como tal millo e trigo. Para Eladio Rodriguez, o elaborado con farina milla mesturada coa de trigo ou de centeo.
  • pan de millo : broa.
  • pan de molde : pan de codia branda e o miolo esponxoso, con forma rectangular, cortado en rebandas e empaquetado.
  • pan de ovo : roscon, elaborado con ovos e azucre.
  • pan de peneira : ver: pan picon .
  • pan de peso : pan de trigo, redondo e de gran tamano, elevado no centro onde presenta unha especie de mamila. Chamase asi porque se vende normalmente o peso, segundo o demande o comprador.
  • pan de picos : bolo feito con farina de trigo, formado con duas barras de masa terminadas en punta e enlazadas polo centro, de forma que quedan as catro puntas saintes e equidistantes.
  • pan de poia, pan de proia : torta que fai o forneiro cos restos da masa que se coce no seu forno. Adoita deixarse como pago en especie do usuario o propietario do forno.
  • pan de relon : pan elaborado coa farina da segunda criba. Tamen designa o pan elaborado co relon: casca dos cereais que se separa da farina.
  • pan do lar : nome xenerico que reciben diversas clases de pan cocido na pedra da lareira ( bica do lar e bola do lar ).
  • pan dos anxos : ver pan eucaristico .
  • pan dos dias de festa : pantrigo.
  • pan eucaristico : hostia consagrada na misa.
  • pan feiral : trigo ou centeno comprado na feira ou no mercado.
  • pan froleado : pan elaborado coa flor da farina de trigo.
  • pan granon : pan moreno, feito con farina de trigo lixeiramente peneirada.
  • pan integral : pan elaborado con farina integral.
  • pan milleiro : broa.
  • pan negro : pan de centeo.
  • pan picon : pan elaborada coa farina pasada por unha segunda peneira.
  • pan reganado : pan que se abre no forno, por estar moi quente.
  • pan relado : pan seco e moido que se emprega xeralmente para rebozar.
  • pan resesigo, pan reseso : pan que non esta cocido no dia senon o anterior ou mais atras, polo que comeza a endurecer.
  • pan seco: pan so, sen outro acompanamento.
  • pan terzado : pan elaborado con tres tipos de farina, que adoitan ser de centeo, de millo e de trigo.
  • pantrigo : pan elaborado con farina triga.
O pan como metafora
Pan do demo
( Amanita phalloides )
  • burra de pan : morea de feixes de palla, herba, etc, nas leiras
  • cabeza do pan : espiga do cereal.
  • mosca do pan : gorgullo .
  • pan da morte : cogomelo venenoso tamen chamado Cacaforra da morte ( Amanita phalloides ).
  • pan da zorra : ver pan da morte .
  • pan de amigo : soporte que sosten as "bancadas" nunha barca .
  • pan de can : ver pan da morte .
  • pan de cobra : cogomelo que o informante non identifica. Pode ser o tamen conecido como peido de lobo .
  • pan de cobrega : ver pan de cobra .
  • pan de corvo : cornizo do centeo .
  • pan de cuco : planta tamen chamada aleluia ( Oxalis acetosella ).
  • pan de cuco : planta tamen chamada erbellaca ( Vicia sativa ).
  • pan de cuco : planta ( Vicia hirsuta ).
  • pan de curuxa : ver pan de cobra .
  • pan de gaivota, de gavota : esponxa marina .
  • pan de gaivota : cuncha interna da xiba .
  • pan de lagarto : especie de sempreviva ( Sedum acre ).
  • pan de lagartos : planta de zonas costeiras ( Sedum album ).
  • pan de lagosta, de langosta : ver pan de gaivota (esponxa).
  • pan de mouro, pan mouro : ver pan de gaivota (esponxa).
  • pan de paxaro : ver pan de lagarto e pan de lagartos .
  • pan de pega : ver pan pego .
  • pan de raposo : especie de cogomelo ou fungo que o informante non identifica.
  • pan de sapo : ver pan de cobra .
  • pan de sapo : ver pan de gaivota (esponxa).
  • pan do demo : ver pan da morte .
  • pan do demo : cogombro de mar ou holoturia (un equinodermo marino).
  • pan e queixo : planta ( Pontentilla erecta ).
  • pan e queixino : ver panqueixo .
  • pan pego : posta de ovos da barbantesa ( Mantis religiosa ).
