한국   대만   중국   일본 
Lucio Licinio Luculo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lucio Licinio Luculo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucio Licinio Luculo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (la) Lucius Licinius Lucullus Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   117 a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Morte c.   57 a. C. Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
valor desconecido Editar o valor em Wikidata
Senador romano
valor desconecido ? valor desconecido
Edil (pt) Traducir
79 a. C. ? 79 a. C.
Pretor
77 a. C. ? 77 a. C.
Consul romano
74 a. C. ? 74 a. C.
Xunto con: Marco Aurelio Cota (pt) Traducir
Cuestor
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Roma Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Relixion Relixion na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion politico da Roma antiga , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Republica Romana serodia Editar o valor em Wikidata
Partido politico optimates Editar o valor em Wikidata
Profesores Antioco de Ascalon Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
Familia Licinii Luculli (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Clodia
Servilia Minor
Fillos valor desconecido
Licinia (en) Traducir
  ( ) Clodia (en) Traducir
Marcus Licinius Lucullus (en) Traducir
  ( ) Servilia Minor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Lucius Licinius Lucullus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Cecilia Metela Calva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Marco Terencio Varrao Luculo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Fausto Cornelio Sula (pt) Traducir ( ward (en) Traducir)
Fausta Cornelia (en) Traducir ( ward (en) Traducir)
Cornelia Postuma (en) Traducir ( ward (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxia
63 a. C. Triumph of Lucius Licinius Lucullus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1008451

Lucio Licinio Luculo (en latin , Lucius Licinius Lucullus); [ 1 ] nado polo 118 a. C. e finado polo 56 a. C. , foi un destacado politico e militar romano do seculo I a. C. Combateu as ordes de Sila na Guerra Social e a Primeira Guerra Mitridatica , e apoiouno na Primeira Guerra Civil .

Foi consul no ano 74  a. C. e venceu a Mitridates VI do Ponto na Terceira Guerra Mitridatica , en Asia Menor , na que conquistou os reinos orientais. A sua destreza no mando destacou nesa campana durante o asedio de Cicico no 73-72 a. C. e na batalla de Tigranocerta no 69 a. C. e o seu estilo de mando recibiu unha grande atencion polos expertos militares da antiguidade que estudaron profusamente as suas campanas [ 2 ] e, na correspondencia capturada a Mitridates VI Eupator, Luculo e cualificado como o xeneral mais destacado dende Alexandre Magno . [ 3 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Ascendencia e primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Luculo foi un membro da destacada gens Licinia e da familia, ou estirpe, dos Luculli, que puido ser descendente da antiga nobreza de Tusculum . Era neto doutro Lucio Licinio Luculo, quen fora consul no 151 a. C. e gobernador da Hispania Citerior ; e fillo de Lucio Licinio Luculo, pretor no 104 a. C., e que participara, ainda que sen moito exito, na Segunda Guerra Servil na que foi acusado de malversacion mentres ostentaba o mando na campana siciliana e, posteriormente, no 102 a. C. condenado ao exilio.

A familia de sua nai, Cecilia Metela Calva , pertencia a unha das familias mais relevantes da nobilitas plebea que estaba no cume do seu poder e influencia a finais co seculo II a. C. , cando naceu Luculo. Cecilia, era a filla mais nova de Lucio Cecilio Metelo Calvo (consul no 142 a. C. e censor entre o 115? 114 a. C. ), e medio irma de dous dos membros mais importantes dos Optimates da sua epoca, Quinto Cecilio Metelo Numidico (consul no 109 a. C. e censor 102 a. C.). e Lucio Cecilio Metelo Dalmatico (consul no 119 a. C. e Pontifex Maximus ), que foi o pai da terceira esposa de Sila, Cecilia Metela . Daquela, Luculo, por tanto, foi curman de Quinto Cecilio Metelo, tamen alcumado ≪Pio≫ ou ≪Piadoso≫, e politicamente, de Lucio Cornelio Sila . [ 4 ]

Non se dispon de ningunha constancia acerca da sua data de nacemento, pero segundo Plutarco , era maior que Cneo Pompeio [ 5 ] , o que situa o seu nacemento antes de 106 a. C. Estimase que naceu arredor do ano 118 a. C. polo feito de que o seu irman mais novo, Marco Terencio Varron Luculo foi edil plebeo no 80 a. C. , para o que se requiria unha idade de trinta e seis anos, e posto que ambos eran irmans non se podian levar moito tempo, tal como o demostra o feito de que as suas carreiras politicas fosen case simultaneas. [ 6 ]

