한국   대만   중국   일본 
Leitmotiv - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Leitmotiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un leitmotiv [ 1 ] (" motivo condutor" en aleman ) e un termo que designa un tema musical asociado nunha obra cun obxecto, personaxe ou emocion determinados. Este termo tense estendido para designar calquera tipo de tema recorrente, sexa na musica, na ficcion ou mesmo na vida real.

Na musica [ editar | editar a fonte ]

Na musica, o leitmotiv e o motivo ou tema que se repite con frecuencia nunha obra musical asociado a determinados personaxes ou situacions, e que axuda a caracterizalos.

Un leitmotiv consiste habitualmente nunha melodia breve, que pode ser tamen unha progresion de acordes ou mesmo un ritmo simple. Os leitmotivs contribuen a unidade e coherencia da obra e permitenlle ao compositor a posibilidade de narrar unha historia sen utilizar palabras ou acrecentar un nivel de significacion adicional.

O termo empregase habitualmente en relacion coas obras dramaticas , especialmente as operas , ainda que tamen se utilice noutros xeneros musicais como as pezas instrumentais , o cinema e mesmo os videoxogos . A Sinfonia Fantastica de Hector Berlioz , por exemplo, e puramente instrumental, mais ten unha melodia recorrente (que Berlioz denominaba "idea fixa") que representa o amor da personaxe central. Existe certa semellanza co que Beethoven chamaba "temas lema", como a melodia que representa o destino na sua Quinta Sinfonia .

Mais e con Richard Wagner sobre todo con quen se asocian os leitmotivs. No ciclo de catro operas O anel dos nibelungos usa ducias deles, que representan personaxes, cousas ou situacions; se ben alguns aparecen en so unha das operas, outros repitense en todo o ciclo. Carl Maria von Weber , antes que el, foi o primeiro en facer un uso extensivo dos leitmotivs. En efecto, o termo leitmotiv apareceu por primeira vez en 1871 cando o critico F.W. Jahns o utilizou para describir a sua obra. H. von Wolzogen , editor da Bayreuther Blatter aplicoullo a musica de Wagner en 1887 ao tratar do que Wagner chamaba Grundthema ("idea basica").

Con posterioridade son moitos os compositores que tenen recorrido aos leitmotivs, como Richard Strauss , que o usou en moitas da suas operas e en varios dos seus poemas sinfonicos ou Sergei Prokofev , que representou cada personaxe de Pedro e o lobo cun instrumento musical concreto e tamen cun tema melodico.

Nos videoxogos mencionase ao compositor Nobuo Uematsu e as suas bandas sonoras para Final Fantasy . No cinema son celebres Ata que chegou a sua hora ( Once Upon a Time in the West ) de Sergio Leone ou a "Marcha Imperial da Guerra das Galaxias", asociada a Darth Vader e ao seu ser anterior, Anakin Skywalker en tres das peliculas da triloxia A Guerra das Galaxias . Na television o exemplo mais famoso e o "Tema de Laura Palmer" de Angelo Badalamenti para a serie Twin Peaks .

Na literatura [ editar | editar a fonte ]

En critica literaria , o leitmotiv e aquel motivo que se reitera o longo dun texto. O termo foi introducido por Thomas Mann . Ademais deste sentido tamen se utiliza as veces para referirse aos temas favoritos dun autor, como por exemplo, o home perseguido e a traizon nas novelas de Graham Greene . Na novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor , a chuvia e un leitmotiv.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]