  • pan senso : ver pan de gaivota (xiba).
  • panqueixo : planta ( Capsella bursa-pastoris ).

Outros [ editar | editar a fonte ]

  • Na novela Memorias dun neno labrego , de Xose Neira Vilas , o autor sinala as preocupacions de Balbino ao comer pan de millo (a sua nai "sentaballe mal a broa"), mentres os nenos de familias mais adineiradas podian mercar "pantrigo".
  • O Padre Sarmiento escribiu "Os rusticos comen pouco pan de trigo, o mais comun que comen e pan de millo".
  • Castelao describiu unha Galiza sonada por el coma "Vexo aos nenos, loiros e bonitos, a comeren pantrigo con mel e manteiga".

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. forno .
  2. Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: pon, pr’a, par’o monte .
  3. Xaquin Lorenzo Fernandez, 37. No orixinal: metelo ).
  4. Saudade nº 4, xullo 1943, 29. No orixinal: ech’unha .
  5. Xaquin Lorenzo Fernandez, 37.
  6. Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: inteira .
  7. Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: choscou .
  8. Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No texto: inteira .
  9. E posible un erro na recollida da cantiga de pan por pau .
  10. Lino Lema Bouzas, 15.
  11. Xaquin Lorenzo Fernandez, 35.
  12. Xaquin Lorenzo Fernandez, 47. Santiago de Calvos , parroquia de Bande.
  13. Xaquin Lorenzo Fernandez, 54. No orixinal: valorenta .
  14. Xaquin Lorenzo Fernandez, 54. No orixinal: es, pero eres .
  15. Xaquin Lorenzo Fernandez, 55.
  16. Xaquin Lorenzo Fernandez, 56.
  17. Xaquin Lorenzo Fernandez, 56. Xeas e lugar de San Salvador de Torno, concello de Lobios ; Gaias e lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira ; e San Salvador de Vilanova dos Infantes e parroquia do concello de Celanova .
  18. Xaquin Lorenzo Fernandez, 59. No orixinal: valorento, tua, comelo .
  19. Xaquin Lorenzo Fernandez, 61. No orixinal: casou . Xaquin Lorenzo di que e da autoria de Lamas Carvajal .
  20. Xaquin Lorenzo Fernandez, 221.
  21. No texto: Dam'un , pol-a , ch'hei , xurelo , Bueu .
  22. 22,0 22,1 Xaquin Lorenzo Fernandez, 260.
  23. Xaquin Lorenzo Fernandez, 68. No orixinal: de unha .
  24. Xaquin Lorenzo Fernandez, 70. No orixinal: diannolos, mercalo .
  25. Xaquin Lorenzo Fernandez, 73. No orixinal: lavalos .
  26. Xaquin Lorenzo Fernandez, 75.
  27. Saudade nº 4, xullo 1943, 27. No texto: qu’ha , casal-a .
  28. Xaquin Lorenzo Fernandez, 82.
  29. Xaquin Lorenzo Fernandez, 84.
  30. Elixio Rivas Quintas 1978.
  31. Vicente Risco 1962, 405.
  32. Fermin Bouza-Brey 1929, 181. No orixinal: valorento , perdel-o .
  33. Xaquin Lorenzo Fernandez, 93. En tempos, existian as chamadas mozas alugadas , que formaban cuadrillas para ir a sega a terras de preto, ainda que tamen podian chegar a Castela. A cantiga reflicte a sua mala fama.
  34. Xaquin Lorenzo Fernandez, 93.
  35. Xaquin Lorenzo Fernandez, 94.
  36. Fermin Bouza Brey 1929, 174. No orixinal: tua, dame, pol-a .
  37. Xaquin Lorenzo Fernandez, 97. No orixinal: tua .
  38. Xaquin Lorenzo Fernandez, 97.
  39. Xaquin Lorenzo Fernandez, 97. No orixinal: muino, faguelo .
  40. Alvaro das Casas, en Nos 95, 15.11.1931, 217.
  41. 41,0 41,1 Xaquin Lorenzo Fernandez, 98.
