Maio na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal : maio .

O que segue recolle diversa informacion sobre a pegada do mes de maio na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnograficos ?xerais a toda Galicia ou localizados nun ambito xeografico mais concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Incluese algun refran relativo a Ascension , festividade que se celebra corenta dias despois do Domingo de Resurreccion . Pode caer no mes de maio ou a principios de xuno.

Tralo inverno e as chuvias de abril , o tempo permite empezar xa cos traballos no campo, que compre realizar con premura para a sementeira. Maio e, xa que logo, un mes de moito traballo para o labrego, e de ai as expresions estar amaiado ou andar co maio o lombo cando un esta canso e baldado. Do mesmo xeito maiola significa "preguiza", como maiolan ou maioleiro e un preguiceiro, e maiolarse ou esmaliolarse e caer rendido polo cansazo.

Pero maiola tamen significa "castana seca", tamen chamada castana maiola ou, simplemente, maia ; o dia das maiolas era o nome co que se designaba o 1º de maio, data na que se adoitaba regalar castanas os vecinos e os pobres do lugar.

Crenzas e supersticions [ editar | editar a fonte ]

Para protexe-los campos e comezar maio libres de calquera mal, na noite do 29 de abril realizabase o ritual de alumea-las leiras .

Tamen e un costume moi comun poner na noite do ultimo dia de abril unha rama de xesta ou flor do maio nas portas das casas, nos barcos, nos coches e mais nas cortes para que non lles poida entra-lo maio nin collan o meigallo (Leiro Lois).

Os Maios [ editar | editar a fonte ]

Maios de Allariz (Ourense)
Artigo principal : Maios .

Nos primeiros dias de maio (nalguns lugares o dia 1, noutros o 3) celebranse as festas dos Maios, festas ludicas coas que se recibia o comezo da floracion e o fin do inverno.

Na zona de Laza , os mozos cortaban unha arbore, a mais grande que podian, e plantabana no medio da praza, adornandoa con farolinos. A esta arbore chamabana maio .

Locucions [ editar | editar a fonte ]

  • Andar co maio o lombo : aplicase a quen esta canso, desmaiado, esgotado, en referencia os traballos do campo que hai que facer neste mes.
  • Carpaza de maio : unha variedade de Erica .
  • Folla de maio : tipo de alga (recollido en Oia , Pontevedra; Elixio Rivas Quintas).
  • Porca de maio : dias de mal tempo que disque hai sempre a mediados de maio ( Ainda non veu a porca de maio ).
  • Ser (ou vir) como auga de maio : aplicase a algo que e moi esperado, ben recibido e chega no momento oportuno [ 1 ] .
  • Ser [longo] coma o mes de maio : ser algo de moita dura, inacabable.
  • Ter maiola : ser preguizoso, ser un nugallan.

Refraneiro [ editar | editar a fonte ]

  • A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano .
  • A ovella do pobre no maio morre .
  • Abril chove para as xentes, e maio para as bestas .
  • Abril chuvioso, maio pardo e san Xoan ventoso traen o ano compogoso .
En abril, espigas mil, en maio, todo espigado
  • Abril e maio son as chaves do ano .
  • Abril esfola, pero maio amola .
  • Abril pare os froitos e maio levaos o lombo .
  • Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoan, segaio .
  • Agosto faiselle maio o que non ten pan sementado .
  • ¡Ai, maio, maiolo! Peor ainda e o mes que ven logo .
  • Are quen arou que xa maio entrou .
  • Are quen arou, que maio xa pasou .
  • As sandias nin semeadas en maio nin nadas en abril .
  • Ata o corenta de maio non quite-lo saio; e se volve a chover, volveo a poner .

