Mikoyan MiG-29

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MiG-29
MiG-29
Tipo Caza
Fabricante Mikoyan
Desenado por Mikoyan
Primeiro voo 6 de outubro de 1977
Introducido 1983
Estado servizo activo
Principais usuarios Forza Aerea Rusa
Producion 1982 - actualidade

O Mikoyan MiG-29 (designacion OTAN : Fulcrum ) e un caza de cuarta xeracion desenado para o rol da superioridade aerea na Union Sovietica . Desenvolvido nos anos 70 pola oficina de deseno Mikoyan entrou en servizo en 1982 e continua en uso na Forza Aerea Rusa e noutras moitas nacions. O MiG-29, xunto co Sukhoi Su-27 , foi desenvolvido para contrarrestar aos novos cazas estadounidenses da epoca como o McDonnell Douglas F-15 Eagle e o General Dynamics F-16 Fighting Falcon . [ 1 ]

Ainda que orixinalmente estaba orientado para combater contra avions inimigos, moitos MiG-29 foron modificados como cazas multirrol capaces de realizar distintos tipos de operacions, e normalmente esta equipado para usar armas aire-terra e municion de precision. O MiG-29 fabricouse en distintas variantes principais, como o multirrol Mikoyan MiG-29M e a version naval Mikoyan MiG-29K; o membro mais avanzado da familia ata a data e o Mikoyan MiG-35 . Modelos posteriores normalmente contan con motores mellorados, cabinas de cristal con controis de voo compatibles con HOTAS , radar moderno e sensores infravermellos de busca e seguimento (IRST), e unha capacidade de combustible considerablemente maior. Alguns detes tamen foron equipados para poder ser reabastecidos en voo.

Tras a disolucion da Union Sovietica as forzas armadas de varias antigas republicas sovieticas continuaron usando o MiG-29, operando a meirande parte deles na Forza Aerea de Rusia , que quixo modernizar a frota co estandar MiG-29SMT, ainda que os problemas economicos limitaron as entregas. O MiG-29 tamen foi un popular avion de exportacion; mais de 30 paises operaron ou ainda operan o modelo.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Gordon e Davison 2005, p. 9

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Gordon, Yefim e Peter Davison. Mikoyan Gurevich MiG-29 Fulcrum . North Branch, Minnesota: Specialty Press, 2005. ISBN 978-1-58007-085-0 .