한국   대만   중국   일본 
Levantamento dos boxers - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Levantamento dos boxers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Levantamento dos boxers

Tropas estadounidenses asaltando as murallas de Pequin
Data 18 de outubro de 1899 ? 7 de setembro de 1901
Lugar Norte da China, mar Amarelo
Resultado Vitoria aliada
Sinatura do protocolo dos boxers

O Levantamento , Rebelion ou Guerra dos boxers (1899-1900), chamado tamen Movemento Yihetuan ( (en chines ) , Yihetuan yundong), foi un movemento popular antioccidental e anticristian na China .

A sociedade secreta Yihetuan ( (en chines ) , ?和?, Punos da Xustiza e da Concordia ), que se opuna a expansion estranxeira, sustentaba que co adestramento axeitado, incluido o ritual do boxeo chines ( Suai Jiao ), os seus membros poderian vencer os occidentais, que empregaban armas de fogo .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Chao Fu-tien, un dos lideres dos boxers
Paxina de sinaturas do protocolo dos boxers

No final do seculo XIX existian unha gran frustracion popular na China, que en 1898, saiu a luz por medio do levantamento dos boxers, chineses practicantes de artes marciais , que crian que terian unha inmunidades maxica contra as balas estranxeiras. Os boxers empenaranse nunha campana violenta contra os estranxeiros, atacando diplomaticos , cristians , ferrocarris, linas do telegrafo e escolas occidentais. [ 1 ]

O movemento comezou na provincia de Shandong e tivo as suas raices na pobreza rural e no desemprego, cuxa responsabilidade era atribuida as importacions do occidente. Impelidos en direccion ao oeste, os misioneiros, chineses e cristians, alen daqueles que posuian bens estranxeiros, foron tamen atacados. O movemento foi apoiado pola emperatriz Cixi e alguns gobernadores provinciais.

O 17 de xuno de 1900, os boxers cercaraon as legacions diplomaticas estranxeiras en Pequin durante dous meses. [ 2 ]

No auxe da revolta, en agosto de 1900, foran mortos mais de 230 estranxeiros e milleiros de chineses cristians por un numero desconecido de rebeldes e simpatizantes. Para sufocar a rebelion, organizouse unha forza internacional colonialista ( Alianza das Oito Nacions ), composta por vinte mil soldados rusos, estadounidenses, britanicos, franceses, xaponeses, alemans, austrohungaros e italianos, que foi enviada para ocupar a sede imperial, onde penetrou o 14 de agosto de 1900, [ 3 ] rendendo, ocupando e saqueando a capital.

As forzas estranzeiras impuxeron pesadas indemnizacions en cartos, alen de maiores dereitos sobre a China. [ 1 ]

A monarquia salvouse aceptando a liquidacion das sociedades secretas, o pagamento dunha indemnizacion de guerra.

Despois desa aberta e brutal intervencion militar, o outrora orgulloso Imperio Celestial definitivamente tornouse a "colonia de todas as metropoles". Para infamar ainda mais as autoridades do imperio, os colonialistas obrigaron a que fosen chineses os verdugos que executasen as sentenzas de morte dos principais lideres da rebelion. O levantamento fixo que aumentase a interferencia estranxeira na China.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 KISSINGER, Henry , Sobre a China , p. 98
  2. Harrington 2013 , pp. 16-17.
  3. Harrington 2013 , p. 17.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]