한국   대만   중국   일본 
Nippon Professional Baseball - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nippon Professional Baseball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ NPB ≫)
Nippon Yaky? Kik?
Fundacion 1950
Rexion Xapon
Comisionado Katsuhiko Kumazaki
Presidente Ryozo Kato
Equipos 12
Actual campion Orix Buffaloes (5º titulo)
Mais laureado Yomiuri Giants (22 titulos)
Sitio web npb.jp

A Nippon Professional Baseball ou NPB (do ingles : Beisbol Profesional Xapones , en xapones : 日本野球機構, Nippon Yaky? Kik? ), e o campionato de liga de beisbol profesional do Xapon . Chamada de forma coloquial no Xapon Puro Yaky? , e a maxima categoria do beisbol nipon. Xogadores, analistas e diferentes traballadores da Major League Baseball (MLB) consideran a esta competicion como "AAAA", e dicir, menos competitiva que a MLB mais por riba das mais potentes Ligas Menores "AAA" norteamericanas . [ 1 ]

Considerase que a orixe de liga esta na fundacion do "Club de Beisbol do Gran Xapon de Tokio" (大日本東京野球??部, Dai-Nippon T?ky? Yaky? Kurabu ) en 1934 e a Liga Xaponesa de Beisbol orixinal. A actual NPB foi fundada coa reorganizacion desta ultima liga en 1950. A competicion actual consta de duas conferencias de seis equipos cada unha: a Central League e a Pacific League . Cada temporada, os equipos ganadores de cada liga compiten nas Series do Xapon , as finais polo campionato da NPB.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Fundacion [ editar | editar a fonte ]

Matsutar? Sh?riki, considerado pai do beisbol xapones.

Desde a sua introducion en 1872, o beisbol e un dos deportes mais practicados no Xapon. A raiz do exito dos campionatos xuvenis e rexionais, na decada de 1920 houbo unha primeira tentativa de crear unha competicion profesional. Considerase que o primeiro equipo profesional do pais foi o "Club de Beisbol Imperio do Xapon de Toquio" ( 大日本東京野球??部 Dai-Nippon T?ky? Yaky? Kurabu ? ) , fundado en 1934 polo magnate dos medios de comunicacion Matsutar? Sh?riki para enfrontarse a un combinado de estrelas estadounidenses que incluia a Babe Ruth , Jimmie Foxx , Lou Gehrig e Charlie Gehringer . [ 2 ] Ao ano seguinte, o mesmo elenco de xogadores fixo unha xira polos Estados Unidos . Ali ganaron 93 de 102 xogos ante equipos semi-profesionais e da Pacific Coast League. De acordo co historiador Joseph Reaves: "Os unicos pequenos inconvenientes para a popularidade do equipo nos Estados Unidos foron os caracteres kanji e o engorroso nome xapones. Ambos detalles foron solucionados adoptando o nome de Tokyo Kyojin (do xapones : Xigantes de Toquio ) e utilizando uniformes identicos aos dos New York Giants ...". [ 3 ]

Desde 1936 ate 1950, o beisbol profesional xapones estivo organizado baixo o nome de "Liga de Beisbol do Xapon" (JBL). O equipo que dominou a competicion durante este periodo foron os Tokyo Kyojin , que ganaron nove campionatos, seis deles consecutivos entre 1938 e 1943. Compre destacar que en 1947 os Kyojin mudaron o seu nome a Yomiuri Giants , o cal ainda mantanen. Despois da temporada de 1949, os propietarios dos equipos da liga fundaron o Nippon Professional Baseball (NPB). O dono dos Daiei Stars Masaichi Nagata propuxo un sistema de competicion dividido en duas ligas, as cales se converteron na Pacific League , orixinalmente chamada Taiheiy? Yaky? Renmei ( 太平洋野球連盟 ? ) co propio Nagata de presidente, e a Central League .

