Michele Alboreto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMichele Alboreto

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 23 de decembro de 1956 Editar o valor em Wikidata
Milan, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte 25 de abril de 2001 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Klettwitz, Alemana Editar o valor em Wikidata
Causa da morte accidente de trafico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Milano 3 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Italia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion piloto de automobilismo , piloto de carreiras , piloto de motociclismo , piloto de Formula Un Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deporte Motociclismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Michele Alboreto , nado en Milan o 23 de decembro de 1956 e finado en Klettwitz ( Brandeburgo ) o 25 de abril de 2001 , foi un piloto italiano de Formula 1. E famoso por terminar segundo tras Alain Prost na tempada de Formula Un de 1985 asi como por ganar as 24 Horas de Le Mans de 1977 e as 12 Horas de Sebring de 2001 . Alboreto competiu en Formula Un de 1981 ata 1994 , con varios equipos, destacando sobre todo as suas cinco tempadas (1984-88) pilotando un Ferrari .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo dunha familia apaixonada polo automobilismo, comezou a frecuentar Monza aos 12 anos. Ademais dos automobiles, a sua outra paixon era xogar ao futbol. Reservado e introspectivo, iniciouse no automobilismo en 1977 ao volante dun Formula Monza da "Scuderia Salvati", cuxo prototipo estaba equipado cun motor Fiat 500 de dous cilindros. Alboreto aproveitou aquela oportunidade unica e mostrou paixon ao conducir aquel coche. O ano seguinte ( 1978 ), trasladouse a Formula Italia, categoria que contaba con monoprazas mais potentes.

Tras conquistar os titulos da Formula 3 Italiana en 1979 e o Campionato Europeo de F3 en 1980 , Michele Alboreto demostrou versatilidade ao disputar o Mundial de Prototipos con Lancia. Xunto o seu compatriota Riccardo Patrese , conquista a sua primeira vitoria nas 6 horas de Watkins Glen de 1981 . O seu ultimo ano con coches de "Endurance", na tempada de 1982, vence as 6 horas de Silverstone (con Patrese), os 1000 km de Nurburgring (con Teo Fabi e novamente Patrese) e os 1000 km de Mugello (en duo con Piercarlo Ghinzani ).

Probas con Tyrrell e vitoria con Minardi na F-2 [ editar | editar a fonte ]

Co apoio de Ceramica Imola , Alboreto e convidado para unha proba co equipo Tyrrell , en 1981 . Completou algunhas voltas e pronto foi contratado para substituir o arxentino Ricardo Zunino no Gran Premio de San Marino . Foron dez carreiras e un 9º lugar no Gran Premio de Holanda , en Zandvoort , como mellor resultado. Aquel mesmo ano, conquista a unica vitoria da historia de Minardi nunha proba da Formula 2 .

Tyrrell (1981-1983) [ editar | editar a fonte ]

O estilo do italiano agradou a Ken Tyrrell e Alboreto permanece no equipo na tempada de Formula 1 de 1982 . A primeira vitoria foi conquistada nesta conturbada temporada, marcada polos accidentes nefastos de Gilles Villeneuve e Riccardo Paletti . Revelacion daquel mundial, Michele, con 25 anos, venceu o dificil Gran Premio de Las Vegas . A carreira foi moi disputada entre el e o norteirlandes John Watson de McLaren , que batallaba polo titulo co finlandes Keke Rosberg de Williams . As cores azul e amarela de seu casco, homenaxe ao seu grande heroe Ronnie Peterson , pasaran a ser conecidas por todos na F-1.

Tanteo [ editar | editar a fonte ]

Alboreto pasou a ser tanteado polos grandes equipos da Formula 1, mais non podia desvencellarse do contrato con Tyrrell. Enzo Ferrari , que procuraba un substituto para Gilles Villeneuve , convidou ao piloto, mais Ken Tyrrell esixiu un motor turbo de Ferrari en troco da liberacion do piloto. "Os italianos criticanme por non asinar con Alboreto para o proximo ano, mais o que moitos non saben e que o convidei no medio desta tempada. Alboreto non optou por rescincidir seu contrato con Tyrrell. En resposta, mandoume unha carta moi educada, que mostrou seu gran caracter. Cando Alboreto estea libre de calquera tipo de contrato, habera un Ferrari a sua disposicion", declarou, na epoca, o vello comendador.

