Malu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMalu

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (es) Maria Lucia Sanchez Benitez Editar o valor em Wikidata
15 de marzo de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomes Malu Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion cantante Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1998 Editar o valor em Wikidata -
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Tesitura Mezzosoprano Editar o valor em Wikidata

Instrumento Voz Editar o valor em Wikidata
Familia
Parella Alberto Carlos Rivera Diaz (2018?2023)
Gonzalo Miro (en) Traducir (2014?2017) Editar o valor em Wikidata
Pais Pepe de Lucia Editar o valor em Wikidata  e  Pepi Benitez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Paco de Lucia ( tio ) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Paxina web maluweb.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1401158 Facebook: MaluOficial Twitter: _MaluOficial_ Instagram: _maluoficial_ BNE: XX1366967 Spotify: 3TLGNOdp1UWYMnV5XG9HkR iTunes: 17005374 Last fm: Malú Musicbrainz: ba340d34-dbe4-4624-8f0c-53460e7f5325 Songkick: 401564 Discogs: 1069697 Allmusic: mn0000669014 Deezer: 12890 Editar o valor em Wikidata

Maria Lucia Sanchez Benitez , nada en Madrid o 15 de marzo de 1982 , e unha cantante espanola, conecida artisticamente como Malu . En 2010 conseguiu o seu primeiro numero 1 de vendas co album Guerra Fria , doce anos logo do seu debut en 1998 . [ 1 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

E sobrina do guitarrista Paco de Lucia e filla do cantaor Pepe de Lucia . A sua carreira musical comezou con quince anos, cando o produtor Jesus Yanes oiuna cantar nunha festa. Tras iso decidiu presentala a Pep's Records. Comezou a gravar o seu primeiro disco entre os meses de xaneiro e febreiro de 1998 . O disco titulouse Aprendiz , saiu a venda na primavera dese mesmo ano e contou coa colaboracion de Alejandro Sanz ou Pedro Guerra . Venderonse mais de 650.000 mil copias de Aprendiz e mantivose na lista oficial de vendas de AFYVE durante sesenta semanas.

Nos Premios Amigo outorgados pola SGAE do ano 1998 , Malu obtivo o premio a Mellor artista revelacion, e tamen estivo nomeada ao galardon de Mellor artista feminina.

Logo do seu primeiro album veu unha importante xira por Espana e Latinoamerica e un contrato con Walt Disney Records para interpretar o tema central ≪ Mi reflejo ≫, da pelicula Mulan .

Tras de Aprendiz vino, en 1999 , Cambiaras , un disco no que, segundo a artista, a diferenza esencial e a voz: ≪Teno unha voz moito mais madura. Foi unha xira moi longa, que me deu moita mais madurez na voz a hora de cantar, deume moitas taboas≫. O album entrou directamente no numero trece da lista AFYVE e en tan so dez dias vendera 100.000 exemplares. Posteriormente participou na gravacion do disco Tatuaje cantando o clasico da copla espanola ≪ A tu vera ≫.

Xa en maio do 2001 , Malu volveu con Esta vez . Neste terceiro disco estreou compania discografica, Sony Music , e volve contar con colaboracions de luxo, como o conecido produtor Estefano , ou con Antonio Carmona entre outros. Este traballo contou con exitos como ≪Sin ti todo anda mal≫, ≪Ven a pervertirme≫, ≪Me quedo grande tu amor≫ e ≪Toda≫ e vendeu preto das 300.000 copias en toda Espana .

Tras o exitoso Esta vez , Malu viuse inmersa nunha xira tanto por Espana como por America , e tras iso dedicouse de cheo ao seu cuarto disco, titulado Otra Piel , lanzado ao mercado espanol o 30 de xuno do 2003 con ≪No me extrana nada≫ como carta de presentacion. Neste traballo (gravado entre Miami e Mexico ), Malu penetrase cara a novos sons para darlle outra faceta diferente a sua carreira substituindo as suas baladas desgarradoras, ainda que estas seguen estando presentes no seu disco. Temas como ≪Enamorada≫ e ≪Inevitable≫ fixeron deste disco un novo exito.

En 2003, Malu gravou a cancion ≪ Llego el amor ≫ da pelicula A Cincenta de Walt Disney no DVD Ellas & Magia . O DVD de Ellas & Magia conta con cancions de Walt Disney interpretadas por: Marta Sanchez , Malu, Marta Botia , Pastora Soler , Lydia , Tamara , Melody , Marilia Casares , Bellepop e Merche .

Na noite do 3 de febreiro de 2004 e na sala Pacha de Madrid , Malu gravaba Por Una Vez , o disco en directo conten todos os exitos e colaboran no grandes artistas como David DeMaria , Antonio Orozco , Alejandro Sanz , o seu pai Pepe de Lucia e o seu tio Paco de Lucia . O disco saiu a venda o 19 de abril xunto cun DVD que incluia a actuacion daquela noite, videos, fotografias e extras.

En abril de 2005 publica Malu , o seu sexto disco e o mais persoal ata a data, producido por Mauri Stern e Graeme Pleeth e gravado entre Madrid e Londres . Conten cancions como ≪Diles≫, ≪Te conozco desde siempre≫ ou ≪Sabes bien≫.