Catro antigos equipos da JBL formaron a base da nova Liga Central: os Chunichi Dragons , os Hanshin Tigers , os Yomiuri Giants e os Shochiku Robins , aos que se uniron os Hiroshima Carp , os Kokutetsu Swallows , os Nishinippon Pirates e os Taiy? Whales . Por outra banda, outros catro antigos equipos da JBL formaron a base da Liga do Pacifico: os Hankyu Braves , os Nankai Hawks , os Daiei Stars e os Tokyu Flyers , aos que se uniron os Kintetsu Pearls , os Mainichi Orions e os Nishitetsu Clippers . O dono dos Giants, Matsutar? Sh?riki, actuou como o primeiro Comisionado (non oficial) e supervisou as primeiras Series do Xapon . Nelas enfrontaronse o campion da Liga Central, os Shochiku Robins, contra o campion da Liga do Pacifico, os Mainichi Orions, sendo estes ultimos os campions tras vencer por catro xogos a dous.

Expansion e contraccion [ editar | editar a fonte ]

Os Nishinippon Pirates da Liga Central , que finalizaron en sexto lugar na primeira temporada, desapareceron ao final da mesma e fusionaronse cos Nishitetsu Clippers (tamen de Fukuoka ) para formar os Nishitetsu Lions . Isto provocou que o numero de equipos da Central descendesen a uns incomodos sete equipos. Asi, en 1952, decidiuse que o equipo da Liga que acabase cunha porcentaxe de vitorias inferior ao 30% seria obrigado a disolverse ou fusionarse con outros equipos. Finalmente, serian os Shochiku Robins os que caerian nesta circunstancia, decidindo fusionarse cos Taiy? Whales para converterse nos Taiy? Shochiku Robins en xaneiro de 1953. Esta manobra permitiu a Liga Central ter de novo un numero par de equipos.

Por outra banda, en 1954 uniuse un novo equipo a Liga do Pacifico , os Takahashi Unions , o que permitiu aumentar o numero de equipos da mesma a oito. Ainda que o equipo estaba formado por xogadores doutros equipos da Liga do Pacifico, os Unions non foron nunca un equipo competitivo, acabando en ultimo lugar en 1955 e 1956. Para a temporada de 1957, os Unions fusionaronse cos Daiei Stars para formar os Daiei Unions , o que levou a Liga do Pacifico a regresar a un numero impar de equipos con sete. Os novos Unions tan so duraron unha temporada, na que acabaron de novo en ultimo lugar a 43,5 vitorias de diferenza co primeiro. Para 1958 os unions volveronse fusionar, esta vez cos Mainichi Orions para formar os Daimai Orions . Asi, a Liga do Pacifico conseguia ter de novo un numero par de equipos con seis, os mesmos que a Liga Central. Debido a isto, para finais da decada de 1950 , a NPB pasou de ter quince equipos aos actuais doce.

Formato [ editar | editar a fonte ]

A NPB esta composta por duas ligas, a Liga Central e a Liga do Pacifico , con seis equipos en cada unha. Hai tamen outras duas ligas profesionais de segundo nivel dedicadas a formacion de novos xogadores, a Liga Occidental e a Liga Oriental. O campionato comeza a finais de marzo ou comezos de abril e finaliza en outubro. A maiores, en xullo, xoganse dous ou tres xogos do All-Star, os cales enfrontan aos mellores xogadores de cada liga. Antes de 2007, cada equipo das duas ligas xogaba entre 130 e 140 xogos por temporada, sendo a unica excepcion das temporadas 2005 e 2006 da Liga Central con 146 encontros. Poren, desde ese ano, ambas ligas adoptaron un calendario de 146 xogos, con 73 xogados en casa e 73 como visitante. O mais habitual e que cada equipo xogue seis dias a semana, descansando os luns, salvo excepcions. [ 4 ] Usualmente, cando a dous equipos lles toca xogar entre si, fano en tres dias seguidos, para despois xogar outros tres encontros fronte outro rival e a continuacion descansar un dia. [ 5 ]