A segunda vitoria na Formula 1 aconteceu en Detroit , na temporada seguinte 1983 . O brasileiro de Brabham , Nelson Piquet , lideraba a carreira e conseguia abrir espazo co Tyrrell de Alboreto. Faltando 9 voltas para o fin, Piquet tivo unha picada nun pneumatico e tivo que facer un pit-stop. O italiano asumiu o liderado e administrou a sua vantaxe co fines Keke Rosberg , de Williams, estabelecendo a ultima vitoria do clasico motor Cosworth DFV de oito cilindros na F-1. Foi unha carreira en que, do 1º ao 6º, so o 4º colocado era Turbo . Acabou sendo tamen a ultima vitoria do equipo do "Tio Ken" na categoria.

Ferrari (1984-1985) [ editar | editar a fonte ]

Alboreto nun Ferrari en 1985.

Tras 11 anos sen un piloto da "casa" (o ultimo foi en 1973 , Arturo Merzario ), Enzo Ferrari contrata a Michele Alboreto para pilotar o coche vermello numero 27 para a temporada de 1984 . Pilotar para o equipo de Maranello era seu gran sono e a primeira vitoria acontece no Gran Premio da Belxica de 1984 , en Zolder . O ano de estrea, Alboreto termina a temporada en 4º lugar con 30´5 puntos; ainda marcou unha pole e unha volta rapida, pasando a ser moi popular en Italia.

En 1985 , e o primeiro piloto e un forte aspirante ao titulo, grazas ao modelo 156/85 . Venceu en Canada e en Alemana e poderian ser tres se non fose por unha picada no pneumatico traseiro esquerdo en Monaco ; tivo catro segundos e dous terceiros lugares, tres voltas rapidas e durante cinco probas seguidas (da canadense a alema) liderou o Mundial, mais en Austria perdeuna para o frances Alain Prost de McLaren , o vencedor da proba, e co italiano terminandoa en 3º lugar, marcou tres puntos co 4º en Holanda . Con 3 puntos de desvantaxa, iniciou o Gran Premio de Italia confiando que poderia recuperar o liderado da taboa, tanto que os tifosi abarrotaban as bancadas do autodromo de Monza crendo na vitoria da maquina e do piloto que non acontecia desde a tempada 1966 con Ludovico Scarfiotti , poren o sono dos fanaticos xiareiros durou 45 voltas, porque o motor do coche do piloto milanes rompeu. No Gran Premio de Belxica , en Spa-Francorchamps , abandonou prematuramente na 3ª volta por problemas de embrague. Con duas probas sen puntuar, a diferenza aumentaba a 16 puntos. Na antepenultima carreira, o Gran Premio de Europa , en Brands Hatch , en Inglaterra , a sua actuacion durou so 13 voltas cando comezou a pegar fogo na parte traseira debido a rotura do turbo. Nas ultimas duas probas do campionato, Alboreto tampouco terminou. Na clasificacion final foi subcampion con 53 puntos. Terminaba a sua mellor oportunidade de alcanzar o tan sonado titulo.

En 1986 , o coche non conseguiu seguir o ritmo do McLaren - TAG - Porsche de Prost, do Lotus - Renault de Senna e dos Williams - Honda , que mostraran unha grande evolucion na temporada anterior con Mansell e agora con Piquet . Alboreto obtivo so un podio co 2º lugar no GP de Austria . O 9º lugar no campionato con so 14 puntos foi todo que conseguiu.

En 1987 , ten un novo companeiro de equipo: o austriaco Gerhard Berger . Con el, o piloto italiano e constantemente batido polo seu novo companeiro tanto en adestramentos como en carreiras. Alboreto tampouco vence ningunha carreira como no ano anterior e o maximo que consegue e o 2º lugar en Australia e dous 3º lugares: San Marino e Monaco . Novamente os coches do cavalinho rampante son batidos polos coches de Frank Williams . Clasificase 7º no campionato con 17 puntos.

No campionato de 1988 , un ano dominado polos McLaren - Honda , Alboreto pouco puido facer. Obten tres podios, dous terceiros postos en: Monaco e en Francia , mais cando aparece a mellor oportunidade para vencer, quen ali esta e o seu companeiro Berger, que gana o GP de Italia , case un mes despois da morte do Comendatore, obtendo el o segundo lugar (ultimo podio no equipo) e o dobrete na carreira. Termina o campionato con 24 puntos: tres podios e unha volta rapida, dandolle o 5º lugar na ultima tempada no equipo de Maranello .

