Lavadores, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lavadores
Igrexa de Santa Cristina de Lavadores.
Concello Vigo [ 1 ]
Provincia Pontevedra
Coordenadas 42°14′10″N 8°43′36″O  /  42.236111111111, -8.7266666666667 Coordenadas : 42°14′10″N 8°43′36″O  /  42.236111111111, -8.7266666666667
Poboacion 17.291 hab. (2022)
Entidades de poboacion 15 [ 1 ]
editar datos en Wikidata  ]

Santa Cristina de Lavadores e unha parroquia civil do concello de Vigo . Segundo o IGE , [ 2 ] en 2022 tina 17.291 habitantes (8.215 homes e 9.076 mulleres ).

Entre 1836 e 1941 foi un concello independente composto polas parroquias de Santa Cristina de Lavadores, Beade , Bembrive , Cabral e Candean . En 1941 o concello foi anexionado ao concello de Vigo.

O arco da vella en Lavadores.

Segundo o traballo do filologo Ivan Sestay Martinez [ 3 ] , Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores , a parroquia dividese en oito barrios historicos: O Caride, San Paio , Riomau, Pardavila , A Boucina , A Bagunda , Sabaxans e A Gandarina . Estes, a sua vez, subdividense en 30 lugares historicos ou aldeas, tales como O Calvario , O Viso, San Paio de Baixo, Pardavila, Gandaron ou Barreiro .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Nos seus altos conservanse esteos de varios dolmens en mal estado, asi como achados soltos de machados de cuarzo paleoliticas.

Foi concello independente durante 104 anos. Creouse en 1836 dentro dun proxecto que pretendia a racionalizacion e centralizacion politico-administrativa dos concellos da Provincia de Pontevedra . A sua creacion supuxo a desaparicion do antigo concello do Fragoso . As suas parroquias dividironse enton entre os concellos de Vigo , Bouzas e o novo de Lavadores . En 1941 foi anexionado ao concello de Vigo. Durante os dez primeiros anos da sua vida, formaban parte do concello as parroquias de Santa Cristina (actual parroquia de Lavadores), Candean , Cabral , Beade , Bembrive , Valadares e Zamans . En 1846 , a parroquia de Teis segregouse de Vigo e pasou a formar parte de Lavadores.

O de Lavadores foi o primeiro concello de Galiza onde se derrotou electoralmente a un candidato caciquil. Nas eleccions municipais de 1914 resultou elixido como alcalde Julian Estevez, dirixente do Sindicato de Agricultores de Teis. Esta vitoria electoral fala de importancia e da potencia que as organizacion agrarias tinan no antigo Concello. De feito, tanto a Sociedade de Agricultores de Lavadores como o Sindicato de Agricultores de Teis foron referencias para a clase labrega galega entre 1900 e 1936. [ 4 ]

O desenvolvemento da actividade industrial no vecino concello de Vigo dende as primeiras decadas do seculo XX fixo que o concello e as parroquias de Santa Cristina e mais de Teis experimentasen unha serie de transformacions que as foron convertendo aos poucos nun espazo entre o mundo rural e o urbano. Precisamente por isto, a parroquia experimentou un gran presenza de actividade politica e sindical, con importantes nucleos do PSOE, da CNT ou do PCE, o que lle valeria o sobrenome da Rusia pequena ou Rusia chiquita .

Na guerra civil foi o ultimo reduto de resistencia fronte as tropas da gornicion e da Fortaleza do Castro contra as barricadas obreiras, que comezou trala lectura do bando de estado de guerra na Porta do Sol de Vigo e rematou co abandono das barricadas fronte o cuartel de Pardavila, onde foran asediados polo exercito e a Garda Civil .

A actual igrexa, construida no seculo XIX , ocupa o lugar dun antigo templo do seculo XII do que quedan varios canzorros no tellado. Na porta principal gardase o Cristo do antigo cruceiro que deu nome o barrio do Calvario . [ Compre referencia ] Preto da igrexa atopase o pazo de Rivera Atienza, actualmente convertido en escola-taller.

Division eclesiastica [ editar | editar a fonte ]

Dalle nome ao Arciprestado de Vigo-Lavadores , composto polas parroquias relixiosas de Santiago de Bembrive , Santa Marina de Cabral , San Cristovo de Candean , San Paio de Lavadores , Santa Cristina de Lavadores, San Pedro de Sardoma , Santa Clara de Vigo , Santa Lucia de Vigo e Santa Teresa de Xesus de Vigo [ 5 ] .