Apos a finalizacion da temporada regular, os mellores equipos de cada liga disputan un torneo por eliminatorias para decidir cales competiran nas Series do Xapon . Estas series seguen a estela das Series Mundiais da Major League Baseball , enfrontando polo titulo ao campion da Liga Central contra o campion da Liga do Pacifico, do memo xeito que na MLB onde xogan os campions da Liga Americana e a Liga Nacional . Nas eliminatorias, conecidas como Climax Series, primeiro xogan o segundo contra o terceiro clasificado de cada liga ao mellor de tres encontros. O vencedor desta eliminatoria xoga a final da liga fronte o primeiro clasificado. O vencedor deste encontro gana enton o dereito a xogar as Series do Xapon onde se termina o campion nacional. Entre os anos 2005 e 2013 o campion xapones disputaba as Series de Asia contra os campions de Australia , China , Corea do Sur e Taiwan (coa excepcion de 2013 onde tamen participou o Fortitudo Bologna italiano ). Os equipos xaponeses venceron en cinco das sete edicions.

Comparacion coa MLB [ editar | editar a fonte ]

As MLB Japan All-Star Series no Tokyo Dome (2014).

As regras da NPB son esencialmente as mesmas que as da Major League Baseball (MLB) norteamericana . Poren, certos elementos tecnicos son lixeiramente diferentes: a liga xaponesa utiliza unha pelota, unha zona de strike e un terreo de xogo mais pequenos. Podese dicir que o beisbol xapones e mais compacto. Cinco equipos da liga tenen campos cuxas pequenas dimensions violarian as Regras Oficiais do Beisbol Americano. La nota que se encontra ao final da Regra 1.04 especifica que as dimensions minimas para os estadios de beisbol estadounidenses construidos ou renovados despois de 1958 tenen que ser de 325 pes (99 m) por cada lina de foul e 400 pes (120 m) ao xardin central.

Os xogadores, tecnicos e especialistas en sabermetrics (estatistica avanzada) conseideran a NPB como unha liga "AAAA", e dicir, menos competitiva que a MBL mais superior as ligas Triplo A (AAA) de desenvolvemento. [ 1 ] [ 6 ] Ao igual que a MLB, a NPB esta composta por duas ligas a Central e a Pacifico . Xogar na Liga do Pacifico e parecido a facelo na Liga Americana debido ao uso da norma do bateador designado. O mesmo sucedia coa Liga Central e a Liga Nacional , ate que en 2022 esta ultima abandonou a regra. Cando un equipo dunha liga xoga fronte a un equipo da outra, a norma que se usa e a que segue equipo local.

Outra diferenza entre os beisbol profesional xapones e norteamericano, e que os partidos no Xapon poden acabar en empate. Se o resultado do encontro esta empatado despois da disputa de nove entradas, xoganse outras tres mais adicionais. Senon hai ganador despois das doce entradas o partido e declarado empatado. Estes partidos non contan nin como vitorias nin como derrotas na clasificacion. Esta regra tamen se aplica nas eliminatorias cunha unica excepcion: as Series do Xapon . Nesta eliminatoria final, que vence o primeiro equipo que consegue catro vitorias, no caso de haber empates pode ser preciso disputar mais de sete xogos. Se as series tenen que ser estendidas, todos os partidos despois do setimo non tenen limite de entradas. Exclusivamente para a temporada 2011, debido ao terremoto e tsunami de Sendai e o conseguinte accidente nuclear de Fukushima , implementaronse unha serie de regras especiais para o empate:

  • Por motivos de aforro enerxetico, alen do limite habitual de doce entradas, non se permitiron a disputa de entradas adicionais en liga regular se o tempo de partido superaba as tres horas e media. Este tempo incluia os atrasos debido as condicions climatoloxicas. [ 7 ]
  • Debido ao atraso no comezo da temporada, ese ano eliminouse a extension de mais partidos (no caso de empate na eliminatoria) nas Series do Xapon, permitindo tan so un partido extra. [ 8 ]

A ultima diferenza salientabel entre ambas competicions e que a maioria dos equipos xaponeses dispon dunha rotacion de pitchers de seis xogadores, ao contrario que na MBL onde son catro. O elenco de xogadores disponibeis no Xapon e de 28, mais hai un maximo de 25 que poden ir convocados a cada xogo. Debido a isto, os tecnicos deben descartar tres xogadores por encontro, usualmente os pitchers titulares que venen de xogar os anteriores partidos.