Tanteo de Williams, volta a Tyrrell e fichaxe en Larrousse [ editar | editar a fonte ]

Foi sondado por Williams, mais as negociacions non progresan e o piloto italiano volveu para Tyrrell na tempada de Formula 1 de 1989 . A pesar dos problemas, conseguiu o 5º lugar en Monaco e o 3º en Mexico . Alboreto saiu na metade da tempada con problemas co equipo e o seu patrocinador. Antes do Gran Premio de Francia , Ken Tyrrell aceptou o patrocinio de Camel . "Non me gusta quebrar contratos e pedin a Tyrrell conversar con Marlboro . Mais Ken dixo que o problema era meu." - revelou Alboreto, que acepta o convite de Larrousse - Lamborghini para disputar a pre-clasificacion ao final do ano.

=1990-1994: o desgaste en Footwork, fracasos na Scuderia Italia e volta a Minardi [ editar | editar a fonte ]

Nun deporte marcado polos repentinos cambios de rumbo, o piloto esperaba revivir a mellor fase da sua carreira, en 1990 , en Footwork Arrows . O equipo desenvolve unha sociedade con Porsche para a tempada seguinte, mais o conxunto foi desastroso. Despois de tres tempadas de poucos resultados, o piloto acerta coa Scuderia Italia . O equipo italiano usaba motores Ferrari e chasis Lola , mais despois de 1993 , uniu forzas con Minardi. Asi, Alboreto disputou a sua ultima tempada na Formula 1 co equipo de Faenza e marcou o ultimo punto no Gran Premio de Monaco de 1994 , retirandose aos 37 anos de idade.

DTM e Le Mans [ editar | editar a fonte ]

O ano seguinte ( 1995 ), Michele disputou a DTM cun Alfa Romeo 155 V6, poren non obtivo logro na categoria alema. Aquel mesmo ano, correu na IRL e retomou sua carreira nas probas de Endurance. Despois de poucos resultados positivos, Alboreto vence a tradicional 24 Horas de Le Mans de 1997 e revive seus dias de gloria no automobilismo. O piloto italiano compartiu o TWR - Porsche do equipo Joest Racing , co sueco Stefan Johansson (o seu excompaneiro de equipo en Ferrari), e o danes Tom Kristensen .

A vitoria en Le Mans abre novos caminos para Alboreto. A partir de 1998 , disputa a "ALMS" (American Le Mans Series) con TWR-Porsche. En 1999 , Alboreto se torna peza importante no desenvolvemento da Audi . O ultimo triunfo do piloto acontece nas 12 Horas de Sebring de 2001 co italiano Rinaldo Capello e o frances Laurent Aiello , co Audi R8 .

Morte traxica [ editar | editar a fonte ]

Cando todo indicaba unha vitoria mais en Le Mans, o mundo levou unha sorpresa cunha triste noticia. En 25 de abril de 2001, Alboreto morre tras sufrir un accidente examinando o novo Audi R8 , que seria usado na tradicional proba francesa. O accidente aconteceu no momento en que o prototipo cruzaba a recta do circuito aleman de Lausitzring , en Alemana , a 300 km/h. O coche levantou voo e capotou por varias veces ate bater no gardarail. Segundo a investigacion, o accidente aconteceu por un rebenton no pneumatico, provocado por un obxecto cortante. Terminaba asi a carreira dun piloto que traballou duro para superar tantas adversidades.

Resultados completos na Formula Un [ editar | editar a fonte ]

( Chave ) As carreiras en letra grosa indican pole position ; as carreiras en cursiva indican volta rapida .

