한국   대만   중국   일본 
Mar Balear - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mar Balear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar Balear (ou Balearico)
' Mar Balear'
Localizacion administrativa
Estado España Espana
Division Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana
Illas Baleares Illas Baleares
Cataluña Cataluna
Subdivision Provincias de Alacant , Valencia , Castello (CVA)
Provincias de Tarragona , Barcelona , Girona (CAT)
Illas Baleares
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Mar Mediterraneo
Continente Europa
Arquipelago Illas Baleares
Xeografia
Mares contiguos Mar de Sardena
Illas interiores Illas Baleares e illas Columbretes
Afluentes Rio Xucar (497,5 km), Turia (280 km), Millars (156 km), Ebro (930 km) e Llobregat (170 km)
Cidades ribeiregas Xabia e Denia (Alacant); Gandia , Cullera , Valencia e Sagunt (Valencia); Castello de la Plana , Orpesa , Peniscola , Benicarlo e Vinaros (Castello); Tarragona , Vilanova i la Geltru , Sitges , Castelldefels , Barcelona e Mataro (Barcelona); Blanes e Palamos (Xirona); e Palma de Mallorca , Ciutadella de Menorca e Eivissa (Baleares)
Accidentes
Golfos e baias Golfo de Valencia e Golfo de Sant Jordi
Baias de Palma , Alcudia e Pollenca (Baleares).
Cabos Cabos de San Antonio e La Nau (Alacant); Orpesa (Castello); Tortosa (Tarragona), Sant Sebastia (Xirona);
Caracteristicas
Outros datos
Areas protexidas Reserva Natural do Cabo de San Antonio
Parque Natural das Illas Columbretes
Parque Natural do Garraf
Parque Natural da Albufera
Parque Natural da Serra de Irta
Parque Natural do Delta do Ebro
Mapa

Localizacion do mar Balear

O mar Balear ou mar Balearico e un mar litoral do mar Mediterraneo que se atopa fronte a costa oriental da Peninsula Iberica , entre o arquipelago balear e a costa do Levante .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O mar Balear estendese desde o cabo de San Antonio , na provincia de Alacant , ata o cabo de Sant Sebastia , na provincia de Xirona , e desde a illa de Formentera ata o extremo nordeste de Menorca , nas illas Baleares. Inclue as costas de Valencia , do Azahar , a Costa Daurada e parte da costa Brava . A parte que corresponde a costa valenciana e a do Azahar conecese como golfo de Valencia .

As principais cidades ribeiregas localizadas neste mar son Barcelona , Valencia e Palma .

Ainda que este mar e un dos mares descritos na lista de mares e oceanos da Organizacion Hidrografica Internacional (IHO) e aparece en numerosos atlas e publicacions estranxeiros, non e comun o seu uso en Espana, sendo esa seccion simplemente chamada de forma xeral como mar Mediterraneo .

Por outra banda, entre os circulos de especialistas internacionais (oceanografos, cartografos, geografos) existe a tendencia considerar o mar Balear como o mar que rodea as illas Baleares , subdividindoo no mar Catalan -entre a Peninsula Iberica e as Baleares- e o mar de Sardena -entre as Baleares e a illa de Sardena -, sendo este ultimo nome mais usado en Italia . Estas denominacions fanse de acordo as caracteristicas xeomorfoloxicas do fondo marino e as correntes xerais, conecidas con maior detalle a partir das campanas oceanograficas desenvolvidas nas ultimas decadas. No ambito linguistico catalan, o mar Balear tamen recibe o nome de mar Catalanobalear.

Accidentes submarinos [ editar | editar a fonte ]

No mar podemos atopar os seguintes accidentes: Monte Ausias March, Monte Emile Baudot, Mont dels Oliva, Morrot de Sa Dragonera, Escarpament de Cabrera, Coll de Formentera, Cubeta de Formentera, Coll D'Eivissa, Coll de Mallorca, Canon de Valldemosca, Escarpament submari de Tramontana, Mont Bertran, Morrot de Ciutadella, Munt de les Cresques, Mont de Soller, Mont Rosell e Canon das Pitiusas.

Golfos e baias [ editar | editar a fonte ]

Vista aerea da baia de Pollenca , na illa de Mallorca .

Este mar inclue importantes golfos e baias nas suas costas, ademais de numerosas praias e calas . Os principais golfos localizanse na parte continental, como o golfo de Valencia -entre o cabo da Nave e o cabo de Orpesa - e o golfo de Sant Jordi -entre o cabo de Tortosa e o cantil de Balaguer .

Na illa de Mallorca atopanse tres baias: a baia de Palma ao sur e as baias de Alcudia e de Pollenca ao norte.

Illas [ editar | editar a fonte ]

As illas que se atopan neste mar son, as anteriormente mentadas Illas Baleares, Formentera , Eivissa , Cabrera , Mallorca , Menorca e unha serie de illotes menores, asi como as illas Columbretes , fronte as costas de Castello .

Rios vertentes [ editar | editar a fonte ]

O principal rio que verte as suas augas neste mar e o rio Ebro , logo de percorrer 930 km. Outros rios que desembocan ali son (de sur a norte): o rio Xucar , o rio Turia , o rio Millars e o rio Llobregat .

Transporte maritimo [ editar | editar a fonte ]

Portos [ editar | editar a fonte ]

No mar Balear localizanse dous dos principais portos comerciais de Espana, o porto de Barcelona e o de Valencia , asi como moitos portos deportivos e turisticos: os portos de Denia , Gandia , Sagunt , Orpesa , Peniscola , Benicarlo , Vinaros , Tarragona , Sitges , Mataro , Blanes e Palamos , entre outros.

Nas illas Baleares cabe destacar o porto de carga e deportivo de Palma , asi como o da cidade de Eivissa .

Linas maritimas [ editar | editar a fonte ]

Entre ambas as partes, a costa peninsular e as Baleares, ofrecen sevizo de transporte numerosas companias maritimas , por medio de barcos de pasaxeiros e transbordadores .

Delimitacion [ editar | editar a fonte ]

O mar Balear tratase dunha subdivision da conca occidental do mar Mediterraneo. A Organizacion Hidrografica Internacional , maxima autoridade internacional en materia de delimitacion de mares a efectos maritimos, na sua publicacion de referencia mundial ≪Limits of oceans and seas≫, asignalle o numero de identificacion 28 (c) e delimitao da forma seguinte:

Entre as illas Baleares e a costa de Espana, limitado por:
No suroeste,
unha lina que vai do cabo San Antonio ( 38°30′N 0°07′L  /  38.50, 0.12 ) ao cabo de Berberia , extremo suroccidental de Formentera .

No sueste,

a costa sur de Formentera, de ai unha lina de punta Rotja , extremo oriental, ao extremo sur de Cabrera ( 39°42′N 2°32′L  /  39.7, 2.54 ) e a Illa do Aire , ao extremo sur de Menorca .

No noroeste,

a costa este de Menorca ata o cabo de Favaritx ( 40°00′N 4°08′L  /  40.0, 4.14 ) de ai unha lina ata o cabo de San Sebastian (Espana) ( 41°32′N 3°06′L  /  41.54, 3.10 ).
Limits of oceans and seas, pax. 16. International Hydrographic Organization

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]