Equipos [ editar | editar a fonte ]

Equipo Cidade Estadio Capacidade Fundacion Ingreso
Central League
Chunichi Dragons Nagoia , Aichi Nagoya Dome 40.500 1937 1950
Hanshin Tigers Nishinomiya , Hy?go Estadio Hanshin Koshien 47.757 1935 1950
Hiroshima Toyo Carp Hiroshima , Hiroshima Mazda Zoom-Zoom Stadium Hiroshima 33.000 1950
Tokyo Yakult Swallows Shinjuku , Toquio Estadio Meiji Jingu 37.933 1950
Yokohama DeNA BayStars Yokohama , Kanagawa Yokohama Stadium 32.170 1950
Yomiuri Giants Bunky? , Toquio Tokyo Dome 46.000 1934 1950
Pacific League
Chiba Lotte Marines Chiba , Chiba ZOZO Marine Stadium 30.348 1950
Fukuoka SoftBank Hawks Fukuoka , Fukuoka Fukuoka Yafuoku! Dome 40.178 1938 1950
Hokkaido Nippon-Ham Fighters Sapporo , Hokkaid? Sapporo Dome 40.476 1946 1950
Orix Buffaloes Osaka , Osaka Kyocera Dome Osaka 36.146 1936 1950
Saitama Seibu Lions Tokorozawa , Saitama MetLife Dome 33.556 1950
Tohoku Rakuten Golden Eagles Sendai , Miyagi Estadio de Miyagi 30.508 2005
Equipos desaparecidos
Equipo Cidade Estadio Fundacion Desaparicion Notas
Nishinippon Pirates Fukuoka , Fukuoka Estadio Heiwadai 1950 1950 Fusionados cos Nishitetsu Clippers (agora Saitama Seibu Lions )
Shochiku Robins Kyoto , Kyoto Estadio Kinugasa 1936 1952 Fusionados cos Taiyo Whales (agora Yokohama DeNA BayStars )
Takahashi Unions Kawasaki , Kanagawa Estadio Kawasaki 1954 1956 Fusionados cos Daiei Stars (mais tarde conecidos como Daiei Unions )
Daiei Unions Bunky? , Toquio Estadio Korakuen 1946 1957 Fusionados cos Mainichi Orions (agora Chiba Lotte Marines )
Kintetsu Buffaloes Osaka , Osaka Osaka Dome 1949 2004 Fusionados cos Orix BlueWave (agora Orix Buffaloes )

Campions [ editar | editar a fonte ]

Series do Xapon [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Nippon Series .

O equipo mais dominador da historia da Liga Xaponesa de Beisbol son os Yomiuri Giants [ 9 ] da Liga Central , 22 veces campions das Series do Xapon , seguido dos Seibu Lions [ 10 ] da Liga Pacifico , 13 veces campion.