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1981 Team Tyrrell Tyrrell 010 Cosworth V8 USW
BRA
ARX
SMR
Ret
BEL
12
MON
Ret
ESP
NSC
FRA
16
RU
Ret
ALE
NSC
AUT
Ret
NC 0
Tyrrell 011 HOL
9
ITA
Ret
CAN
11
CPL
13
1982 Team Tyrrell Tyrrell 011 Cosworth V8 RSA
7
BRA
4
USW
4
SMR
3
BEL
Ret
MON
10
DET
Ret
CAN
Ret
HOL
7
RU
NC
FRA
6
ALE
4
AUT
Ret
SUI
7
ITA
5
CPL
1
25
1983 Benetton Tyrrell Team Tyrrell 011 Cosworth V8 BRA
Ret
USW
9
FRA
8
SMR
Ret
MON
Ret
BEL
14
DET
1
CAN
8
RU
13
ALE
Ret
AUT
Ret
12º 10
Tyrrell 012 HOL
6
ITA
Ret
EUR
Ret
RSA
Ret
1984 Scuderia Ferrari Ferrari 126C4 Ferrari V6 BRA
Ret
RSA
11
BEL
1
SMR
Ret
FRA
Ret
MON
6
CAN
Ret
DET
Ret
DAL
Ret
RU
5
ALE
Ret
AUT
3
HOL
Ret
ITA
2
EUR
2
POR
4
30´5
1985 Scuderia Ferrari Ferrari 156/85 Ferrari V6 BRA
2
POR
2
SMR
Ret
MON
2
CAN
1
DET
3
FRA
Ret
RU
2
ALE
1
AUT
3
HOL
4
ITA
13
BEL
Ret
EUR
Ret
RSA
Ret
AUS
Ret
53
1986 Scuderia Ferrari Ferrari F1/86 Ferrari V6 BRA
Ret
ESP
Ret
SMR
10
MON
Ret
BEL
4
CAN
8
DET
4
FRA
8
RU
Ret
ALE
Ret
HUN
Ret
AUT
2
ITA
Ret
POR
5
MEX
Ret
AUS
Ret
14
1987 Scuderia Ferrari Ferrari F1/87 Ferrari V6 BRA
8
SMR
3
BEL
Ret
MON
3
DET
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
Ret
HUN
Ret
AUT
Ret
ITA
Ret
POR
Ret
ESP
15
MEX
Ret
XPN
4
AUS
2
17
1988 Scuderia Ferrari Ferrari F1/87/88C Ferrari V6 BRA
5
SMR
18
MON
3
MEX
4
CAN
Ret
DET
Ret
FRA
3
RU
17
ALE
4
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
2
POR
5
ESP
Ret
XPN
11
AUS
Ret
24
1989 Tyrrell Racing
Organisation
Tyrrell 017B Cosworth V8 BRA
10
11º 6
Tyrrell 018 SMR
DNQ
MON
5
MEX
3
USA
Ret
CAN
Ret
FRA
RU
Equipe Larrousse Lola LC89 Lamborghini V12 ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
11
ESP
DNPQ
XPN
DNQ
AUS
NSCP
1990 Footwork Arrows Racing Arrows A11B Cosworth V8 USA
10
BRA
Ret
SMR
NSC
MON
NSC
CAN
Ret
MEX
17
FRA
10
RU
Ret
ALE
Ret
HUN
12
BEL
13
ITA
12
POR
9
ESP
10
XPN
Ret
AUS
NSC
NC 0
1991 Footwork Grand Prix International Footwork A11C Porsche V12 USA
Ret
BRA
NSC
SMR
NSC
NC 0
Footwork FA12 MON
Ret
CAN
Ret
MEX
Ret
Cosworth V8 FRA
Ret
RU
Ret
ALE
NSC
HUN
DNQ
BEL
NSCP
ITA
NSC
POR
15
ESP
Ret
XPN
NSC
AUS
13
1992 Footwork Grand Prix International Footwork FA13 Mugen-Honda V10 RSA
10
MEX
13
BRA
6
ESP
5
SMR
5
MON
7
CAN
7
FRA
7
RU
7
ALE
9
HUN
7
BEL
Ret
ITA
7
POR
6
XPN
15
AUS
Ret
10º 6
1993 Lola BMS Scuderia Italia Lola T93/30 Ferrari V12 RSA
Ret
BRA
11
EUR
11
SMR
DNQ
ESP
NSC
MON
Ret
CAN
NSC
FRA
NSC
RU
NSC
ALE
16
HUN
Ret
BEL
14
ITA
Ret
POR
Ret
XPN
AUS
NC 0
1994 Minardi Scuderia Italia Minardi M193B Ford V8 BRA
Ret
PAC
Ret
SMR
Ret
MON
6
ESP
Ret
24º 1
Minardi M194 CAN
11
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
Ret
HUN
7
BEL
9
ITA
Ret
POR
13
EUR
14
XPN
Ret
AUS
Ret
  • ‡ A carreira detivose con menos do 75% das voltas completadas, outorgaronse a metade dos puntos

Notas [ editar | editar a fonte ]