한국   대만   중국   일본 
Lingua eslovaca - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua eslovaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eslovaco
sloven?ina
Falado en: Eslovaquia , Republica Checa , Hungria , Serbia , Montenegro , Polonia , Romania , Ucraina .
Total de falantes: 5,6 millons
Familia : Indoeuropea
  Balto-eslava
   Eslava
    Eslava occidental
    Checo-eslovaca
      Eslovaco
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Eslovaquia
Union Europea
Regulado por: Instituto ?udovit ?tur
Codigos de lingua
ISO 639 -1: sk
ISO 639-2: slo (B) slk (T)
ISO 639-3: slk
SIL : SLO
Mapa
Status

O eslovaco esta clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO [ 1 ]

O eslovaco [ 2 ] ( sloven?ina , slovensky jazyk ) e unha lingua eslava falada principalmente na Republica de Eslovaquia . Pertence ao grupo das linguas eslavas occidentais . E proximo do checo na escrita, mais difire fonetica e gramaticalmente. A maioria dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas duas linguas por medio da radio e da television nacionais, ata a particion de Checoslovaquia no 1993 . Aqueles que non viviron esta situacion, en particular os mais novos, poden experimentar dificultades de comprension. E proximo tamen do polaco , e en xeral existe unha intercomprension mais ou menos doada con todas as linguas eslavas occidentais e meridionais (esloveno, serbocroata etc.)

Non hai que confundilo co esloveno ( sloven??ina ), xa que ainda que e outra lingua do grupo eslavo tratase de duas linguas distintas. O esloveno forma parte do grupo do eslavo meridional occidental (como o serbocroata ), mentres que o eslovaco e parte do eslavo occidental como o citado checo ou o polaco.

O eslovaco utiliza un alfabeto latino modificado, con signos diacriticos para anotar certos sons .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Tradicionalmente as elites eslovacas escribian en checo, por veces cheo de eslovasquismos, especialmente entre os catolicos mentres a elite protestante tendia a utilizar un checo sen trazos eslovacos. O sacerdote catolico Anton Bernolak foi o autor do primeiro estandar para o eslovaco a fins do seculo XVIII, baseabase no eslovaco occidental, que comparte moitos trazos co checo, pero que e moi diferente dos outros dialectos eslovacos [ 3 ] polo que o seu exito foi limitado, quedando en desuso a comezos do seculo XIX. A base da lingua normativa eslovaca actual e a codificacion feita en 1840 por ?udovit ?tur , tomando como fundamento os dialectos eslovacos centrais principalmente.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger" . unesdoc.unesco.org . Consultado o 11 de xullo de 2022 .  
  2. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eslovaco .
  3. Stephen Barbour e Cathie Carmichael Language and nationalism in Europe . Oxford University Press, 2000, paxina 201

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre linguistica e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.