A comezos da decada de 90 a. C. acusou xunto ao seu irman ao fiscal Caio Servilio Vatia de cometer roubos. Este era quen, anos atras, desterrara ao seu pai a Lucania. No xuizo, con todo, desataronse actos de violencia, nos que houbo moitas mortes e Servilio terminou fuxindo da cidade. A pesar diso, a xente considerou un acto heroico que os dous mozos irmans perseguisen ao malfeitor, ganando ambos unha gran popularidade. [ 4 ] [ 7 ]

As ordes de Sila [ editar | editar a fonte ]

Conflitos en Italia [ editar | editar a fonte ]

O seu primeiro servizo militar conecido foi como tribuno militar que serviu no exercito de Sila en Campania durante o Bellum Italicum, a Guerra Social ( 91 a. C. ? 87 a. C. ), na que os aliados italicos, tras tentar sen exito conseguir a cidadania romana, rebelaronse contra Roma; segundo afirman as fontes antigas, Luculo, distinguiuse pola sua ousadia e intelixencia [ 8 ] e, mesmo, chegou a escribir unha historia da guerra en grego . De todolos xeitos, e probable que este non fose o seu bautismo de sangue, posto que para ocupar o cargo requiriase participar en cinco campanas, pero e a primeira accion militar sua da que hai constancia. [ 9 ] Para esa epoca, moitos dos deberes que tempo atras eran propios dos tribunos militares, como a comandancia dunha lexion , pasaran a mans dos legatus e xeralmente os que ocupaban o posto non terminaban destacandose nin aumentando a sua fama militar. Luculo, no entanto, probaria ser unha das excepcions a regra. [ 10 ] Sabese que Luculo ocupou o posto no 89 a. C. ; non obstante, posto que podia servir como tribuno militar durante mais dun ano, cabe a posibilidade de que o ocupase tamen no 90 a. C. Primeiro combateu as ordes do consul Lucio Porcio Caton , e cando este morreu en combate, pasou a servir baixo as ordes de Lucio Cornelio Sila , quen estaba a adquirir unha brillante reputacion polas suas campanas. [ 11 ]

Luculo foi elixido cuestor no inverno do 89-88 a. C. durante as mesmas eleccions nas que Sila foi elixido consul con Quinto Pompeio Rufo , como collega e cuxo fillo estaba casado coa filla mais vella de Sila, Cornelia . Luculo era, probablemente, o cuestor mencionado como o unico oficial do exercito de Sila que podia soportar acompanar ao consul cando marchou sobre Roma. No outono do mesmo ano, Sila enviou a Luculo a Grecia para avaliar a situacion mentres el mesmo supervisaba o embarque do seu exercito. Luculo chegou a Grecia e tomou o relevo de Quinto Brucio Sura , quen fora capaz de deter a invasion mitridatica no norte de Grecia. [ 12 ] [ 13 ] [ 14 ]

Cando Sila chegou co exercito principal, Luculo volveu servir como cuestor; acunou dineiro que se utilizou durante a guerra contra Mitridates no sur de Grecia (87-86 a.C.). O dineiro que Luculo acunaba, segundo o costume romano, levaba o seu nome: o chamado Lucullea. [ 15 ] [ 16 ]

Comandante da frota contra Mitridates [ editar | editar a fonte ]

Durante a Primeira Guerra Mitridatica , como procuestor , no inverno de 87 a 86  a. C., Sila encargoulle organizar unha frota a partir dun escuadron de 6 naves, con obxecto de contrarrestar o dominio maritimo da armada do Ponto. Luculo visitou varias illas e cidades do Mediterraneo oriental, aliadas dos romanos, e conseguiu reunir unha frota considerable que dirixiu con mestria. Auxiliou a Sila no asedio de Atenas, conseguindo expulsar as forzas do rei do Ponto das illas de Quios e de Colofon (86 a 85 a. C), e no veran de 85 a.C. rexeitou axudar ao caudillo popular Caio Flavio Fimbria , que atrapara a Mitridates en Mitilene , o que permitiu escapar ao rei do Ponto. Pouco despois derrotou a frota pontica dirixida por Neoptolemo na Batalla de Tenedos (86 a. C.), o cal permitiu que Sila cruzase a Asia Menor . [ 17 ]

Procuestor de Murena [ editar | editar a fonte ]

Tras a firma da paz con Mitridates, entre os anos 85 e 80  a. C. Luculo permaneceu en Asia, sempre como procuestor, recadando dineiro para financiar a guerra de Sila contra os populares , tarefa que realizou con exito e sen extorsions onerosas, demostrando grandes dotes como administrador. Ao mesmo tempo, reprimiu con prontitude e vigor a revolta de Mitilene. [ 18 ]

