한국   대만   중국   일본 
O morcego na cultura popular galega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O morcego na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Morcego comun

Os morcegos , ainda que de habitos nocturnos e moi esquivos, non deixaron de estar presentes na cultura popular galega , na etnografia e na literatura de transmision oral.

Un dos xogos de rapaces de hai anos era cazar morcegos. Para iso lanzabase o aire unha pucha na lina de voo dun morcego, de xeito que este entrase na pucha e caese o chan; tamen abonda con lanzar un farrapo ou cerello calquera. Unha vez apreixado era vitima de falcatruadas tales como obrigalo a fumar metendolle un cigarro na boca ou mesmo crucificalo nunha porta.

En Ardan ( Marin ) intentan collelos mediante un pau untado con toucino , mentres din: Morceguino, date a pau, que ten sebino (RIVAS QUINTAS).

En Melide crese que se se ata un morcego a man dereita dun home, este non durmira en toda a noite. Ainda mais: se se lle da a beber sangue de morcego, non durmira nunca mais ( Terra de Melide :452) [ 1 ] .

Sobre os efectos de beber sangue de morcego hai discrepancias: mentres unhas fontes aseguran que o sangue de morcego e mortal: se se bota no vino e se lle da a beber a alguen, este morre ou tolea (CURT); outros etnografos recollen o seu uso como soado bebedizo para namorar, util para calquera dos dous sexos (RISCO).

Crese que os morcegos beben o aceite das lampadas das igrexas e que e moi mal agoiro que entren na casa. En realidade, o seu unico interese son os insectos que voan o redor das luces.

Sinonimia [ editar | editar a fonte ]

Nomes populares do morcego son os seguintes: abrenoite , busabello , espertello , moncego , monicego , morcexo , moricego , morricego , morxego , municego , muracego , murcego , muricego [ 2 ] , murocego , murucego , musabello .

Cantigueiro [ editar | editar a fonte ]

  • Tes un corpo medio torto/ i unha cara de morcego;/ pensaches que che queria,/ sabe que negras non quero.

Adivinas [ editar | editar a fonte ]

  • Estudiante de Santiago/ que estudas na estudaria:/ ¿cal e a ave do ar/ que con leite seus fillos cria?
  • Estudiante que estudias/ por de noite e por de dia,/ dime: ¿que ave e aquela/ que ten peitos e cria?
  • Estudiante que estudias/ por de noite e por de dia,/ dime: ¿cal e aquela/ que ten peitos e cria?
  • Vena aca senor doutor/ que aprende na doutoria,/ ¿cal e o paxaro no ar/ que da leite cando cria?

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Tratase dun exemplo de maxia simpatica : o morcego e un animal nocturno, que pasa a noite esperto.
  2. Reconecida no DRAG como forma menos recomendable. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para muricego .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]