O 26 de xuno de 2005, Alejandro Fernandez ofreceu un concerto no Palacio de Congresos de Madrid. Era a primeira vez que o idolo mexicano cantaba en Espana e colgou o cartel de ≪Non hai entradas≫ con Amaia Montero , Malu e Diego El Lagostino como artistas invitados.

Desafio , e o setimo album de Malu que saiu a venda o 31 de outubro co tema ≪Si estoy loca≫ como primeiro single.

Desafio esta producido por Graeme Pleeth e Mauri Stern e foi gravado en Madrid e Londres cunha involucracion total de Malu en todos os procesos do disco, desde a seleccion de cancions a producion. E a continuacion dunha carreira que reune unha combinacion de mocidade, exito e continuidade moi pouco habitual na nosa musica. O videoclip do primeiro single do disco Desafio ≪Si estoy loca≫ esta gravado en Lleida . Coa gravacion do videoclip en Lleida, Malu foi pioneira en gravar un videoclip nesta cidade catala. Tras este videoclip, o IMAC (Instituto Municipal de Accion Cultural) uniuse con Barcelona-Catalunya Films Comission, para que Lleida sirva como estudio para rodar videoclips e peliculas.

No videoclip do seu segundo single ≪No voy a cambiar≫ participa o actor Alejandro Tous (Alvaro na serie Yo soy Bea ).

En marzo do 2007 fixo unha aparicion na serie Yo soy Bea de Telecinco e en Manolo e Benito de Antena 3 TV .

Gravou unha das cancions principais do musical de Broadway Jesucristo Superstar xunto a Sergio Rivero , ganador da cuarta edicion de Operacion Triunfo ( Telecinco ).

Desde marzo ata novembro de 2007 estivo de xira coa sua ≪Tour Desafio≫, un dos mais grandes da sua carreira, logo de arrasar en Madrid e Barcelona .

Tras isto, lanza Gracias , o primeiro recompilatorio que publica a cantante, incluindo 15 cancions que se poden atopar nos seus traballos anteriores e tres non editadas nos seus discos, con todo, non ineditas. Ademais, inclue o concerto realizado en Cordoba no Pavillon de Vistalegre o dia 29 de setembro do 2007 dentro do seu ≪Tour Desafio≫.

En xaneiro de 2008 finalizou unha xira por algunhas cidades de Andalucia xunto a David DeMaria, nunha serie de concertos do carne novo.

A xira Gracias empezou en abril de 2008 e finalizou en outubro de 2008.

Vive , e o noveno album de Malu. Saiu a venda o dia 17 de marzo de 2009 co tema ≪A isto chamaslle amor≫ como primeiro single. Esta producido por Mauri Stern e Malu e gravouse en Madrid , Os Anxeles e Nashville . Neste disco Malu involucrouse ao maximo. O videoclip do primeiro single do disco Vive ≪A esto le llamas amor≫ esta gravado nunha pista de xeo e participa o presentador Christian Galvez .

Na sua primeira semana o disco Vive estivo na posicion numero dous dos discos mais vendidos en Espana; en primeira posicion estaba o grupo irlandes U2 .

Malu gravou o seu oitavo disco de estudo, Guerra Fria , que foi publicado o 12 de outubro de 2010 , sendo o novo sinxelo ≪Blanco y Negro≫ estreado o 4 de setembro en Cadena Dial , onde anunciou o lanzamento tamen do disco en Hispanoamerica. En 2011 inicia o Tour Guerra Fria.

O album saiu a venda convertendose na sua primeira semana nun exito, ao entrar directamente como numero un en vendas en Espana. O disco mantivose durante meses no top 10, sendo ata o momento disco de platino, do mesmo xeito que o single "Blanco y Negro", de momento cualificado como platino por PROMUSICAE e o cal foi duas veces numero un da lista de Los 40 Principales .

No 2012 confirmase que seria unha dos catro xuices de La Voz , programa de Telecinco baseado no formato holandes The Voice , xunto con David Bisbal , Melendi e Rosario Flores . O programa comezou a emitirse o 19 de setembro dese ano.

En marzo de 2012, a sua cancion Blanco y Negro e oficialmente o tema oficial da telenovela venezolana da cadea Venevision Valgame Dios .

Discografia [ editar | editar a fonte ]

Albums de estudio [ editar | editar a fonte ]

Albums recompilatorios [ editar | editar a fonte ]

Albums en directo [ editar | editar a fonte ]

Colaboracions [ editar | editar a fonte ]

Malu fixo varias colaboracions con artistas, como:

Xiras [ editar | editar a fonte ]

  • Xira Aprendiz 1998-1999
  • Xira Esta vez 2002
  • Xira Otra piel 2003
  • Xira Por una vez 2004
  • Xira Malu 2005-2006
  • Tour Desafio 2007
  • Xira Carnet Joven 2007-2008 (xunto a David de Maria )
  • Tour Gracias 2008
  • Tour Vive 2009-2010
  • Tour Guerra Fria 2011-

Cine e television [ editar | editar a fonte ]

Ano Pelicula/Programa Personaxe Notas
2001 " Al salir de clase " Ela mesma Cameo
2007 " Yo soy Bea " Ela mesma Cameo
2007 "Gracias" Ela mesma Documental
2009 " Yo soy Bea " Ela mesma Cameo
2009 "Sexo en Chueca" Ela mesma Cameo

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Malu - Guerra fria" . spanishcharts.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010 . Consultado o 4 de abril de 2011 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]