Ascenso politico [ editar | editar a fonte ]

A finais de 80 a. C. partiu para Roma, sendo nomeado edil en 79  a. C., xunto co seu irman Marco Terencio Varron Luculo . Segundo Plutarco, negouse a desempenar tal maxistratura por afecto cara ao seu irman, esperando ata que tivese a idade necesaria para poder facelo xuntos. Ambos financiaron uns xogos esplendorosos, notables por introducir por primeira vez o combate de elefantes contra touros . [ 19 ]

O moribundo Sila dispensoulle o maximo afecto, dedicandolle as suas Memorias e encargandolle a revision e o comentario das mesmas, asi como a titoria do seu propio fillo, Fausto Cornelio Sila , excluindo a Pompeio , feito que segundo Plutarco fraguou a inimizade entrambos. [ 20 ] Unh a lei especial de Sila permitiulle ser Pretor xusto tras a edilidade, no 78  a. C., e propretor do 77 ao 76 a. C. en Africa, onde novamente deu proba dos seus dotes como administrador. Foi finalmente elixido consul en 74  a. C. xunto con Marco Aurelio Cota , opondose aos intentos do tribuno da plebe Lucio Quinctio de derrogar as leis silanas. [ 21 ]

A Terceira Guerra Mitridatica [ editar | editar a fonte ]

Ao final do seu periodo consular obtivo a provincia da Galia Cisalpina e o seu colega Cota a de Bitinia (recentemente legada a Roma polo seu ultimo rei, Nicomedes IV ) ), pero naquel momento morreu Lucio Octavio , o proconsul de Cilicia e Luculo conseguiu ser nomeado proconsul desta provincia en lugar da Galia , e co encargo de dirixir, sse fose preciso, a guerra por terra contra Mitridates VI de Ponto, a cal se via vir, mentres Cota teria o mando da frota. [ 22 ]

A campana do 73 a. C. [ editar | editar a fonte ]

Ao final do ano 74 a. C. xa estaban os dous consules en Asia. Luculo traia unha lexion desde Italia e atopou catro mais en Asia que eran as antigas forzas que serviran baixo o mando de Fimbria; restaurou a disciplina destas tropas e ao final puido reunir trinta mil infantes e 2.500 xinetes. [ 23 ] Xusto a tempo, posto que pronto recibiu noticias de que Mitridates invadira Bitinia ( 73 a. C. ) con 150.000 homes, derrotara a Cota por terra e mar e bloqueouno en Calcedonia . Luculo dirixiuse a Galacia pero cando pasou a Frixia viuse detido en Otryae por un destacamento de Mitridates dirixido polo romano exiliado chamado Varius. A aparicion dun meteoro impediu o enfrontamento.

Mentres Mitridates abandonaba o asedio de Calcedonia e dirixiuse contra Cizico , Luculo, gran estratego e un tactico de extraordinario talento, dirixiuse a esta zona, pero sen presas, esperando as dificultades loxisticas do rei para manter un exercito tan grande. Estableceu o campamento a certa distancia, desde onde podia vixiar, interceptar as comunicacions e impedir as subministracions. Cando o inverno impediu a Mitridates recibir subministracions por mar, a fame afectou aos seus homes e tivo que levantar o asedio; un destacamento de quince mil homes de vangarda foi atacado por Luculo e aniquilado en Rhyndacus; cando o groso das forzas do rei empezaron a retirada, Luculo·atacou a sua retagarda no paso do Aesepus e no Granico , causando numerosos baixas ao inimigo. Aqueles que escaparon refuxiaronse en Lampsaco , baixo o mando de Varius. [ 24 ]

O exercito de Mitridates quedou seriamente danado pero o rei conservou o dominio do mar, e deu o mando da frota ao romano Varius con orde de manter o dominio do mar Exeo mentres el regresaba a Bitinia. Luculo·enviou aos seus lugartenentes Voconius e Triarius na sua persecucion, mentres el mesmo se ocupaba de formar unha frota no Helesponto con achegas de todas as cidades gregas de Asia. O primeiro combate foi en Ilium , e Luculo·derrotou a frota pontica, e o segundo foi en Lemnos onde a frota do rei foi case aniquilada e o mesmo Vario foi feito prisioneiro xunto co seu estado maior. [ 25 ]

Enton Luculo puidose dirixir a Nicomedia onde estaban Cota e Triario que se preparaban para asediar a Mitridates. O rei pontico, cando coneceu a derrota da frota, fuxiu da cidade e escapou por mar cara ao seu reino. Luculo reuniuse con Cota e Triario en Nicomedia e enviou ao primeiro a forzar o levantamento do asedio de Heraclea , e Triario, coa frota, foi enviado ao Bosforo , para impedir a union das escuadras inimigas.

