한국   대만   중국   일본 
Lagopus muta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lagopus muta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lagopus muta

Parella coa plumaxe da primavera, en Noruega
Estado de conservacion
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante [ 1 ]
Clasificacion cientifica
Reino : Animalia
Filo : Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase : Aves
Orde : Galliformes
Familia : Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xenero : Lagopus
Especie : L. muta
Nome binomial
Lagopus muta
( Montin , 1781)
Subespecies
Vexase o texto
Sinonimia
Vexase o texto

O Lagopus muta e unha especie de ave da orde dos galiformes , familia dos fasianidos e subfamilia dos tetraoninos , unha das tres que componen o xenero Lagopus .

Esta especie subdividese en numerosas subespecies .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Exemplar en Islandia coa sua capa invernal.
Femia en veran.

Mide entre 34 e 36 cm de lonxitude, dos cales 8 cm corresponden a cola , composta por 16 plumas timoeiras; a sua envergadura alar oscila entre os 54 e os 60 cm, polo que e lixeiramente menor que o lagopodo comun , ao redor dun 10 %. [ 2 ] O seu corpo esta cuberto por unha plumaxe densa que lle da a aparencia dun volume maior do que posue realmente, xa que o seu peso alcanza escasamente os 400-500 g. A sua cabeza e arredondada, co peteiro negro e curto, a adoita presentar unha pequena caruncula de cor vermella situada sobre os seus ollos pardos. [ 2 ]

Para soportar as temperaturas extremas do seu habitat , posue plumas dobres, que cobren incluso as patas . Ademais e unha especie que non adoita desprazarse a grandes distancias, tentando minimizar asi o gasto enerxetico.

Unha caracteristica particular deste animal e a de posuir as patas completamente cubertas de plumas, que descenden ate a porcion distal dos dedos, deixando ao descuberto soamente as fortes unas que lle permiten escavar incluso na neve mais dura. As pegadas que deixan as suas patas recordan as dunha lebre pequena.

Con respecto a cor destas aves de montana, e interesante destacar que a natureza dotounas dunha homocromia estacional que lles permite camuflarse no seu habitat cambiante. Asi, durante o veran, a plumaxe presenta tonalidades pardas, cincentas e avermelladas con estrias transversais negras sobre o dorso. A parte inferior das as e o ventre permanecen brancos todo o ano. En cambio, en inverno a plumaxe convertese nunha capa totalmente branca, cun trazo negro sobre os ollos, sendo posibel distinguir ao macho da femia por presentar unha mancha negra debaixo da garganta. O paso da plumaxe estival ao invernal ten lugar dun modo gradual. Na primavera ten unha tonalidade que vai da gris a parda escura, e a mediados de agosto pasa a parda agrisada; en outubro, a abrancazada con manchas marrons e en decembro adquire a sua caracteristica cor branca uniforme.

Distribucion [ editar | editar a fonte ]

A especie esta amplamente estendida polas rexions frias do Holoartico , e tamen habita nas partes altas das principais cadeas montanosas de Eurasia e Norteamerica , entre o limite superior das arbores e a zona das neves perpetuas, onde as particularidades de cada zona a traves do proceso de adaptacion natural da especie deu lugar a numerosas subespecies . [ 3 ] [ 4 ]

En Espana [ editar | editar a fonte ]

No caso de Espana , encontramos nos Pireneos a subespecie Lagopus mutus pirenaicus , da que se manten unha poboacion que non presenta maiores oscilacions como resultado das escasas ameazas a que se encontra exposta. En efecto, son poucos os inimigos que a molestan e tampouco o home alterou demasiado a sua poboacion dadas as dificultades que comporta a caza desta ave a grande altura. [ 3 ]

As glaciacions do cuaternario , hai 20 000 anos, trouxeron esta especie ao territorio que hoxe e a Peninsula Iberica . Co posterior desxeo, a especie ficou reducida aos Pireneos , sendo a poboacion mais proxima a que se atopa nos Alpes . E unha especie mais comun na Europa setentrional. [ Compre referencia ]