Liga Central Liga Pacifico
Tokyo Dome , fogar dos Yomiuri Giants .
Seibu Dome , fogar dos Seibu Lions .
Estadio Koshien , fogar dos Hanshin Tigers .
Sapporo Dome , fogar dos Hokkaido Nippon-Ham Fighters .
Ano Campion Finalista Serie Mellor Xogador
1950 Mainichi Orions Shochiku Robins 4-2 Kaoru Bettou
1951 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2 Yukou Minamimura
1952 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2 Takehiko Bessho
1953 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2-1 Tetsuharu Kawakami
1954 Chunichi Dragons Nishitetsu Lions 4-3 Shigeru Sugishita
1955 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-3 Takehiko Bessho
1956 Nishitetsu Lions Yomiuri Giants 4-2 Yasumitsu Toyoda
1957 Nishitetsu Lions Yomiuri Giants 4-0-1 Hiroshi Oshita
1958 Nishitetsu Lions Yomiuri Giants 4-3 Kazuhisa Inao
1959 Nankai Hawks Yomiuri Giants 4-0 Tadashi Sugiura
1960 Taiy? Whales Oriones Daimai 4-0 Akihito Kondo
1961 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2 Toshio Miyamoto
1962 Toei Flyers Hanshin Tigers 4-2-1 Masayuki Dobashi, Masayuki Tanemo
1963 Yomiuri Giants Nishitetsu Lions 4-3 Shigeo Nagashima
1964 Nankai Hawks Hanshin Tigers 4-3 Joe Stanka
1965 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-1 Shigeo Nagashima
1966 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2 Isao Shibata
1967 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-2 Masaaki Mori
1968 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-2 Shigeru Takada
1969 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-2 Shigeo Nagashima
1970 Yomiuri Giants Lotte Orions 4-1 Shigeo Nagashima
1971 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-1 Toshimitsu Suetsugu
1972 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-1 Tsuneo Horiuchi
1973 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-1 Tsuneo Horiuchi
1974 Lotte Orions Chunichi Dragons 4-2 Sumio Hirota
1975 Hankyu Braves Hiroshima Toyo Carp 4-0-1 Takashi Yamaguchi
1976 Hankyu Braves Yomiuri Giants 4-3 Yutaka Fukumoto
1977 Hankyu Braves Yomiuri Giants 4-1 Hisashi Yamada
1978 Tokyo Yakult Swallows Hankyu Braves 4-3 Katsuo Osugi
1979 Hiroshima Toyo Carp Kintetsu Buffaloes 4-3 Yoshihiko Takahashi
1980 Hiroshima Toyo Carp Kintetsu Buffaloes 4-3 Jim Lyttle
1981 Yomiuri Giants Hokkaid? Nippon-Ham Fighters 4-2 Takashi Nishimoto
1982 Seibu Lions Chunichi Dragons 4-3 Osamu Higashio
1983 Seibu Lions Yomiuri Giants 4-3 Takuji Ota
1984 Hiroshima Toyo Carp Hankyu Braves 4-3 Kiyoyuki Nagashima
1985 Hanshin Tigers Seibu Lions 4-2 Randy Bass
1986 Seibu Lions Hiroshima Carp 4-3-1 Kimiyasu Kudo
1987 Seibu Lions Yomiuri Giants 4-2 Kimiyasu Kudo
1988 Seibu Lions Chunichi Dragons 4-1 Hiromichi Ishige
1989 Yomiuri Giants Kintetsu Buffaloes 4-3 Norihiro Komada
1990 Seibu Lions Yomiuri Giants 4-0 Orestes Destrade
1991 Seibu Lions Hiroshima Toyo Carp 4-3 Kouji Akiyama
1992 Seibu Lions Yakult Swallows 4-3 Takehiro Ishii
1993 Yakult Swallows Seibu Lions 4-3 Kenjiro Kawasaki
1994 Yomiuri Giants Seibu Lions 4-1 Hiromi Makihara
1995 Tokyo Yakult Swallows Orix BlueWave 4-1 Thomas O'Malley
1996 Orix BlueWave Yomiuri Giants 4-1 Troy Neel
1997 Tokyo Yakult Swallows Seibu Lions 4-1 Atsuya Furuta
1998 Yokohama BayStars Seibu Lions 4-2 Takanori Suzuki
1999 Fukuoka Daiei Hawks Chunichi Dragons 4-1 Kouji Akiyama
2000 Yomiuri Giants Fukuoka Daiei Hawks 4-2 Hideki Matsui
2001 Tokyo Yakult Swallows Osaka Kintetsu Buffaloes 4-1 Atsuya Furuta
2002 Yomiuri Giants Seibu Lions 4-0 Tomohiro Nioka
2003 Fukuoka Daiei Hawks Hanshin Tigers 4-3 Toshiya Sugiuchi
2004 Seibu Lions Chunichi Dragons 4-3 Takashi Ishii
2005 Chiba Lotte Marines Hanshin Tigers 4-0 Toshiaki Imae
2006 Hokkaido Nippon-Ham Fighters Chunichi Dragons 4-1 Atsunori Inaba
2007 Chunichi Dragons Hokkaido Nippon-Ham Fighters 4-1 Norihiro Nakamura
2008 Saitama Seibu Lions Yomiuri Giants 4-3 Takayuki Kishi
2009 Yomiuri Giants Hokkaido Nippon-Ham Fighters 4-2 Shinnosuke Abe
2010 Chiba Lotte Marines Chunichi Dragons 4-2-1 Toshiaki Imae
2011 Fukuoka SoftBank Hawks Chunichi Dragons 4-3 Hiroki Kokubo
2012 Yomiuri Giants Hokkaido Nippon-Ham Fighters 4-2 Tetsuya Utsumi
2013 Tohoku Rakuten Golden Eagles Yomiuri Giants 4-3 Manabu Mima
2014 Fukuoka SoftBank Hawks Hanshin Tigers 4-1 Seiichi Uchikawa
2015 Fukuoka SoftBank Hawks Tokyo Yakult Swallows 4-1 Lee Dae-ho
2016 Hokkaido Nippon-Ham Fighters Hiroshima Toyo Carp 4-2 Brandon Laird
2017 Fukuoka SoftBank Hawks Yokohama DeNA BayStars 4-2 Dennis Sarfate
2018 Fukuoka SoftBank Hawks Hiroshima Toyo Carp 4-1-1 Takuya Kai
2019 Fukuoka SoftBank Hawks Yomiuri Giants 4-0 Yurisbel Gracial
2020 Fukuoka SoftBank Hawks Yomiuri Giants 4-0 Ryoya Kurihara
2021 Tokyo Yakult Swallows Orix Buffaloes 4-2 Yuhei Nakamura
2022 Orix Buffaloes Tokyo Yakult Swallows 4-2-1 Yutaro Sugimoto