Luculo, co groso do exercito, atravesou Galacia saqueando o pais e entrou en Ponto sen ningunha oposicion seria ate Temiscira (Themiscyra), pero para evitar que o rei iniciase unha guerra de guerrillas nas montanas, non o perseguiu cara a Cabeira (onde estaba agora Mitridates) e detivose para asediar Amisos e Eupatoria, esperando que ao privar ao rei destas importantes cidades obrigariao a se someter; pero Mitridates enviou reforzos as duas cidades asediadas e permaneceu tranquilo en Cabeira onde dispuna dunha forza de corenta mil infantes e catro mil xinetes.

A campana do 72 a. C. [ editar | editar a fonte ]

Calimaco, o comandante da gornicion de Amisos, fixo unha gran defensa da cidade malia a enerxia despregada por Luculo para tomala polo que o asedio de prolongou ao longo de todo o inverno sen ningun resultado decisivo. Na primavera do 72 a. C ., Luculo deixou a Murena con duas lexions para manter o asedio e marchou contra Mitridates a Cabeira, pero a superioridade do pontico en cabalaria impedia un enfrontamento directo e so se produciron escaramuzas, onde os romanos levaron a peor parte e, finalmente, por mor da carencia de provisions, Luculo tivo que se retirar cara a Capadocia .

Xustamente enton uns destacamentos de tropas reais dirixidos por Menemachus e Myrom foron aniquilados por un dos lugartenentes de Luculo, e Mitridates decidiu afastarse do inimigo mais, ao da-las ordes de retirada, o panico apoderouse das tropas que se desbandaron e o mesmo rei estivo a piques de morrer na confusion e foi perseguido pola cabalaria romana cara a Comana , desde onde fuxiu a Armenia acompanado so por un pequeno corpo de cabalaria,sendp acollido por Tigranes II de Armenia . Luculo, despois de facerse dono da fortaleza de Cabeira, perseguiu ao monarca ate Talaura , pero ao ver que este se fuxira a Armenia, detivose nesa cidade e enviou a Apio Claudio Pulcro como embaixador ao rei Tigranes, pedindo a entrega de Mitridates.

Luculo recibiu a submision da Pequena Armenia que fora sometida por Mitridates, e tributos dos colquis e tibarenes. A seguir, volveuse para someter completamente o Ponto. Inmediatamente, as cidades de Amisos e Eupatoria que ainda resistian, renderonse, pero Amisos foi incendiada por Calimaco antes de fuxir, e ainda que Luculo fixo o posible para extingui-las lapas, os seus soldados estaban mais interesados no saqueo que en secundar os seus esforzos e a cidade, finalmente, queimouse en gran parte. Con todo, tratou de reparar o dano na medida do posible concedendolle a liberdade a cidade e convidando a novos poboadores con privilexios especiais. Heraclea , ainda asediada por Cota, non caeu en poder dos romanos ate o ano 71 a. C. e Sinope foi capturada por Luculo pouco despois, co cal se completou a conquista do reino do Ponto .

Ao mesmo tempo, Macares, fillo de Mitridates, que fora nomeado por seu pai rei do Bosforo, enviou embaixadores para facer ofertas de submision ao xeneral romano e mesmo lle axudou con barcos e subministracions para a conquista de Sinope. Mentres tanto, Apio Claudio non obtivo unha resposta positiva de Tigranes e sospeitouse que os dous reis preparaban unha nova guerra en conxunto. [ 26 ]

Luculo levou a cabo un monumental labor de saneamento economico da provincia de Asia , sumida unha grave crise financeira provocada pola brutal explotacion a que a sometian os publicanos que tinan arrendada a recadacion de impostos. Iso valeulle a hostilidade dos equites e de numerosos senadores que sacaban pingues beneficios coas depredaciones dos publicanos. [ 27 ]

A campana do 69 a. C. [ editar | editar a fonte ]