  42. Xaquin Lorenzo Fernandez, 100. No orixinal: sua .
  43. Xaquin Lorenzo Fernandez, 100.
  44. Xaquin Lorenzo Fernandez, 106. No orixinal: nona .
  45. Marcial Valladares Nunez (1884). No orixinal: n'o forno , s'e que ja , estivere , muller , c'o home , s'altere .
  46. Xaquin Lorenzo Fernandez, 109. No orixinal: muino .
  47. Xaquin Lorenzo Fernandez, 109. No orixinal: muino . Irlle a asubiar a alguen ten a intencion de darlle animos cando anda de noite polos caminos.
  48. Saudade nº 4, xullo 1943, 29. No texto: mail-a, nanai, papai .
  49. J. Leite de Vasconcellos: Vozes gallegas (1845).
  50. Fermin Bouza Brey, 189. No texto: mail-a .
  51. Xaquin Lorenzo Fernandez, 117. No orixinal: boda .
  52. Xaquin Lorenzo Fernandez, 118.
  53. Xaquin Lorenzo Fernandez, 121.
  54. Alvaro das Casas, 216. No texto: as escuras .
  55. Marcial Valladares Nunez, s. v. pantrigo . No orixinal: quen , come , muller , par’o , home .
  56. Xaquin Lorenzo Fernandez, 124.
  57. Xaquin Lorenzo Fernandez, 126.
  58. Xaquin Lorenzo Fernandez, 128. Cantiga castela na que a unica traducion foi a introducion de toponimos locais.
  59. Xaquin Lorenzo Fernandez, 133.
  60. Xaquin Lorenzo Fernandez, 133. No orixinal: buscalo, nono .
  61. Xaquin Lorenzo Fernandez, 143. No orixinal: ganala .
  62. Xaquin Lorenzo Fernandez, 147. O refraneiro e o cantigueiro estan cheos de satiras contra os xastres e, en menor medida, as costureiras.
  63. Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: qu’o .
  64. Boa e a parroquia mais occidental do concello corunes de Noia , lindando con Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan o tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Alvaro das Casas, 192; no orixinal: Montelouro ,
  65. Lino Lema Bouzas 15.
  66. Xaquin Lorenzo Fernandez, 149). Explica Xaquin Lorenzo que, cando se coce o pan de millo no forno, faise unha peza moi batida, delgada, que e a primeira que se saca do forno, a que chaman bolo. Compartese, como sinal de aprecio, cos vecinos que se atopen no forno no momento de saca-lo bolo.
  67. Fermin Bouza-Brey: Paradela , Nos nº 97, 15.01.1932, 236. No texto: muino .
  68. Xaquin Lorenzo Fernandez, 155. No orixinal: telo .
  69. Fermin Bouza-Brey: Paradela , Nos nº 97, 15.01.1932, 19. No texto: man , senon .
  70. 70,0 70,1 Xaquin Lorenzo Fernandez, 156.
  71. Xaquin Lorenzo Fernandez, 160. No orixinal: ehi .
  72. No orixinal: pol-o . Fermin Bouza-Brey, 195.
  73. Xaquin Lorenzo Fernandez, 164. No orixinal: dias, senon, dan .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • ANONIMO: Saudade. Verba Galega nas Americas , Mexico 1942-1953. Ed. facsimile do Centro do Ramon Pineiro 2008.
  • BOUZA BREY, Fermin : "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsimile II].
  • Fermin Bouza-Brey (colector): "Novas cantigas e triadas da parroquia de Paradela, na terra da Ulla", en "Arquivo Filoloxico e Etnografico de Galiza", en Nos 96, 15.12.1931.
  • CASAS, Alvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filoloxico e Etnografico de Galiza", en Nos 95, 15.11.1931.* ANONIMO: Saudade. Verba Galega nas Americas , Mexico 1942-1953. Ed. facsimile do Centro do Ramon Pineiro 2008
  • Rodriguez Castelao, Alfonso : Sempre en Galiza , 1944. ISBN 978-84-8288-729-6
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas marineiras . I Encontro de embarcacions tradicionais, Galicia 1993.
  • LORENZO FERNANDEZ, Xaquin : Cantigueiro popular da Limia Baixa , Galaxia, Vigo 1973.
  • NEIRA VILAS, Xose : Memorias dun neno labrego . Editorial Galaxia, 1961. ISBN 978-84-9865-343-4 .
  • RISCO, Vicente : "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
  • RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas, contribucion al diccionario gallego , CEME, Salamanca 1978.
  • VALLADARES NUNEZ, Marcial : Diccionario gallego-castellano , Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]