Tras as sucesivas ereccions de novas parroquias eclesiasticas, a vella parroquia de Lavadores foi perdendo terreo. En 1947 , os barrios do Caride e Riomau pasan para as parroquias de Nosa Senora de Fatima e a Inmaculada Concepcion de Maria . Tamen unha pequena franxa, onde se situa a capela de San Xoan do Caride, xunto con terreo da freguesia lindeira de Teis, conforma San Xoan do Monte . A continuacion, erixese San Paio de Lavadores , coa practica totalidade do barrio vello de San Paio. San Paulo segregase de Nosa Senora de Fatima. Finalmente, de Lavadores separanse Santa Tareixa de Lavadores (lugares de Pardavila , A Boucina , Cambeses , Subride , Curros , A Brea ), Santa Clara (tamen con lugares de Candean e Cabral ) e Nosa Senora da Paz ( A Dobrada ) [ 3 ] .

Deportes [ editar | editar a fonte ]

Estadio Municipal de Barreiro .

Ten instalacions deportivas de relevancia na zona de Ceboleira, entre elas unha piscina cuberta e un pavillon de deportes de parque. Na parte alta esta o Estadio Municipal de Barreiro , onde xogaba o Turista e agora xogan o Gran Pena e o Celta B . Fronte o campo de futbol estaba o Cuartel de Barreiro , que durante anos acolleu varias companias do Exercito de Terra , e ao caron habia un conecido baile, A Palmera .

O maior logro dun equipo de futbol de Lavadores acadouno o Union Sporting Club, entidade nacida en 1922 pola fusion do Victoria Sporting Club e mais o Club Comercial, que militou na 2ª Division da liga espanola na campana 1935/36. [ Compre referencia ]

No aspecto deportivo cabe nomear a Union Balonman Lavadores , o AD Lavadores CF de futbol e o Nieto CF, que xogan no Campo do Meixoeiro. O club de balonman logrou exitos deportivos na primeira decada dos anos 2000 , e acadou o seu cumio na primeira nacional durante anos na parte alta desa categoria.

Musica tradicional [ editar | editar a fonte ]

Na musica tradicional, contou cun dos cuartetos de Gaiteiros mais conecidos na Galicia da posguerra, como foron Os Morenos de Lavadores . Existe un monolito adicado ao grupo nos xardins da sede vecinal na rua Ramon Nieto, ademais dunha praza no Camino do Sobreiro, de onde eran orixinarios.

Festas [ editar | editar a fonte ]

A parroquia de Lavadores antigamente tina varias festas o longo do ano: Santa Lucia , Nosa Senora de Lourdes , Nosa Senora do Carme e a festa da patroa Santa Cristina que se celebra o dia 24 de xullo , ademais da Nosa Senora do Rosario , o primeiro domingo do mes de outubro . Actualmente, estas duas ultimas son as unicas que seguen celebrandose. Tamen existe a procesion do Corpus Christi , celebrada na segunda quincena do mes de xuno e na que os vecinos dos barrios de Fontans e Pardavila confeccionan alfombras con varios altares.

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Lugares e parroquias [ editar | editar a fonte ]

Lugares de Lavadores [ editar | editar a fonte ]

Lugares da parroquia de Lavadores no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra

A Bagunda | Barreiro | A Boucina | A Ceboleira | Cordeira | Curros | Gandarina | Gandaron | Naia | Pardavila | O Pineiro | Sabaxans | San Paio de Abaixo | Subride | Vilar

Parroquias de Vigo [ editar | editar a fonte ]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Marina) | Candean (San Cristovo) | Castrelos (Santa Maria) | Cies | Coia (San Martino) | Santo Andre de Comesana (Santo Andre) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio ) | Freixeiro (San Tome) | Lavadores (Santa Cristina) | Matama (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saians (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fora) | Sardoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo Andre) | Vigo | Zamans (San Mamede)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclator correspondente as entidades de poboacion da provincia de Pontevedra.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclator estatistico de Galicia" (en galego ) . Consultado o 26 de febreiro de 2023 .  
  3. 3,0 3,1 Sestay Martinez, Ivan (2010). Toponimia do Val de Fragoso. Lavadores . Area de Normalizacion Linguistica da Universidade de Vigo.  
  4. Roman Lago, Isidro (1998). Os campesinos de Lavadores. Estructura social e articulacion politica, 1923-1931 . A Nosa Terra.  
  5. "Arciprestado de Vigo-Lavadores. Diocese de Tui-Vigo" . Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2018 . Consultado o 29 de maio de 2019 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]