Na primavera do 69 a. C., Luculo decidiu anteporse aos plans de Mitridates e Tigranes coa invasion de Armenia, que efectuou con 12.000 infantes e 3.000 xinetes. Deixou o goberno do Ponto ao seu lugartenente Sornatius e recibiu a asistencia de Ariobarzanes II de Capadocia , e tras cruza-lo rio Eufrates , avanzou por Sofena e cruzando o Tigris para avanzar cara a capital do rei armenio, Tigranocerta . O rei armenio enviou a Mitrobarzanes para deter a Luculo·pero o armenio foi derrotado e as suas forzas aniquiladas. Tigranes fuxiu de Tigranocerta e encargou a defensa ao seu oficial Manceo (en latin, Mancaeus ) retirandose ao interior do pais a esperar as tropas que estaba a reunir. Luculo·asediou Tigranocerta coa esperanza de que o rei armenio tentase atacar os sitiadores e forzar un combate decisivo. Tigranes cando reuniu as tropas enviou un continxente que puido reforzar a cidade e sacar as suas mulleres e concubinas, e animado por este exito presentouse na zona con 150.000 infantes, 55.000 xinetes e 20.000 arqueiros e hondeiros. Con todo, Luculo avanzou coa sua pequena forza ao encontro deste exercito formidable, e cando alguen lle lembrou que o dia (o seis de outubro) era un dia de mala sorte, el respondeu: " Enton eu fareino un dia afortunado ". Tigranes foi completamente derrotado na Batalla de Tigranocerta ( 69 a. C. ). Pouco antes de que os romanos aniquilasen as suas hostes, segundo afirman varios escritores da aniguidade, Tigranes burlouse de Luculo e os seus homes afirmando que ≪eran demasiado escasos como para formar un exercito, pero demasiados para unha embaixada≫, [ 28 ] Trala caida de Tigranocera, a cidade foi obxecto de saqueo, ainda que os seus habitantes foron perdoados, e os gregos, que foran obrigados a trasladarse alo dende Cilicia e Capadocia, puideron volver as suas respectivas cidades. [ 29 ]

Os dinastas locais tiveron que aceptar o protectorado romano, entre eles o rei de Comaxene , Antioco I . Luculo·investiu ao seleucida Antioco XIII Asiatico , que aproveitando os feitos recuperara o reino de Siria de mans dos armenios e fora proclamado en Antioquia (ainda que xa fora reconecido antes polo senado romano como lexitimo rei). [ 30 ] Os romanos pasaron o inverno na Gordiene ( Corduene ). A cidade de Nisibe ainda resistia baixo a direccion do enxeneiro grego Calimaco, o antigo eficaz defensor de Amisos.

Pero o mais importante dos monarcas vecinos era Fraates , rei dos partos , a quen Luculo, malia que sabia que fora a sua amizade e apoio fora demandado intensamentepor Mitridates e Tigranes, enviou a Sextilio como embaixador. O monarca parto deu unha recepcion amigable ao enviado romano, e despediuno con fermosas promesas, pero o seu obxectivo era so contemporizar, e, por tanto era dubidosa a sua conduta futura, o que levou a Luculo a desenar un plan para deixar a Mitridates e Tigranes para outro momento, e marchar contra Fraates. Poren, os seus proxectos vironse abortados por unha rebelion no seu propio exercito. Mentres preparaba a renovacion das operacions militares nas rexions montanosas, enviou ordes a Sornatius para traer no seu apoio as tropas que deixara no Ponto, pero os soldados se negaron rotundamente a seguilo, e o legado non puido facer valer a sua autoridade. Mesmo aqueles que estaban baixo o mando de Luculo na propia Gordiene, alarmaronse ante a idea de marchar contra os partos, e non so obrigaron ao seu xeneral a abandonar este proxecto, senon que ademais houbo dificultades para proseguir unha vez mais a campana contra Mitridates e Tigranes.

A campana do 68 a. C. [ editar | editar a fonte ]

Mentres tanto, Tigranes percorreu Armenia e reuniu un novo exercito para pasar no ataque na primavera do 68 a. C. Oficiais gregos instruiron a preto de corenta mil soldados e trinta mil xinetes, armenios, iberos e medos , entre outros. Aproveitando os saqueos dos templos e santuarios que facian os romanos, puidose dar a loita un cariz de defensa da nacion e da relixion.