Titulos por equipo [ editar | editar a fonte ]

Equipo Campion Subcampion
Yomiuri Giants
22
14
Saitama Seibu Lions
13
8
Fukuoka SoftBank Hawks
11
9
Tokyo Yakult Swallows
6
2
Orix Buffaloes
5
8
Chiba Lotte Marines
4
2
Hiroshima Toyo Carp
3
4
Hokkaido Nippon-Ham Fighters
3
4
Chunichi Dragons
2
8
Yokohama BayStars
2
1
Hanshin Tigers
1
5
Tohoku Rakuten Golden Eagles
1
0
Osaka Kintetsu Buffaloes
0
4
Shochiku Robins
0
1

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 "For Players and Agents RE: Playing Baseball in Japan" (en ingles) . japanball.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012 . Consultado o 22 de marzo de 2017 .  
  2. "A History of Japanese Baseball" . Tofugu .  
  3. Reaves, Joseph A. Taking in a Game: A History of Baseball in Asia (U. of Nebraska Press, 2002), p. 77.
  4. Waldstein, David (21 de xullo 2014). "Ace Favors Fewer Starts to Protect Pitchers' Arms: Rangers' Yu Darvish Pushes for a Six-Man Pitching Rotation" . The New York Times .  
  5. "Calendario da NPB 2011" . NPB (en ingles ) .  
  6. Clemmons, Anna Katherine (2011). "Matt Murton thrives in Japanese setting" . ESPN . Consultado o 28 de maio de 2019 .  
  7. "2011年度レギュラ??シ?ズンのイニング制限、時間制限に?する特例措置" [Temporada regular 2011: medidas especiais sobre o limite de entradas, limite de tempo] (Nota de prensa). Nippon Professional Baseball. 2011 . Consultado o 28 de maio de 2019 .  
  8. "コナミ日本シリ?ズ2011 : 第8? 開催要項" [Konami Nippon Series 2011: Informacion sobre o 8º xogo] (Nota de prensa) (en Japanese) . Nippon Professional Baseball. 2011 . Consultado o 28 de maio de 2019 .  
  9. Yomiuri Giants na web da NPB (en ingles )
  10. Saitama Seibu Lions na web da NPB (en ingles )

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]