Cantigueiro [ editar | editar a fonte ]

Botesme tarde,/ botesme cedo,/ ata o maio/ non me ve-lo pelo
  • Ai ven o maio/ polo pico de Lobeira,/ ven a patadas/ ca filla da Oleira [ 2 ] .
  • As tellas do teu tellado/ non queren baixarme a abrir;/ baixa tu, rosa de maio,/ criada no mes de abril [ 3 ] .
  • Chamacheme pito cairo/ Porque nacin en xaneiro;/ Deixame chegar a maio,/ xa cantarei no poleiro [ 4 ] .
  • Coas estrelinas do ceo/ tenote de comparare/ e coas frores de maio/ cando estan a brotare [ 5 ] .
  • Din que a reina esta prenada,/ que ten a barriga dura,/ ¡vai traer para Maio/ un corvo e mais unha rula! [ 6 ] .
  • Eu pedinlle o Maio/ a un capitan,/ non me tuvo que dar/ mais que a cabeza dun can .
  • Eu pedinlle o Maio/ a un coronel,/ non me tuvo que dar/ mais que un pucheiro de mel .
  • Eu pedinlle o Maio/ a un senorito,/ non me tuvo que dar/ senon a cabeza dun pito .
  • Mina rosa do canizo,/ meu caravel do fumeiro,/ tanto tes no mes de maio/ como no mes de xaneiro [ 7 ] .
  • Nosa Senora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan pinas no outono,/ cereixas no mes de maio [ 8 ] .
  • Nosa Senora da Adina/ ten un pineiro no adro,/ bota pinas polo outono,/ cereixas no mes de maio [ 9 ] .
  • O maino, maio,/ e moi pillaban/ que quer que lle metan/ ps cartos na man [ 10 ] .
  • Pra facer o Maio/ fumos a roubar/ frores e fiuncho,/ quixeronnos matar [ 10 ] .
  • ¡Vallame dios! o arado/ cal si labra dianteiro,/ tanto ten no mes de maio,/ como no mes de xaneiro .

Adivinas [ editar | editar a fonte ]

  • Botesme tarde,/ botesme cedo,/ ata o maio/ non me ve-lo pelo [ 11 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. auga .
  2. Fermin Bouza Brey 1929, 177. O monte Lobeira levantase en Vilanova de Arousa . No orixinal: Ahi, ven, pol-o .
  3. Xaquin Lorenzo Fernandez, 50.
  4. Real Academia Galega 1913, s. v. cairo . No orixinal: chamacheme, por que, janeiro, deixame, mayo, ja .
  5. Xaquin Lorenzo Fernandez, 63.
  6. Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: qu’a .
  7. Xaquin Lorenzo Fernandez, 101.
  8. Refirese, como a seguinte, a igrexa de Santa Maria de Iria Flavia , conecida popularmente como Adina.
  9. Gran Enciclopedia Galega , s. v. Adina .
  10. 10,0 10,1 Fermin Bouza Brey 1929, 176.
  11. Solucion: a pataca.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • ALVAREZ GIMENEZ, Emilio : Refranero agricola y metereologico gallego , Pontevedra 1904.
  • ANONIMO: Saudade. Verba Galega nas Americas 1942-1953. Ed. facsimile do Centro Ramon Pineiro 2008, nº 4, xullo 1943.
  • BOUZA BREY, Fermin : "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsimile II].
  • FERRO RUIBAL, Xesus : Refraneiro galego basico , Galaxia, Vigo, 1987.
  • FRAGUAS Y FRAGUAS, Anton : La Galicia insolita. Tradiciones gallegas , Cuadernos do Seminario de Sargadelos 51. Ed. do Castro, Sada 1990.
  • LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradicion oral , Colexio Publico Castrelo. Cambados 1986.
  • LORENZO FERNANDEZ, Xaquin : Cantigueiro popular da Limia Baixa , Galaxia, Vigo 1973.
  • MOREIRAS SANTISO, Xose : Os mil e un refras galegos do home , Ed. do autor, Lugo 1977.
  • MOREIRAS SANTISO, Xose: Os mil e un refrans galegos da muller , Alvarellos, Lugo 1978.
  • PEREZ BALLESTEROS, Jose : Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruna 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas. Contribucion al diccionario gallego , Ed. Ceme, Salamanca 1978.
  • RODRIGUEZ GONZALEZ, Eladio : Diccionario enciclopedico gallego-castellano , Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • ZAMORA MOSQUERA, Federico : Refrans e ditos populares galegos . Galaxia, Vigo 1972.