Na primavera do 68 a. C., Luculo decidiu atacar Artaxata, no corazon de Armenia e saiu de Migdonia cara a aquela cidade un pouco mais tarde, xa en pleno veran. Tigranes, e mais Mitridates VI Eupator que o acompanaba, rexeitaron a batalla frontal, e coa cabalaria tentaron evitar o abastecemento dos romanos. Para forzar o combate, Luculo chegou ate o rio Arsanias , camino a Artaxata. Preto do rio, a beira de Manazkert, os armenios provocaron a chamada batalla de Artaxata . A vitoria dos romanos foi unha vez mais decisiva e os dous reis fuxiron ignominiosamente, deixando un gran numero dos seus homes caidos no campo de batalla. Pero cando Luculo quixo seguir adiante coa intencion de facerse dono de Artaxata, a capital de Armenia, interveu enton un factor inesperado. Ainda que era un gran xeneral, Luculo era un aristocrata incapaz de ganarse o afecto dos seus soldados. Ainda por riba, as suas lexions eran as chamadas fimbrianas , outrora recrutadas por Lucio Cornelio Cinna para combater a Sila, e eran especialmente levantiscas. Luculo someteunas a unha dura disciplina, o que unido a sua condicion de aristocrata e amigo persoal de Sila fixerono tremendamente impopular. Asi, as suas tropas negaronse a continuar a marcha por tan inhospita rexion.

Deste xeitto, Luculo viuse obrigado a regresar cara ao sur, onde puxo sitio a cidade de Nisibis, en Migdonia, que seguia defendida polo conecido Calimaco e, malia ser considerada totalmente inexpugnable, Luculo ocupouna durante unha noite de inverno escura e tormentosa. [ 31 ]

A campana do 67 a. C. [ editar | editar a fonte ]

Pero o descontento entre as suas tropas, que xa dera a Luculo moitos problemas, estourou con renovada violencia no campamento de Nisibis. Estas accions de descontento foron impulsadas ??polo seu propio cunado Publio Clodio Pulcro , quen o acusaba de prolonga-la guerra para os seus propios obxectivos persoais. En balde Luculo tratou de convencer ao seu exercito rebelde para renovar as operacions na primavera do ano 67 a. C. , e mentres el permanecia inmobil en Nisibis, Mitridates, con oito mil soldados, a metade armenios, entraba no Ponto e o reconquistaba, doadamente, en poucos meses derrotando en varias accions sucesivas aos legados de Luculo, Triarius e Fabio.

Mentres tanto, os armenios avanzaron cara a rexion do Tigris e ocuparon os distritos do norte e case obrigaron a renderse a lexion dirixida por Fannius que foi salvada do desastre pola chegada do propio Luculo.

A comezos do 67 a. C., o rei de Atropatene , e xenro de Tigranes, foi enviado contra Capadocia onde combateu as guarnicions romanas estacionadas ali, as cales foron aniquiladas e no veran xa dominaba unha boa parte do pais. Asi, ante esta situacion e as criticas en Roma contra Luculo, que agora tinan o apoio parcial dos optimates , tivo que abandonar Armenia e avanzar cara ao Ponto para restablecer a situacion. Cando chegou a Ponto, Mitridates retirouse cara a Armenia Menor e cando quixo ir na sua persecucion o exercito amotinouse; polo que tivo que permanecer en inactividade todo o veran deixando o camino libre a Mitridates e Tigranes.

Enton chegaron a Asia os legados do Senado romano con ordes de resolver a situacion politica da zona, e de que Ponto tina que ser reducido a provincia romana, mais atoparonse que os romanos xa non dominaban o pais. Entre os legados estaba o irman do xeneral, Marco Licinio Luculo . As noticias chegaron a Roma e os adversarios do xeneral aproveitaron para desacreditalo; un decreto do senado transferiu o goberno de Bitinia e a direccion da guerra ao consul dese ano ( 67 a. C.), Manio Acilio Glabrion , pero este home era completamente incompetente para a tarefa asignada, e cando chegou a provincia, e se decatou da realidade da situacion, non levou a cabo ningunha accion para muda-la situacion e asumi-lo mando, ao tempo que debiliou ainda mais a posicion de Luculo ao enviar un comunicado as tropas anunciando que o seu comandante fora substituido e liberandoos da sua obediencia. Ao remata-lo 69 a. C., tanto Mitridates como Tigranes recuperaran boa parte dos seus respectivos reinos, en tanto que Luculo apenas tina unha fraccion das suas anteriores forzas.

