한국   대만   중국   일본 
Knesset - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Knesset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Kneset ≫)
Escudo do Estado de Israel

A Knesset (en hebreo: ?????????? ha?kneset, a reunion ou a asemblea) e o poder lexislativo do Estado de Israel. E un parlamento unicameral composto por 120 membros escollidos cada catro anos.

Orixes [ editar | editar a fonte ]

O 14 de maio de 1948, o dia antes da declaracion de Independencia de Israel, constituiuse o Consello Estatal provisional de Israel. Un organo con competencias lexislativas e executivas baixo a direccion de David Ben-Gurion pero integrado por diferentes partidos. Logo da Guerra arabe-israeli , en xaneiro de 1949 celebraronse as primeiras eleccions lexislativas en Israel, e quedou constituida o 14 de febreiro, como unha asemblea constituinte. Nesas primeiras sesions adoptou o nome de Knesset, escolleu a Chaim Weizmann como primeiro presidente de Israel e confirmou o primeiro goberno de David Ben-Gurion. [ 1 ]

Funcionamento [ editar | editar a fonte ]

As competencias da Knesset son as de elaborar, discutir e aprobar as leis, confirmar o goberno e controlar a sua accion executiva, ademais de escoller o presidente do Estado . O funcionamento do parlamento de Israel estan regulada pola primeira das leis basicas de Israel (1958). [ 2 ] Os seus 120 membros, gozan de inmunidade e deben ser escollidos por sufraxio universal da cidadania israeli maior de idade en voto secreto e mediante un sistema proporcional. Os membros do parlamento integranse en comites para facer o seguimento das diferentes politicas do Estado.

Edificio [ editar | editar a fonte ]

Visita do vicepresidente dos Estados Unidos, M. Pence a Knesset.

Durante os primeiros anos de existencia do Estado de Israel, diferentes edificios de Xerusalen albergaron a sua sede. Mais a Lei Basica: A Knesset (1958) establece no seu artigo segundo que a sede debe estar localizada en Xerusalen, polo que finalmente foi construido un edificio para albergar o parlamento israeli. O predio esta localizado no barrio de Givat Ram nun terreo arrendado ao patriarcado ortodoxo grego de Xerusalen e foi custeado por James de Rothschild , xudeu britanico. [ 3 ]

O edificio foi inaugurado en 1966. No interior destaca a sala do pleno que esta presidida pola tribuna central ocupada polo presidente da Knesset e a palestra para os oradores. Fronte a presidencia, sentan os deputados, cuxa disposicion se inspira na forma da menora . As paredes da sala, de pedra calcaria de Galilea , contan cun baixorrelevo de Dani Karavan inspirado no versiculo 6, "Saudade asi a Xerusalen" do salmo 122 . [ 4 ] Tamen hai un retrato de Theodor Herzl , fundador do sionismo . [ 5 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "First Knesset" . knesset.gov.il . Consultado o 2021-01-30 .  
  2. Basic Law of Israel .  
  3. "On which street is the Knesset located?" . www.knesset.gov.il . Consultado o 2021-01-30 .  
  4. "Capitulos 121-125 :: A Biblia Galega" . www.abibliagalega.com . Consultado o 2021-01-30 .  
  5. "The Knesset Plenum" . m.knesset.gov.il . Consultado o 2021-01-30 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]