한국   대만   중국   일본 
Manifesto do Partido Comunista - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Manifesto do Partido Comunista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Manifesto Comunista ≫)

Manifesto do Partido Comunista
Autor/a Karl Marx e Friedrich Engels
Orixe Confederacion Xermanica e Reino Unido
Lingua lingua alema
Xenero(s) political manifesto
Data de pub. 21 de febreiro de 1848
editar datos en Wikidata  ]
Selo sovietico de 1948.

O Manifesto do Partido Comunista [ 1 ] ou O manifesto comunista [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] ( Manifest der Kommunistischen Partei , polo seu titulo en aleman ) e unha proclama encargada pola Liga dos Comunistas a Karl Marx e Friedrich Engels en 1847 . Publicouse o 21 de febreiro de 1848 .

Relevancia historica [ editar | editar a fonte ]

O manifesto comunista considerase [ quen? ] un dos tratados politicos mais influentes da historia. Este manifesto, do que son especialmente famosas as frases de comezo e final ( Un espectro percorre Europa: o espectro do comunismo e o lema Proletarios de todolos paises, xuntadevos! , respectivamente), favoreceu unha gran revolucion social e politica e foi a base ideoloxica do movemento obreiro internacional e do proceso revolucionario ruso, que culminou en 1917 coa creacion da Union de Republicas Socialistas Sovieticas (URSS).

Contido e estrutura [ editar | editar a fonte ]

O texto do manifesto describe sucinta e explicitamente os principios da teoria marxista do materialismo dialectico e anuncia os propositos e o programa da Liga. Suxire un curso de accion para unha revolucion proletaria que derrocaria o capitalismo e instauraria unha ditadura do proletariado .

Esta estruturado en catro grandes capitulos:

  • Burgueses e proletarios . Neste apartado introdutorio desenvolvese a idea de que a historia do mundo se basea na loita entre opresores e oprimidos, e concibe o modelo social de enton coma un espazo de enfrontamento entre a burguesia, obrigada a revolucionar constantemente os medios de producion para a sua propia supervivencia, e o proletariado, que aproveitara os cambios desencadeados polo capital para volverse contra el e derrubar a orde capitalista.
  • Proletarios e comunistas . Os autores identifican o proxecto comunista da Liga cos intereses do proletariado internacional, de xeito que define o comunismo coma a ideoloxia obreira final ou vangarda proletaria. Neste apartado desenvolvese propiamente o programa do comunismo e rebate as criticas vertidas contra o proxecto comunista. Asi, establecese neste apartado a abolicion da propiedade privada, a creacion dun elevado imposto progresivo, a omnipotencia do Estado e o igualitarismo entre todolos cidadans. Mediante estas medidas ( ditadura do proletariado ) os autores buscan a desaparicion das desigualdades de clase; e teoricamente, trala superacion desta fase tera lugar o establecemento dunha sociedade libre e socialista na que o poder politico xa non sera necesario.
  • Literatura socialista e comunista . Entre a nebulosa de propostas de tendencia esquerdistas ou socialista da epoca, os autores do Manifesto destacan varias tendencias:
    • Socialismo reaccionario , apoiado polos pequenos comerciantes e campesinos que, vendo ameazada a sua supervivencia pola voracidade burguesa, sumanse ao comunismo para derribar ao gran capital.
    • Socialismo aleman , segundo eles e unha desafortunada imitacion da literatura socialista francesa que queda relegada a unha funcion simplemente teorica e idealista, sen ningun valor practico.
    • Socialismo burgues , entendido coma a coiraza dalguns sectores da burguesia para resistir o pulo do proletariado. Segundo esta tendencia, a burguesia e unha clase boa e necesaria para o proletariado.
    • Socialismo utopico , conxunto no cal son enmarcadas as correntes de Saint-Simon , Robert Owen ou Charles Fourier , que non contemplan a loita de clases como necesidade para chegar a unha orde socialista.
  • Actitude dos comunistas ante os outros partidos da oposicion . Tras unha enumeracion da situacion do partido comunista en diferentes paises europeos e nos Estados Unidos de America , os autores chegan a conclusion de que o comunismo se situa en todolos sitios enfronte do poder establecido e ao lado dos revolucionarios, sexan estes burgueses nun pais feudal, campesinos nunha nacion burguesa etc.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Marx, Karl; Engels, Friedrich (1976). Manifesto do Partido Comunista . Nova Galiza.  
  2. Marx, Karl; Engels, Friedrich (1998). O manifesto comunista . Edicions Xerais de Galicia. ISBN   8483023067 .  
  3. Marx, Karl; Engels, Friedrich (2005). O manifesto comunista . Edicions Xerais de Galicia. ISBN   84-9782-363-X .  
  4. Marx, Karl; Engels, Friedrich (2014). O manifesto comunista . Edicions Xerais de Galicia. ISBN   978-84-96276-48-2 .  
  5. O manifesto comunista e outros escritos politicos . Traducion de Ramon Maiz e Xose Manuel Garcia (USC, 2021)

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]