No 66 a. C., Pompeio tomou o mando dunha guerra xa ganada, en tanto que Luculo foi abandonado polos seus ultimos homes. O seu sucesor so permitiu levar de regreso a Roma unha escolta de mil seiscentos soldados para o seu triunfo , un grupo de homes tan proclive ao motin que Pompeio considerabaos inutiles por completo para o servizo militar. [ 32 ] Pompeio aumentou ainda mais a irritacion do seu rival, procedendo a anular moitas das iniciativas que este presentara, mesmo antes de que el abandonase a provincia. [ 33 ]

Retiro [ editar | editar a fonte ]

De volta a Roma, por mor das maquinacions dos seus inimigos, foi privado do mando e do seu triunfo sobre Mitridates (que se atrasou ate que Ciceron logrou que fose celebrado no 63 a. C. ) [ 34 ] pero non dun cuantiosisimo botin, estimado en mais de cen millons de sestercios . [ 35 ] Daquela, Luculo buscou consolo nas artes e nas satisfaccions do lecer, retirandose da vida politica. [ 5 ] Construiuse unha espectacular mansion no monte Pincio , da cal hoxe so se conservan os chamados Horti Lucullani (como parte da Vila Borghese ), un lugar tan fastuoso que non seria igualado ate os tempos de Neron e a sua Domus Aurea . Asi e que, vendo Tuberon o Estoico a sua gran vila na costa preto de Napoles , os outeiros suspendidos no aire por medio de dilatados arcos , as fervenzas precipitandose no mar, as canles e estanques para a piscicultura e os mil e uns luxos dos que dispuna, non puido menos de chamarlle " Xerjes togado".

Tina en Tusculo diferentes habitacions e miradoiros de fermosas vistas, e, ademais, certos claustros abertos e dispostos para paseos; Pompeio o Grande , ao velo, censurou que, dispondo aquela vila con tanta comodidade para o veran, a fixera case inhabitable para o inverno, ao que, sorrindose, contestoulle Luculo que por que ia el a ser menos que as gruas e as cegonas e non poder cambiar de casa coas estacions.

As ceas cotias de Luculo eran un malgaste de riqueza, non so en panos de purpura , en vaixela, pedreria, en entretementos, senon nos manxares mais raros, delicados e exquisitos. Nunha ocasion na que ceaba so, e os seus criados lle puxeran unha unica mesa e unha cea modesta, molesto, fixo chamar ao seu mordomo , e como este responderalle que non habendo ningun convidado creu que non quereria unha cea mais abundante, dixolle : " Como ! Non sabias que hoxe Luculo cea con Luculo? " E a continuacion fixose servir un esplendoroso banquete do que gozou el so.

Asi mesmo, introduciu en Roma a cereixa , o pexego ou maza persa e o albaricoque .

Nos seus ultimos anos de vida foi perdendo progresivamente o xuizo, ainda que Cornelio Nepote indicaba que iso non foi debido a vellez ou a enfermidade, senon as beberaxes que lle ofrecera un dos seus libertos , un tal Calistenes. O seu irman, que ao parecer sentia grande afecto cara a el, encargouse do seu coidado e da sua cuantiosa facenda, seguindoo a tumba pouco despois.

Luculo casou duas veces: primeiro con Clodia , filla de Apio Claudio Pulcro , de quen se divorciou ao seu regreso da guerra contra Mitridates, por mor da sua conduta licenciosa e despilfarradora. [ 36 ] E en segundo lugar, con Servilia , filla de Quinto Servilio Cepion , e media irma de Marco Porcio Caton . [ 5 ] Con esta ultima tivo un fillo, de nome Lucio.

Descricion [ editar | editar a fonte ]

Descrito por Plutarco como "d e gallarda estatura, de boa presenza e elegante no dicir ", Luculo pasaria a Historia por extravagancias como as mencionadas, convertido no prototipo eterno do luxo desmedido, a pesar do seu innegable talento, a sua intelixencia e a sua honestidade. Encerrado como un monstro indolente nos seus fastuosos palacios e xardins, fatigado de tantas contendas, dedicouse de maneira total ao exercicio e recreo da filosofia , entregado a investigacion da verdade e a meditacion en calma sobre as placidas doutrinas de Epicuro , confirmando co exemplo da sua propia carreira a tolemia da ambicion e a vaidade da virtude.

Recibiu unha excelente instrucion, e falaba correctamente as linguas grega e latina .