Vive nos ambientes subnival e nival, por enriba do territorio arborado. En Cataluna atopase entre os 1 900 e os 2 000 m de altitude no Val de Aran , e entre os 2 200 e os 2 300 m no resto das comarcas pirenaicas. [ Compre referencia ]

Taxonomia [ editar | editar a fonte ]

Descricion [ editar | editar a fonte ]

A especie foi descrita en 1781 polo medico e botanico Lars Montin , [ 5 ] baixo o nome de Tetrao mutus , [ 4 ] [ 6 ] nun traballo publicado en Phys. Salsk. Handl , nº 1 p. 155. [ 4 ]

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Para a do xenero, vexase Lagopus .

O epiteto especifico , muta , esta tomado do nominativo feminino singular do adxectivo latino m?tus, -a, -um , 'mudo', 'silencioso'.

Sinonimos [ editar | editar a fonte ]

  • Tetrao mutus Montin, 1781
  • Lagopus mutus (Montin, 1781)

Subespecies [ editar | editar a fonte ]

Segundo del Hoyo et al . na especie reconecense as seguintes vinte e unha subespecies (indicase a distribucion de cada unha delas): [ 6 ]

Poren, o Sistema Integrado de Informacion Taxonomica (ITIS) reconece catro mais: [ 5 ]

  • Lagopus muta atkhensis Turner, 1882
  • Lagopus muta capta J. L. Peters, 1934
  • Lagopus muta chamberlaini A. H. Clark, 1907
  • Lagopus muta dixoni Grinnell, 1909
  • Lagopus muta evermanni Elliot, 1896
  • Lagopus muta gabrielsoni Murie, 1944
  • Lagopus muta helvetica (Thienemann, 1829)
  • Lagopus muta hyperborea Sundevall, 1845
  • Lagopus muta islandorum (Faber, 1822)
  • Lagopus muta japonica A. H. Clark, 1907
  • Lagopus muta kurilensis Kuroda, 1924
  • Lagopus muta millaisi Hartert, 1923
  • Lagopus muta muta (Montin, 1781)
  • Lagopus muta nadezdae Serebrovski, 1926
  • Lagopus muta nelsoni Stejneger, 1884
  • Lagopus muta pleskei Serebrovski, 1926
  • Lagopus muta pyrenaica Hartert, 1921
  • Lagopus muta ridgwayi Stejneger, 1884
  • Lagopus muta rupestris (Gmelin, 1789)
  • Lagopus muta sanfordi Bent, 1912
  • Lagopus muta saturata Salomonsen, 1950
  • Lagopus muta townsendi Elliot, 1896
  • Lagopus muta welchi Brewster, 1885
  • Lagopus muta yunaskensis Gabrielson & Lincoln, 1951

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. BirdLife International (2016): Lagopus muta na Lista vermella da UICN . Version 2018-2. Consultada o 7 de xaneiro de 2019.
  2. 2,0 2,1 The Birds of the Western Palearctic [Abridged] . OUP . 1997. ISBN   0-1985-4099-X .  
  3. 3,0 3,1 E. de Juana & J. M. Varela (2000): Guia de las aves de Espana, peninsula, Baleares y Canarias . Barcelona: Lynx Edicions e SEO/Birdlife. ISBN 84-8733-426-1 , p. 62.
  4. 4,0 4,1 4,2 Lagopodo Alpino. Lagopus muta (Montin, 1781) en Avibase.
  5. 5,0 5,1 Lagopus muta (Montin, 1781) no ITIS .
  6. 6,0 6,1 de Juana, E.; Kirwan, G. M. & Garcia, E. F. J. (2016): "Rock Ptarmigan ( Lagopus muta ). In: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds), Handbook of the Birds of the World Alive . Barcelona: Lynx Edicions . ISBN 978-84-9655-388-0 .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines . Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1 .
  • de Juana, E.; Kirwan, G. M. & Garcia, E. F. J. (2016): "Rock Ptarmigan ( Lagopus muta ). In: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds), Handbook of the Birds of the World Alive . Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-388-0 .

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]