Lembrado como home de vastisima cultura, protector das artes e as letras, foi o unico romano notorio na Republica tardia que expresou interese na idea de construir unha biblioteca publica. Acerca da sua afeccion as letras, refirenos Plutarco que sendo ainda mozo, con ocasion de certa disputa que tivo co xurisconsulto Hortensio e o historiador Sisena , comprometeuse a escribir a historia da Guerra Social ou Marsica, en verso ou en prosa, en grego ou en latin, segundo lle pedise a sorte, e parece que esta determinou que fose en prosa grega. [ 37 ] Por desgraza, esta obra esta hoxe perdida.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Epigraficamente , Lucius Licinius L f L n Lucullus
  2. Dion Casio, Historia romana , XXXVI
  3. Ciceron , Academica Prior, Libro II
  4. 4,0 4,1 Plutarco
  5. 5,0 5,1 5,2 Plutarco
  6. William Smith (1870), p. 831
  7. Ciceron
  8. Plutarco, Lucullus, 2.1
  9. Keaveney (2009), p. 21
  10. Keaveney (2009), pp. 21-22
  11. Keaveney (2009), pax. 22
  12. Fratantuono, 2017 , pp 20-21
  13. Tellford 2014, pp. 117-118
  14. Matyszak 2016, p. 55
  15. Frantantuono 2017, p. 20
  16. Plutarco, Vida de Luculo , II. 1-2.
  17. Plutarco,  Luculo , 2;  Sila , 11. Apiano,  Bellum Mitrhidaticum  33,51, 52 e 56. Orosio,  Historiarum adversus paganos  VI, 2
  18. Plutarco,  Lucullus , 4; Ciceron,  Academica priora  II, 1.
  19. Plutarco,  Lucullus , 1; Ciceron,  Academica priora  II, 1; Plinio,  Naturalis Historia  VIII, 7.
  20. Plutarco,  Lucullus  1. 4.
  21. Plutarco,  Luculus , 5; Ciceron,  Academica priora  II, 1; Aurelio Victor,  De viris illustribus , 74.
  22. Plutarco  Luculus  5, 6; Ciceron pro Murena 15; Eutropio Brevario libro VI, 6
  23. Plutarco,  Lucullus  7, 8; Apiano, Bellum Mitrhidaticum, 72
  24. Plutarco,  Lucullus  8-11; Apiano, Bellum Mitrhidaticum 71-76; Tito Livio, Epitome XCV; Floro, Epitome de la historia de Tito Livio libro III. 6; Eutropio, Brevario libro VI. 6; Orosio, Historiarum adversus paganos , libro VI. 2; Ciceron, Pro Lege Manilia 8, pro Murena 15; Orelli, Inscripcion Nº 545 .
  25. Apiano, Bellum Mitrhidaticum 77; Plutarco,  Lucullus  12; Ciceron Pro Lege Manilia 8, pro Murena 15; Eutropio, Brevario VI. 6; Memnon. 42.
  26. Plutarco,  Lucullus  19, 23, 24; Apiano, Bellum Mitrhidaticum 82, 83; Memnon . 45,47-54; Estrabon  Geografica  libro XII. p. 546, 547;. Salustio, Historiae libro II.fr. 28, libro IV.fr . 12, p. 240, ed. Gerlach
  27. Plutarco,  Lucullus  20, 23; Apiano, Bellum Mitrhidaticum 83; Ciceron,  Academica priora II. 1
  28. Plutarco,  Lucullus  23, 24 - 28; Apiano, Bellum Mitrhidaticum 84, 85, 46; Memnon , 56,57; Eutropio, Brevario libro VI. 9; Tito Livio, Epitome XCVIII
  29. Plutarco,  Lucullus  29; Dion Casio, Historia Romana , libro XXXV. 2, Estrabon,  Geografica  libro XI. p. 532
  30. Apiano, Siria 49.
  31. Plutarco,  Lucullus  30-32, Apiano, Bellum Mitrhidaticum 87; Dion Casio Historia Romana libro XXXV. 4-7
  32. Plutarco,  Lucullus  33-35; Apiano, Bellum Mitrhidaticum 88-91; Dion Casio Historia Romana libroXXXV. 80-10, 12-17, Ciceron, Pro Lege Manilia 2, 5, 9, Epistulae ad Atticum libro XIII. 6; Eutropio, Brevario libro VI. 11
  33. Plutarco,  Lucullus 36, Pompeius 31; Dion Casio, Historia Romana, libro XXXVI. 29
  34. Plutarco,  Lucullus  37, Caton el Menor 29; Ciceron,  Academica priora libro II. 1; Veleio Paterculo, Historia Romana libro II. 34
  35. Nicolet (2001), pax. 110
  36. Plutarco,  Lucullus  38.
  37. Plutarco,  Luculo  1.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Fontes clasicas
Fontes modernas

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]


Predecesor:
Lucio Octavio e
Caio Aurelio Cota
 
Consul da Republica Romana
xunto con Marco Aurelio Cota
 
74 a. C.
Sucesor:
Marco Terencio Varron Luculo e
Caio Casio Longino